Este grupo naceu en Chicago aínda que reside en "Los Ángeles". Publicaron tres álbums: Ok Go, Oh no e Of the blue colour of the Sky. Este é unha das súas cancións.
Preto; así se chama o meu can, que é un can de caza negro, con "calcetíns" brancos e cos ollos marróns. Andaba merodeando ao lado do colexio no que está miña nai e, entón, decidiu traelo para a nosa casa. É moi mimoso e dá a pata. Os sitios que máis lle gustan da casa son: a porta, o banco e o valado.
Preto é xenial!
O outro día fun a Marín a ver á miña avoa e ao meu avó. Vin o Lago Castiñeiras e a mamoa do rei. O lago tiña parrulos e pitiños. Despois, mentres subíamos á mamoa fun ao parque onde confundín unha piñata cunha tirolina. En Marín tamén vin estes cabalos tan bonitos aos que lle saquei nove fotos. Logo subimos ao mirador de Cotorredondo, no que se vía a ría de Vigo, a de Pontevedra e a de Arousa. Vaia vistas!
No baúl de Vi, vin que se podían adoptar animais. Eu elexín un cabalo aínda que tamén me gustan estes peixiños. Se clicades no acuario dáredeslle de comer aos peixes.
Se clicades en More darédeslle de comer ou peitearedes a Starlight. Probade!
Nos xogos de acción de National Geographic hai un que a min e mais a Aldara nos encanta: Plutos-Secret. Trata de dous rapaces e un mono que percorren O Sistema Solar. Ao principio non entendíamos nada pero un día das festas do Pazo enterndemos e pasamos nivel. Para pasar de planeta hai que atopar un robot. Para mover pedras úsase o home do mono e para saltar a rapaza. Cambiase dun personaxe a outro dándolle á tecla que está debaixo da de Bloq Maius. Hai que coller o maior número posible de boliñas de cores e evitar os buracos de lume e unha cousa que ten unha luz verde que te resta vida. Se queredes xogar clicade aquí.
O cabalo é outro dos meus animais favoritos. Gústame desde sempre, cando os vía pola rua, nas películas, nos libros ...
A miña película preferida de cabalos é SPIRIT o corcel indomable.
O ano pasado fun á Curota ver como lle cortaban as crinas aos cabalos. Gustoume moito, pero déronme un pouco de pena.
O guepardo é un dos meus animais favoritos. Gustame porque é rápido, bonito e esbelto e porque vive en África.
O nome inglés do guepardo e cheetah. Esta palabra vén de "chita" que en hindi significa moteado.
O seu nome cientifico é Acinonyx jubatus.
O guepardo é o primo do leopardo. O peso medio dun guepardo é 40kg. e o do leopardo 70 kg. O leopardoé forte e robusto mentres que o guepardo é máis delgado. As manchas da pel do guepardo son circulares e compactas pero as do leopardo son máis irregulares.
os guepardo estánse extinguindo por mor da caza e da alta mortalidade das súas crías.
Para ver máis información sobre os guepardos e tamén un video na páxina de National Geographic Kids clica aquí.