O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pentatonix
Pentatonix é un grupo á cappela de cinco vocalistas, Scott Hoying, Kirstie Maldonado, Mitch Grassi, Avi Kaplan e Kevin Olusola, procedentes de Arlington, Texas. Este grupo gañou a terceira tempada de The Sing-Off, programa da NBC, cantando só coas súas voces unha versión de "Eye of the Tiger", canción orixinalmente interpretada pola banda Survivor. Actualmente, os Pentatonix están en xira e preparan o seu último disco.

Este é un vídeo que fixeron no que cantan algunhas das cancións máis populares da historia:

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 06-05-2013 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Oh flower of Scotland
Oh Flower of Scotland é o himno de Escocia e cántase nos eventos deportivos nos que participan os escoceses. E o impresionante é que a canción a canta todo o estadio: xogadores, os das gradas.. Neste vídeo foi a cantar o himno unha cantante escocesa Amy Macdonald:

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 13-12-2012 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Musical do Rei León
O pasado 10 de xullo fun a Madrid para ver o musical do Rei León, un espectáculo no que se narraba a famosa película con música.
O espectáculo foi marabilloso, con animais e escenarios moi traballados e impresionantes. Houbo momentos con moito humor. As cancións estaban moi ben interpretadas e a maioría eran moi animadas. De todas maneiras, o malo tampouco o fixo nada mal.
Un musical de 10!


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 13-08-2012 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
X Aniversario da Escola de Música de Rianxo

Onte celebrouse no Auditorio de Rianxo o décimo aniversario da Escola de Música de Rianxo. Neste concerto, a Banda Infantil e a Banda da Escola, tocaron este repertorio:

Banda Infantil da Escola de Música de Rianxo

Alborada de Ribadeo (Francisco Landín)
Dusty West Suite (Antón Alcalde)

Welcome, Amigo!
Stuck In Guacamole -(The Saloon)
Ride, cowboy really!
At the Campfire-(The Great Spirit form West)
Adios, Amigo!

Banda da Escola de Música de Rianxo

Sedona (Steven Reineke)
Pequeña Czarda (P. Iturralde) Solista: José Fungueiriño
Peza para timbais e banda (Anónimo) Solista: Ramón Pérez
Marcha Ceremonial (Antón Alcalde) (Estrea)
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 25-03-2012 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
"Ai si me opero"
Este vídeo fixéronno os de Tourilandia, e é unha letra inventada coa música dunha canción existente, neste caso, a canción é Moza, de Michel Telo. Os de Land Rober tamén fixeron o mesmo, só que a canción era o Waka Waka de Shakira.

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 22-01-2012 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Lolipop
Esta canción tan animada é de Mika. É moi marchosa e divertida. A primeira vez que a escoitei era máis pequeno e, aínda así gustárame moito. A canción tamén aparece no Just Dance 3.


Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 10-01-2012 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Musigalizando 2011
Este ano, como o anterior fun ao campamento Musigalizando no que a banda de Solfa, Rianxo, Ribadumia, Padrón e Agolada preparamos unhas obras para o concerto do 28 de xuño na praza da Quintana. Hai dúas bandas: a Xuvenil e a Sinfónica. A Xuvenil (que é na que toquei eu) preparou as pezas Alborada de ribadeo, African Symphony, Negra Sombra e Aquarium. A Sinfónica tocou Sedona, Estreliña, a Lenda de Alí Babá, Suite Catoira, Abba Gold e Mambo. Estivemos seis días preparándoas. Cando os grandes tocaron Abba Gold e Mambo, os pequenos bailamos. Foi moi divertido aínda que na despedida chorásemos todos. A peza que máis me gustou foi Abba Gold.






A canción que máis se cantou no Musigalizando foi a que cantan os da Requinta da Laxeira O galo canta xa que un monitor era un compoñente deste grupo.
Grazas Toño!


Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 29-06-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
O 29 de maio fun co grupo 9 ferreñas de Vai de Roda a un concurso de baile na Coruña, organizado por Xacarandaina. Bailamos o mesmo baile que na Estrada (Muiñeira de San Campio, da Serra de Outes). O grupo 7 ferreñas tamén participou. Ao final, os pequenos quedaron segundos (trofeo e 200 euros) e nós...

PRIMEIROS!!!!!!! (Trofeo e 350 euros).
Foi un día xenial!


Podedes visitar a páxina de Vai de Roda para ver unha súper montaxe de fotos.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 05-06-2011 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros!

Onte fun a un concurso de baile tradicional na Estrada organizado por Tequexetéldere. O grupo de baile de Vai de Roda no que estou eu chámase 9 ferreñas e bailamos a muiñeira de San Campio (Serra de Outes). Ao final, Vai de Roda levou o premio ao mellor vestiario, ao mellor acompañamento, os pequenos quedaron segundos na súa categoría e nós quedamos PRIMEIROS!!!
Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 18-04-2011 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Celtic Roots
Celtic Roots é un proxecto musical que une a tres escolas de tres diferentes países: Galiza, Inglaterra e Irlanda. Cantan moitas cancións como por exemplo Fogo Nicolás e The Anthem. Saíu á venta o 11 de decembro. Recoméndovos este super disco.

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 31-01-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal