O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

La Trastienda Batibaleno
La Trastienda Batibaleno é un libro escrito polo autor de Ulysses Moore. Está ambientada nunha pequena vila de Escocia, Applecross, na que vive Finley un rapaz ao que, ao ter que repetir, terá que traballar no verán. Despois de buscar varios traballos que Finley poida facer sen estragar nada, adxudícanlle un posto de carteiro. Despois de que o repartidor rompera unha perna, Finley encárgase de levar unha carta a unha casa que non coñece. Ao entregar a carta coñece a Aiby, suceso que fará que a vida de Finley cambie repentinamente.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 13-12-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
O Ladrón de Soños
Este libro é o comezo da saga "O Mundo Secreto de Basilius Hoffman", unha colleción de libros de aventuras, acción e fantasía.
No primeiro libro, cóntase que un rapaz chamado Peter sae do internado polo Nadal para pasalo cos seus pais e que, como estes están ocupados, ten que pasar as vacacións na casa do seu tío Basilius. A el parécelle un aburrimento pero unha noite, inténtalle roubar o seu soño, e entón comeza para Peter unha aventura impresionante por descubrir que é o que traman uns malvados felinos.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 18-03-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
As Bruxas
Esta semana estiven moi enganchado cun escritor especial: Roald Dahl. Dos seus libros lin As Bruxas, un conto no que nos explica a historia dun rapaz que, tras ser atacado pola mismísima Gran Bruxa, convírtese en rato e ten que impedir que a todos os nenos lles ocorra o mesmo.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 11-03-2012 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Matilda
Este libro, tamén de Roald Dahl, trata dunha rapaza superdotada á que non lle fan caso e no cole ten que estar nunha clase dun nivel inferior. A única que a entende e a súa profesora, que a axudará para que teña unha vida mellor.
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 11-03-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Charlie e a Fábrica de Chocolate
Esta semana lin o libro de Roald Dahl Charlie e a Fábrica de Chocolate no que un rapaz pobre chamdo Charlie atopa un billete dourado nunha tableta de chocolate e pode adentrarse na inmensa e fascinante fábrica de chocolate de Willy Wonka.


Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 11-03-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
La Pirámide Roja
La Pirámide Roja é un libro de Rick Riordan que trata sobre Carter e Sadie, dous irmáns que, tras que o seu pai fora sepultado, teñen que descubrir os segredos do seu pasado, aprender a dominar os seus poderes e saber convivir coa segunda alma que levan dentro.
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 10-02-2012 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias de Idhún III
Xa acabei de ler a trioloxía de Laura Gallego García Memorias de Idhún. O último libro fala sobreos mesmos protagonistas que os libros anteriores, pero neste libro teñen outro problema: os deuses idhunaicos.
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 10-02-2012 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
A Caza do Ghazafello
Polo meu aniversario, regaláronme o libro "A Caza do Ghazafello". Trata sobre un rapaz chamado Lois que é o pringado do instituto ao que os matóns do instituto lle gastaron unha broma ao abandonalo na fraga. Alí descobre que a fraga é máxica e corre a súa maior aventura.
O libro é moi divertido.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 15-01-2012 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Princesas del Reino de la Fantasía
Tea Stilton, a irmá de Geronimo Stilton, está escribindo unha colección sobre as Princesas do Reino da Fantasía. De momento escribiu tres libros: "La Princesa de los Hielos", "La Princesa de los Corales" e "La Princesa del Desierto". Eu linnos todos e están moi ben.
Recoméndovolos!
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 15-01-2012 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Mil Cousas Poden Pasar Libro II
Os Reis Magos trouxéronme, á parte de outras cousas, o libro Mil Cousas Poden Pasar II. Trata sobre como Lina e Pouco regresan a Nil, como a alcaldesa dimite e Propicio faise cargo da alcaldía , como Hedión aprende a tocar a tuba e como lles vai ao resto dos personaxes. Resumindo, é o desenlace da 1ª parte do libro.
A min gustoume moito. Tedes que lelo!
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 08-01-2012 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal