OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL





Contador web

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ROTEIROS PARA A XUVENTUDE 2012
O 20 de marzo abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude. O programa “ROTEIROS PARA A XUVENTUDE” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ó mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.

Os obxectivos xerais destas actividades son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal.

O programa oferta dezaseis programas de actividades.

A información detallada de cada un dos programas atópase no PDF informativo

Reserva de praza


Os/as interesados/as na participación neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono 981 545937/ 981 545702/ 981 545822 e 981 541689, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo
Comentarios (0) - Categoría: Ocio e Tempo Libre - Publicado o 30-03-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CAMPAÑA VERÁN 2012.A OMIX ABRE O PRAZO PARA TRAMITAR AS SOLICITUDES DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA PARA NENOS/AS DE 9 A 17 ANOS
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Campo Lameiro abriu o prazo para a tramitación das solicitudes para participar na Campaña de Verán 2012, que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude

DIRIXIDO A:
Nenos e nenas de 9 a 17 anos (nacidos no ano 2003, que teñan cumpridos 9 anos ao inicio do campamento ata os nacidos no ano 1994, que non poderán cumprir os 18 anos antes da finalización do campamento).

SERVIZOS OFERTADOS:
Campamentos tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto, participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo .

A oferta inclúe:
Aloxamento en albergue, residencia ou campamento xuvenil, manutención en réxime de pensión completa, material necesario para a actividade,un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre ,náuticas,se é o caso e atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes. Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, ata o destino así como o retorno.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 20 de marzo e as persoas interesadas poden solicitar máis información nas Oficinas da OMIX no Concello de 09:00 a 15:00 horas.
Categoría: Ocio e Tempo Libre - Publicado o 13-03-2012 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CAMPAÑA VERÁN 2012. A OMIX ABRE O PRAZO PARA TRAMITAR AS SOLICITUDES DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA ACCIÓN DVERÁN’12 DA XUNTA DIRIXIDO A MOZOS/AS DOS 18 AOS 35 ANOS
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Campo Lameiro abriu o prazo para a tramitación das solicitudes para participar na Campaña de Verán 2012, que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude

DIRIXIDO A:
Mozos/as que xa teñan cumpridos 18 anos e ata os 35 anos

SERVIZOS OFERTADOS:
Diferentes programas e actividades de lecer e tempo libre: A CORUÑA EXPRESS; RUTA EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS; EN CONTACTO COA NATUREZA; H2O+18; AVENTURA E DEPORTE; RUTA EN KAIAK DE MAR; RUTAS COÑECE GALICIA.

A oferta inclúe:
Estancia, manutención e, de ser o caso, clases teóricas ou prácticas durante o período de duración do programa. O desprazamento ata a instalación correspondente correrá por conta do interesado.

Os posuidores do carné xove terán un desconto do 10% sobre os prezos establecidos, e os que posúan o título de familia numerosa terán un desconto do 25%. (Ambos descontos non son acumulables)

As reservas poderán facerse a partir do 6 de marzo. As persoas interesadas poden solicitar máis información nas Oficinas da OMIX no Concello de 09:00 a 15:00 horas.
Categoría: Ocio e Tempo Libre - Publicado o 13-03-2012 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MOCIDADE EN FORMAción
Mocidade en FORMAción é un programa de formación para maiores de 18 anos que ten como obxectivo básico a formación continuada dos profesionais do lecer e do tempo libre de Galicia.

INSCRICIÓNS E RESERVAS:
www.vidalactea.com/formación

PRAZO DE INSCRICIÓN:

O prazo de inscrición comeza a partires do 5 de marzo e rematará 7 días antes de cada acción formativa.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.

Cancelarase a acción formativa se non hai un número mínimo de participantes.

No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.

DOCUMENTACION:

Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:

•Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
•Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
•Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
•Cuestionario médico - sanitario (anexo que se mandara por email ).
•Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email ).
•Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.

ACCIÓN FORMATIVAS (por orde cronolóxica):

•INICIACIÓN Á MONTAÑA INVERNAL (León). Con carné xove: 175,00 € Sen carné xove: 195,00€
•TÉCNICAS ARTÍSTICAS NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
•CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE ESCALADA EN ROCÓDROMO NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 71,30 € Sen carné xove: 82,00 €
•CURSO DE INICIACIÓN Á VELA E AO WINDSURF (Vilagarcía de Arousa). Con carné xove: 95,00 € Sen carné xove: 110,00 €
•CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE ESCALADA EN ROCHA NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 71,30 € Sen carné xove: 82,00 €
•CURSO DE ACTIVIDADES CON OLAS (Carnota). Con carné xove: 100,00 € Sen carné xove: 115,00 €
•CURSO DE DEPORTE E NATUREZA NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 62,61 € Sen carné xove: 72,00 €
•CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE SENDEIRISMO NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
•CURSO DE INTERPRETACIÓN NATURAL E CULTURAL CON RAPACES E RAPAZAS (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
•LEXISLACIÓN XUVENIL: NOVAS CONCEPCIÓNS NA LEXISLACIÓN GALEGA (Lugo). Con carné xove: 21,74 € Sen carné xove: 25,00 €
•LECER E DISCAPACIDADE NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
•CURSO DE DINAMIZACIÓN DE COMEDORES (Lugo). Con carné xove: 53,91 € Sen carné xove: 62,00 €
•AXILIDADE FÍSICO-DIVERTIDA NO TEMPO DE LECER DAS PERSONAS MAIORES (Lugo). Con carné xove: 53,91 € Sen carné xove: 62,00 €
•CURSO DE DINAMIZACIÓN INFANTIL EN CENTROS HOSPITALARIOS (Lugo). Con carné xove: 62,61 € Sen carné xove: 72,00 €
INCORPORACIÓN:

A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada curso.

PARTICIPANTES:

Entre 20 e 40 prazas.
PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE.

Expresadas en cada curso (ata un 15%).

INCLÚE:

•Estancia
•Aloxamento habitacións de uso doble ou triple en réxime de Pensión completa.
•Material persoal ( traxe de neopreno , licra identificativa , chaleco, materiais de escalada, todo tipo de materiais deportivos, carpeta e bolígrafo, …)
•Actividades específicas para cada programa.
•Claustro de profesores de primeiro nivel.
•Equipo de monitores de apoio.
•Seguro de responsabilidad civil
PARA MÁIS INFORMACIÓN:

www.vidalactea.com/formación

Teléfono de contacto: 629 02 34 82

Categoría: Cursos - Publicado o 13-03-2012 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PROGRAMA AU PAIR EN ESTADOS UNIDOS
O programa Au Pair en Estados Unidos é unha oportunidade para que os participantes e as familias de acollida participen nunha relación de mutua gratificación xerando unha oportunidade intercultural. Os participantes poden continuar a súa educación ó mesmo tempo que experimentan a vida americana e coidan dos fillos das familias de acollida.

Os requisitos para participar no programa son:

•Ser competente na fala inglesa.
•Graduado en Secundaria ou equivalente.
•Estar entre 18 e 26 anos de idade.

As vantaxes do programa son:

•Vivir cunha familia durante 12 meses, coa opción de ampliar 6, 9 ou 12 meses máis.
•Recibir un mínimo de 32 horas de formación antes do coidado dos nenos/as.
•Coidar ós fillos un máximo de 10 horas ó día/ 45 horas semanais.
•Completar polo menos 6 horas de crédito académico ou equivalente nunha universidade acreditada de EE.UU.
•Aloxamento e comida incluídos ademais dunha remuneración económica.

Limitacións/excepcións para o programa:

•Non se pode traballar con familias monoparentais ou que teñan un bebé de menos de 3 meses.
•Non se pode traballar con nenos/as menores de 2 anos de idade a menos que o au pair teña un mínimo de 200 horas de experiencia no coidado de infantes.
•Non se pode traballar con familias que teñan nenos con necesidades especiais identificadas pola familia, se o au pair non ten experiencia previa demostrada.

Para máis información:

http://1visa.state.gov/programs/au-pair
Categoría: Bolsas e Prácticas - Publicado o 13-03-2012 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A OMIX ABRE O PRAZO PARA TRAMITAR AS SOLICITUDES DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2012 NAS INSTALACIÓNS DA LANZADA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Campo Lameiro abrirá o vindeiro xoves 1 de marzo o prazo para a tramitación das solicitudes para participar nos Campamentos de Verán 2012, que ofrece a Deputación de Pontevedra nas súas instalacións de A Lanzada (O Grove).

Destinatarios:
Nenos e nenas nacidos entre 1999 e 2004 (ambos os dous incluídos), empadroados no Concello.

DATAS DAS QUENDAS:
1ª Quenda: do 24 de xuño ó 30 de xuño
2ª Quenda: do 1 de xullo ó 7 de xullo
3ª Quenda: do 8 de xullo ó 14 de xullo
4ª Quenda: do 15 de xullo ó 21 de xullo
5ª Quenda: do 22 de xullo ó 28 de xullo
6ª Quenda: do 29 de xullo ó 4 de agosto
7ª Quenda: do 5 de agosto ó 11 de agosto
8ª Quenda: do 12 de agosto ó 18 de agosto
9ª Quenda: do 19 de agosto ó 25 de agosto
10ª Quenda: do 26 de agosto ó 1 de setembro
11ª Quenda: do 2 de setembro ó 8 de setembro

Prezo:
O prezo será de 68€ por neno/a

SOLICITUDES:
As solicitudes deberán realizarse na Oficina da OMIX do Concello de luns a venres de 09:00 a 15:00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o xoves 1 de marzo e remata o venres 30 de marzo.
Categoría: Ocio e Tempo Libre - Publicado o 28-02-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CURSOS PROGRAMA ACTIVA DO PLAN DE FORMACIÓN 2012 DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
A dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar convoca varios cursos dentro do Programa Activa do Plan de Formación 2012.
Destinatarios: Mozos e mozas menores de 30 anos, animadores xuvenís, concelleiros de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude

Curso: COMUNICATE
Número de horas: ………2
Contidos:-
Introdución: É imposible non comunicarse?
• Comunicación verbal.
• Comunicación non verbal.
• A importancia de saber transmitir: para que serve a oratoria?
- A comunicación no grupo.
- A preparación do discurso como transmitir ideas.
- Comunicación non verbal:
• Xesticulación.
• Voz.
• Movemento.
- Estratexias para perder o medo escénico.
Modalidade: presencial.
Data prevista de realización: de abril a xullo e de setembro a decembro.

Curso:MEDIACIÓN XUVENIL NA PARTICIPACIÓN
Número de horas: ………2
Contidos:
- Introdución ao asociacionismo.
- Funcións dunha asociación xuvenil.
- Trámites para a súa creación.
- Acta constitucional.
- Estatutos.
- Rexistro.
- Facenda.
- Rexistro de Xuventude.
- Regulamento e funcionamento interno.
- Financiamento.
Modalidade: presencial.
Data prevista de realización: de abril a xullo e de setembro a decembro


Curso:PROGRAMAS E AXUDAS PARA MOZOS E MOZAS
Número de horas: ………2
Contidos:
- Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
- Información e formación.
- Estrutura da Rede Galega de Información e DocumentaciónXuvenil: instalacións da Xunta de Galicia á disposición da
xuventude, Espazo Xove.
- Participación e asociacionismo.
- Voluntariado xuvenil.
- Mobilidade.
- Emprego.
- Vivenda.
- Ensino e bolsas.
Modalidade: presencial.
Data prevista de realización: de abril a xullo e de setembro a decembro.

