O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FELIZ 2012
Con esta imaxe deséxovos un feliz 2012 e que o pasedes moi ben en todos os días que quedan antes de volver ao colexio.
BO NADAL E FELIZ 2012!!!!!!!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2012 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Ginkgo Biloba
O Ginkgo Biloba é unha árbore que temos no patio do noso colexio. Na miña clase estivemos buscando información sobre esta árbore de China. Ten as follas bilobuladas e os froitos das femias soltan un olor desagradable despois do verán.
Creo que esta árbore é fascinante.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2011 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro na rúa
O domingo pasado fun ver un teatro na rúa dos Quinquilláns. Trataba sobre o mar e había un submarino, un faro e un capitán chamado Barba Branca. Tamén había estrelas de mar, raias, cabaliños de mar, robalizas... Gustoume moito.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Neve na Muralla
O venres 8 de xaneiro fun á neve á Muralla cuns amigos. Indo cara a Muralla deume un repelús pensando nos vídeos de Santiago cando un coche esvaraba nunha costa, pero ao final chegamos. Paseino xenial na neve! Unhas amigas levaban unhas pás especiais para deslizarse e si que funcionan. Fixemos entre todos un boneco de neve moi guai e saiu no xornal! Eu sempre que lle lanzaba bolas de neve a miña nai, dáballe nos lentes. Tamén esvaramos no xeo. Eu non quería marchar pero había que comer! A ver se volve nevar outra vez!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2010 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
O último supervivinte
Bear Grylls naceu en Irlanda do Norte o 7 de xuño de 1974. O seu nome real é Edward Michael Grylls e traballa de autor e presentador de televisión. É un aventureiro profesional que ten tres fillos: Jesse, Marmaduke e Huckleberry. Agora ten 35 anos.
Presenta un programa que se chama El último superviviente que trata de que o deixan nun lugar inhóspito e el intenta sobrevivir en condicións extremas.
Gústame porque me ensina cousas importantes sobre a supervivencia.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
O arqueocampo
Fun ao arqueocampo que está no Centro do Castiñeiriño, en Santiago.
Primeiro excavamos pero eu non atopei nada porque fixen de fotógrafo. Encontraron unha casa cun cuncheiro e con tarros de cerámica.
Despois analizamos un carbón e o noso PH. Vimos que o carbón flotaba e as pedras non e puidemos distinguilas.
Logo fixemos a descrición dunha peza de cerámica nun folleto e anotamos a lonxitude, o material...
Ao cabo dun anaco vimos o que excavaramos nunha pantalla grande na sala de informática cun programa virtual.
Ao final moemos cun muíño antigo e falamos sobre como construian a cerámica. Ao sair fixemos unha enquisa e déronnos uns recordos.
Tedes que ir, está xenial. Dura todo novembro.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mala racha
Estou enfermo. E teño mala racha porque sempre enfermo en días importantes da escola. Cando veu Anxo Fariña, unha vez no Entroido e agora no Samaín. Pero polo menos non estou enfermo todo o ano!
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos galego
O día 18 de outubro deste ano(2009) fíxose unha manifestación en Santiago para defender a lingua galega. Na manifestación había miles de persoas e diversas pancartas. Nós berrabamos: A galiña azul, en galego. E tamén berrabamos: Obradoiro! para que foran á praza. Gustoume moito.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2009 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
O espazo
O espazo é unha cousa que me deixa coa boca aberta. E que alí hai cousas impresionantes pero a maioría están por descubrir. O que máis me gusta do espazo son as nebulosas. Parécense ao fume e ao ser de cores, ao fume das orquestras. Nestas fotos está a Nebulosa do Cisne e outra chulísima que non sei como se chama.





Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2009 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso!!!
O luns 22 de xuño no noso colexio acabouse o curso. Ese día a clase era de once a doce.
Fixemos unha festa na clase. Cada quen traía algo de comer ou un disco de música. Breixo, que é un dos meus mellores amigos, en cambio trouxo un MP4 con altavoces e todo! Eu levei uns gusanitos e olivas. Unha rapaza trouxo unha tarta de lambetadas enorme.
Antes do remate contamos chistes. Algúns eran dos máis vellos e outros eran dos que aínda se acaban de inventar. Aínda que sabía a maioría, rinme a cachón con todos.
As notas foron moi ben e para o ano estou en cuarto. Que guai!!!

Agora hai que descansar e vivir a vida loca porque estamos de vacacións! Pero en setembro... outra vez á escola.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2009 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal