OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS E CAMPOS DE TRABALLO DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS DE ORIXE GALEGA OU DESCENDENTES DE GALEGOS E QUE RESIDAN NO EXTERIOR.
Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas correspondentes ao programa de actividades de campamentos e campos de traballo para o ano 2012, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares e aprobar as bases polas que se rexerá esta convocatoria e que se insiren no anexo I. Esta resolución implica unha subvención en especie consistente no aloxamento nos campamentos ou residencias xuvenís, o traslado desde o seu país de orixe a Galicia e desde Galicia ao seu país de orixe, o traslado dos participantes desde o aeroporto de chegada en Galicia ata o albergue e o traslado desde o campamento ao aeroporto de regreso, segundo o disposto na disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, agás o disposto no punto sete do artigo dous da resolución. A concesión destas axudas rexerase polo disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. Actividades de campamento: convócanse 213 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, en dúas quendas no mes de xullo.
Estas prazas distribuiranse conforme o establecido no anexo II.
O programa desenvólvese en dúas quendas diferentes con actividades tamén diferenciadas:
a) Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade «Galiza: verde e azul», que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra. Os participantes –con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos– residirán en dúas instalacións: seis días na zona de interior, no Campamento Xuvenil Os Chacotes, Palas de Rei (Lugo), e seis días na zona de costa, no Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña), e permanecerán en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo.
b) Na segunda quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as actividades «Vela e táboa», «En bicicleta e cabalo pola natureza» e un programa de actividades para maiores de 18 anos.
As instalacións están situadas en Gandarío, Bergondo (A Coruña) e Furelos, Melide (A Coruña).
Complemento das actividades son as prácticas deportivas variadas acordes coa instalación en que se atopen residindo en cada momento (náuticas, de natureza, distintos deportes e xogos, marcha, praia, etc.).
Igualmente, prográmanse actividades culturais para coñecemento da realidade social de Galicia (charlas, proxeccións, visitas a museos ou zonas de interese cultural, etc.).
2. Campos de traballo: convócanse 20 prazas en campos de traballo, situados en distintas localidades da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade. As instalacións e datas concretas adaptaranse ao disposto na convocatoria do programa de campos de traballo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
Beneficiarios:
Os mozos e mozas, que residindo fóra de Galicia, cumpran o seguintes requisitos:
Requisitos: a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
c) Ter nacionalidade española.
d) Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aqueles solicitantes que teñan 18 ou máis anos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
e) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en actividades de campamento.
f) Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en campos de traballo.
g) No caso dos solicitantes de actividades de campamentos non ter participado en edicións anteriores nesta modalidade.
h) No caso de solicitantes en campos de traballo non ter participado en edicións anteriores na modalidade de campos de traballo.
i) Para as prazas financiadas ao 100% da axuda do custo da viaxe, a unidade económica familiar destes solicitantes, non debe contar con ingresos superiores, en renda per capita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para o ano da convocatoria, do país de residencia do solicitante, e os solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano da convocatoria.
j) Para os solicitantes que opten a prazas financiadas ao 50% da axuda de custo da viaxe, poderán superar os limites de ingresos establecidos no punto anterior.
Documentación:
o	*Os solicitantes deberán presentar, no prazo indicado na convocatoria anual correspondente, solicitude conforme o modelo oficial que figura como anexo A desta resolución, optando unicamente por unha das modalidades (campamentos ou campos de traballo), acompañado da seguinte documentación:
•	a) Fotocopia do pasaporte ou DNI do solicitante: os solicitantes que estén en posesión de DNI poderán prestar o seu consentimento expreso para que a Secretaría Xeral da Emigración comprobe por medio de acceso telemático a verificación dos seus datos de identidade, segundo o modelo que conste na propia solicitude. Para o caso de que non presten este consentimento deberán presentar fotocopia DNI e para aqueles solicitantes que non estean en posesión de DNI deberán presentar fotocopia do pasaporte.
•	b) Documentación acreditativa do nacemento en Galicia ou ascendencia galega ata o segundo grao de consanguinidade que inclúa documentación acreditativa do parentesco cando proceda.
•	c) Unha fotografía tamaño carné.
•	d) Certificación consular do solicitante, para acreditar a nacionalidade española e a inscrición no Rexistro de Matrícula como residentes, se estes extremos non quedan debidamente acreditados polo pasaporte.
•	e) Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos brutos, rendas ou pensión de calquera natureza que perciba o interesado e/ou membros da unidade económica familiar (ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade). No caso de imposibilidade de presentar esta documentación, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable (modelo no anexo C). Para estes efectos, entenderase por unidade económica familiar cando o beneficiario conviva con outra persoa unida a el por matrimonio, por unión de feito, ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao.
•	f) Certificado médico conforme ao modelo oficial que figura como anexo D, de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.
•	g) Declaración do beneficiario do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por outras Administracións para a mesma actividade. A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que, en ningún caso, a suma das axudas obtidas supere o 100% do custo da actividade.
•	h) Modelo anexo C, no que consten o número total de membros que compoñen a U.E.F. Aqueles membros que convivan co solicitante e non teñan ingresos económicos deberán xustificalo (certificación negativa do ANSES para os maiores de 18 anos) ou se non é posible, deberán entregar unha declaración xurada de que non perciben ingresos de ningún tipo.
o	*Os solicitantes que foron admitidos a sorteo no último ano da convocatoria non terán que presentar a documentación das letras: a) e d).
•  Os solicitantes deberán achegar debidamente cuberto o anexo B desta resolución, no cal debe figurar:
a) Preferencia para o regreso en función da quincena en que vai participar.
b) Autorización para viaxar sos, asinada polos pais ou titores legais, para os menores de idade.
c) Unha autorización asinada polos pais ou titores legais para os participantes menores de idade que desexen quedar coa súa familia en Galicia ao rematar a actividade, indicando os datos dos familiares responsables que se farán cargo destes menores de idade.
(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.
Prazo de presentación:  08/02/2012 - 07/03/2012
CURSOS GRATUITOS, CON PRÁCTICAS EN EMPRESAS, PARA DESEMPREGADOS DE GALICIA
Requisitos:
Alumnos Menores de 30 anos
Inscritos como demandante de emprego
Non finalizar un FP ou Estudios Superiores, ou non dispoñer dun Certificado de Profesionalidade e/ou carné profesional (Baixa cualificación)
Estas accións formativas inclúen a realización obrigatoria de Prácticas Profesionais Non Laborais en empresas
PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- ACTIVIDADES NA NEVE FINDESKI LEITARIEGOS
INSCRICIÓNS E RESERVAS
Se es titular do carné xove,e tes mais de 18 anos podes inscribirte neste formulario
FORMULARIO DE SOLICITUDE
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comeza o día 7 de febreiro ás 9:00 horas.
ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes.
No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.
No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
•    Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
•    Fotocopia escaneada do carné xove en vigor.
•    Fotocopia escaneada do DNI.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.
PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- FINDESKI LEITARIEGOS
2 noites/2 días de esquí
QUENDAS:
Febreiro: 17-19/ 24-26
Marzo: 2-4/ 9-11/ 16-18/ 30- 1 abril
Abril: 6-8 (posible cambio de aloxamento, mantendo distancia e categoría)
PARTICIPANTES: Titulares de carné xove
Máximo 52 prazas por quenda.
Mínimo 38 prazas por quenda
TARIFAS:
150 €/persoa (con carné xove en vigor)
LUGARES DE SAÍDA:
Santiago/Lugo
Programación:
VENRES: Saída as: 17.00 de Santiago. As :18.30 recollida en Lugo. Acomodación no hotel e cea.
SÁBADO: As: 9.15 estamos en Villablino para alugar o material, 2 horas de clase de esquí en grupo. Esquí libre. Ao peche da estación volta para o hotel de Vega de Espinareda.
Domingo: As:10.00 estamos na estación. Esquí libre. Ao peche da estación, devolveremos o material. Volta para Galicia.
INCLÚE:
Bus durante os 2 días desde orixe.
2 noites no hotel** en VEGA DE ESPINAREDA.
Habitacións dobres e triples en Media Pensión.
2 HORAS DE CLASE DE ESQUÍ
Forfait durante 2 días.
1 Guía de viaxe.
MATERIAL DE ESQUÍ durante os 2 días
SEGURO DE ACCIDENTES
OPCIÓNS:
Clases de snow: consultar.
Clases adicionáis: consultar.
Material de snow: +16 euros
Máis información
Para máis información:
Servizo de Xuventude de Ourense
Teléfonos de contacto:    988 386 116
988 386 120
D.X. de Xuventude e Voluntariado
Teléfono de contacto:    881 999 194
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN AO 2º CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL GaliciaSkills 2012
É un campionato eminentemente práctico que consistirá no desenvolvemento de 20 competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes medirán as súas destrezas e demostrarán as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
As 20 competicións celebraranse ao longo do mes de outubro de 2012. A duración de cada competición estará entre media e unha xornada, segundo as características das probas que se teñan que desenvolver.
Na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria podes consultar a relación de skills (especialidades ou profesións nas que vai haber competición e que se corresponden cun ciclo formativo ou máis) nos que haberá competición e centros educativos nos que se desenvolverá cada unha delas.
Destinatarios:
Os competidores serán alumnos matriculados en ciclos formativos (cunha idade máxima de 21 anos cumpridos durante o ano 2012), que voluntariamente queiran participar.
Cada centro poderá presentar a este campionato un competidor por skill, coa excepción do skill de xardinaría paisaxística, no que participarán dous alumnos por centro.
Será o centro quen determine o sistema de selección dos seus competidores.
Ao competidor acompañarao un profesor do centro, que actuará como o seu titor e que se encargará da súa preparación para a competición.
Deberá haber un compromiso do centro e do titor para preparar e formar o alumno gañador de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013, conforme as directrices técnicas dese campionato.
Prazo de inscripción: entre o día 1 de febreiro e o día 31 de marzo de 2012, no enderezo de correo electrónico sxopre@edu.xunta.es.
BOLSAS PARA CURSAR ESTUDOS DE MÁSTERES OFICIAIS
A convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e está dirixida a graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que desexen cursar un máster que implique tanto o cambio de universidade coma o de comunidade autónoma de residencia.
Os estudos obxecto das presentes bolsas deben ser a tempo completo e cunha carga lectiva mínima de 60 créditos ECTS anuais.
Dotación:
Matrícula do máster, sen límite de importe.
Dotación de 1.300 € mensuais.
Dotación única inicial de 1.000 €, para cubrir gastos de viaxe e instalación
Requisitos:
Os solicitantes deben ter a nacionalidade española.
Titulacións:
Os graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que cursasen os estudos nalgunha de
as facultades ou centros de ensino superior das universidades españolas. Non se admitirán solicitudes en que
acredítense estudos de diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, salvo que estes estudos se completaran cos estudos do ciclo superior que correspondan a algunha das titulacións mencionadas.
Os alumnos que, despois de obter o grao universitario no estranxeiro, acrediten o suplemento europeo
ao título ou a homologación do Ministerio de Educación antes da data de peche da convocatoria.
Os estudantes que sigan o último curso de carreira nalgunha universidade española ou do Espazo Europeo de
Educación Superior durante o curso 2011-2012. No devandito caso, os estudantes seleccionados deberán acreditar, para obter a bolsa, ter finalizado os estudos na convocatoria de xuño/xullo de 2012.
Os profesores superiores de música, que deberon cursar os estudos nalgunha escola ou conservatorio
superior de música.
Coñecemento de idiomas:
Os solicitantes deben acreditar o seu coñecemento do idioma inglés cun dos seguintes certificados:
Universidade de Cambridge: First Certificate ou superior.
IELTS (cualificación mínima: 5).
TOEFL (cualificación mínima: 61 en Internet based,173 en computer based ou 500 en paper based).
Certificado de aptitude do ciclo superior (plan antigo) ou certificado do nivel avanzado - B2 (plan novo),
cursado e aprobado, das escolas oficiais de idiomas.
Diplomas ou certificados expedidos polas escolas de idiomas das universidades, que acrediten, ter cursado
e aprobado o nivel B2 (ou superior) do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
Os solicitantes que desexen realizar un máster en administración de empr esas (MBA) deben acreditar unha
puntuación mínima de 700 no test GMAT e presentar algunha das seguintes acreditacións do seu nivel de
inglés:
Universidade de Cambridge: Proficiency.
IELTS (cualificación mínima: 8).
TOEFL (cualificación mínima: 110 en Internet based, 270 en computer based ou 637 en paper based).
Os candidatos que obteñan unha bolsa deben empezar o máster no curso 2012-2013. O máster que desexe cursarse debe ser oficial.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 5 de marzo de 2012.
BOLSAS STEVENSON EN ESCOCIA
Poden optar a estas bolsas todos os estudantes universitarios menores de 25 anos (excepcionalmente poden ter ata 35 anos) que estean matriculados ou que rematasen os seus estudos recentemente nalgunha universidade española e que desexen estudar en Escocia. As bolsas están abertas a calquera disciplina e permiten estudar nunha universidade escocesa de 3 a 9 meses.
A contía da bolsa será de entre £200 ata £4,000 podendo variar esta cantidade considerablemente a discreción do Comité Executivo. É requisito imprescindible posuír un bo coñecemento de inglés e que o solicitante establecese contacto previo con algunha universidade escocesa aínda que non fose formalmente aceptado aínda. Estas bolsas son axudas complementarias e os bolseiros seleccionados terán que custearse a viaxe e os gastos de estanza.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2012.
PROGRAMA DE VIXILANCIA DA SAÚDE DOS/AS TRABALLADORES/AS AUTÓNOMOS/AS
Descrición
O ISSGA ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un control da vixilancia da saúde dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.
Aos/ás interesados/as faráselles un recoñecemento médico, totalmente gratuíto, nos centros do ISSGA. Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente.
Este exame médico constará de varias partes:
• Anamnese e historia clínica individualizada do traballador
• Historia laboral
• Exploración física específica
• Estudos complementarios:
o Control - visión.
o Tonometría.
o Probas de funcionalismo pulmonar
o Audiometría tonal liminar por vía aérea e ósea
o Impedanciometría
o Electrocardiograma
o Análise clínico:
- Bioquímica
- Hematoloxía e fórmula leucocitaria
- Velocidade de sedimentación
- Probas inmunolóxicas: PSA (a homes de 45 ou máis anos). Aos traballadores/as do sector agrario efectuaráselle a reacción antibrucela (Rosa de Bengala) e no caso de positividade, a seroaglutinación en tubo para brucela abortus
- Análise de ouriños
• Outras probas que sexan necesarias, a criterio do médico e en función dos riscos do traballo
• Elaboración e envío dun informe médico coa impresión diagnóstica
• Recomendacións
No caso de que estean interesados/as, cada traballador/a deberá cumprimentar a solicitude e remitila ao Centro do ISSGA correspondente.
Para calquera dúbida ao respecto pode dirixirse a :
Centro ISSGA - A Coruña.
Rúa Doutor Camilo Veiras, nº 8
15006 A Coruña.
Tlf.: 981 182 329 / 25 Fax: 981 182 332
Centro ISSGA - Lugo
Ronda de Fingoi, 170
27071 Lugo
Tlf.: 982 294 323 / 21 Fax: 982 294 336
Centro ISSGA - Ourense
Rúa de Villaamil e Castro, s/n
32872 Ourense
Tlf.: 988 386 395 / 292 Fax: 988 386 222
Centro ISSGA - Pontevedra
Camiño Coto do Coello, nº2
36812 Rande - Redondela – Pontevedra
Tlf.: 886 218 131 / 00 Fax: 886 218 102
OBRADOIRO DE EMPREGO XUVENIL 2012
Obxectivos:
Favorecer  e apoiar a inserción laboral da mocidade galega, mediante ferramentas de busca de traballo por conta allea e para a creación da propia empresa ou autónomos.
Contidos :
O Currículo. Partes. Elaboración.  A Carta de Presentación. Tipos. Elaboración.  Recursos para a busca de emprego.:Redes familiares, coñecementos de búsqueda de emprego on line (buscadores, boletíns oficiais, universidades, ETT’s, etc), guías de empresas, outros.  Recursos on-line para a busca de emprego. A entrevista de traballo.  Calendario de busca.
Metodoloxía :
No obradoiro realizarase  un seguimento individualizado  para cada persoa  para a resolución dos seus problemas laborais, así cóma para establecer un itinerario personalizado de búsqueda de emprego.
Desenvolvemento do obradoiro:  O obradoiro desenvolverase en catro sesións de 3 horas cada unha.
Datas: Xoves, 16 e 23 de febreiro, e 1 de marzo de 2012
Horario: 16.00 a 19.00 h
Destinatarios: Mozos e mozas desempregados  menores de 35 anos
Prazo de inscripción:  Ata o 13 de febrero de 2012.
BOLSAS PARA CURSOS DE INMERSIÓN EN LENGUA INGLESA DA UIMP
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2012 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:
Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía
Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona e Pireneos no período comprendido entre o 5 de marzo e o 10 de decembro de 2012.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xaneiro de 2012.
CURSOS DE LINGUA GALEGA PARA ADULTOS E COLECTIVOS
Establécese como data límite para a presentación de solicitudes para todos os cursos o 30 de xaneiro de 2012.