Hai un tempo vin no cine a nova película de peter Jackson "O Hobbit" basada no libro de J.R.R. Tolkien, o autor do Señor dos Aneis. A historia trata sobre a aventura de Bilbo Bolsón, que partiu con trece ananos e un Istari (un feiticeiro) para recuperar Erebor (un reino que está no interior da Montaña Solitaria) das fauces do dragón Smaug o dourado. Nesta aventura Bilbo coñecerá á criatura Gollum e conseguirá o anel único, cousa que fará que se desencadeen os feitos relatados no Señor dos Aneis.
Unha das mellores trioloxías cinematográficas que coñecín foi a do Señor dos Aneis, basada nos libros co mesmo nome escritos por J.R.R.Tolkien. Esta formada polas películas: "A Comunidade do Anel", "As dúas Torres" e "O Regreso do Rei". Estas tres películas tratan sobre a viaxe que emprenderá o hobbit Frodo Bolsón, cara a Mordor, a terra das sombras, o único lugar onde se pode destruír o Anel Único, arma que precisa o malvado Sauron para facerse co control da Terra Media. Pero para axudar a Frodo na súa perigosa marcha, Aragorn, o herdeiro do trono de Gondor, o istari Gandalf o Gris, os hobitts Sam, Merri e Pipin, o elfo Légolas, o anano Gimli e o Boromir, fillo do senescal de Gondor acompañaranno cara as terras de Mordor. A meu personaxe favorito é o elfo do Bosque Escuro Légolas.
O outro día fun ver ao cine a nova película "Los Vengadores". Conta de como un deus vikingo intenta dominar o planeta e, Nick Furia, reúne un grupo de superheróes formado por Iron Man, Capitán América, Hulk, Thor, La Viuda Negra e Ojo de Halcón. Estes intentaránvencer a Loki e o seu exército Chitauri para salvar o planeta.
En Disney Channel, debido á celebración do Nadal, están emitindo capítulos de Nadal das súas series. Por exemplo, uns curtos que tratan sobres dous elfos de Papá Noel que teñen que revisar a casa antes de que Papá Noel entre a deixar os agasallos. Estes curtos titúlanse Wayne e Lanny: Patrulla de Aterrizaxe.
Onte vin o estreno da película dunha das miñas series favoritas: Buena Suerte Charlie Un Viaje de Película. Trataba que, nun viaxe de Nadal a Palm Springs, Teddy marcha do avión obrigando á súa nai a seguila. E alí comezará a viaxe para estar coa súa familia na mañá de Nadal.
Onte vin unha película de Disney Channel chamada Lemonade Mouth. Trata sobre uns rapaces que non son moi populares no instituto e que, na aula de castigados, comezan a tocar xuntos. Despois diso decicen formar unha banda. Á banda deciden chamarlle Lemonade Mouth.
Unha das súas cancións é Determinate, que tocan na festa de Samaín.
Outra canción é Breakthrough que tocan no Madison Square Garden.
Esta película trata sobre a historia do Rey Arturo que intenta devolverlles a liberdade aos seus cabaleiros, pero, nunhas das súas últimas batallas, algúns deles non seguiran con vida.
Mola moito, recoméndovola!
Esta é unha película de Disney Channel da que ademais fixeron unha serie. Trata de dous rapacesque descubren que a súa coidadora é un vampiro. Despois de facerse amigos dela, os tres intentarán parar a uns malvados vampiros.
Esta é a nova película de Tintín. Fíxoa Steven Spielberg, un director que xa fixo ETE e os Goonies, ademais de Super 8. Non vin a película de Tintín, pero debe de estar xenial. Teño unhas ganas tremendas de vela!