Curso: EMPRÉGATE
Número de horas: ……2
Contidos:
- Autoavaliación do candidato: análise DAFO.
- Mercado laboral xuvenil: posibles nichos de emprego.
- Ferramentas para atopar emprego.
- Programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado.
- A importancia do currículo.
- Uso da carta de presentación.
- Como enfrontarse a unha entrevista de traballo.
Modalidade: presencial.
Data prevista de realización: de abril a xullo e de setembro a decembro

Lugar de Impartición dos cursos: CAMPO LAMEIRO

PARA PODER SOLICITAR CALQUERA DOS CURSOS DEBERÁ HABER UN NÚMERO MÍNIMO DE PERSOAS APUNTADAS AO MESMO. AS PERSOAS INTERESADAS PODEN SOLICITAR MÁIS INFORMACIÓN NA OMIX DO CONCELLO DE 09:00 A 15:00 OU CHAMANDO AO TELEFONO: 986 75 20 34.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 9 DE MARZO DE 2012

Categoría: Cursos - Publicado o 21-02-2012 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XUVENTUDE OFERTA PRETO DE 900 PRAZAS NO PROGRAMA "AULA XUVENTUR" QUE INCLÚE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E CREATIVIDADE.
Consellería de Traballo e Benestar ofertará este ano máis de 890 prazas para os mozos e mozas que queiran participar no programa ‘Aula Xuventur’ que inclúe actividades relacionadas coa educación ambiental e a creatividade, combinando a aprendizaxe e o tempo de lecer.

O prazo de inscrición para esta iniciativa abrirase o próximo xoves 23 de febreiro e rematará unha semana antes do inicio de cada quenda. As solicitudes poderán presentarse a través da páxina web www.xuventude.net.

É a segunda vez que se desenvolverá esta iniciativa en Galicia tras o éxito acadado na anterior convocatoria realizada en 2011. A finalidade é facilitar á mocidade galega unha experiencia educativa alternativa e complementaria ao seu aprendizaxe nas escolas.

Desta forma, ofrécense tres módulos de actividades diferenciados en función da temática e das idades dos participantes. ‘Vive o mar, ‘Multiaventura de cine’ e ‘Camiño a Durban’.

O primeiro de eles, ‘Vive o Mar’, está dirixido a mozos de entre 12 e 16 anos que estean cursando primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso da ESO. Neste caso ofreceranse coñecementos e aprendizaxes sobre o medio mariño e o seu entorno no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa, en sete quendas de dous días entre os meses de marzo e abril.

‘Multiaventura de cine’ terá lugar no albergue xuvenil LUG 2, en once quendas de tres días, entre os meses de marzo e xuño. Con esta iniciativa o que se pretende é achegar aos participantes o cine como ferramenta de desenvolvemento de habilidades sociais, creatividade e autocoñecemento, complementando todo isto con actividades de deporte activo. Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato o primeiro ciclo de grao medio.

Por último, ‘Camiño a Durban’ consistirá na realización durante tres días dun xogo de rol sobre educación ambiental, tendo como fío condutor o cambio climático, co obxecto de favorecer un achegamento ao concepto de educación ambiental e desenvolvemento sostible, sensibilizar da problemática do cambio climático, as súas causas, efectos e medidas paliativas.

Nesta iniciativa poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato ou primeiro ciclo de grao medio. Terá lugar no albergue xuvenil de Gandarío, en seis quendas de tres días, entre os meses de marzo a maio.

En definitiva, ‘Aula Xuventur’ quere promover a participación da mocidade galega en actividades e programas poñendo a disposición da mocidade galega a rede de albergues xuvenís de Galicia, cumprindo, desta forma, co obxectivo marcado no Pan de Xuventude 2013.

Categoría: Cursos - Publicado o 21-02-2012 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ENTROIDO 2012 EN CAMPO LAMEIRO
NIN TENERIFE
NIN RIO DE JANEIRO...
O MELLOR ENTROIDO
EN CAMPO LAMEIRO!!!
O SÁBADO 25 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 17:45 HORAS. INSCRICIÓNS A PARTIRES DAS 15:30 HORAS NO CONCELLO OU CHAMANDO AO TELÉFONO 986 75 20 34. AS PERSOAS QUE SE INSCRIBAN POR TELÉFONO TEÑEN QUE PASAR IGUAL POLAS OFICINAS ESE DÍA A RECOLLER O DORSAL. ESPERÁMOSTE!!!!
Categoría: Ocio e Tempo Libre - Publicado o 15-02-2012 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILOS E FILLAS MENORES DE 3 ANOS PARA O ANO 2012
A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG nº 32 de hoxe as bases polas que se regulan a concesión de Prestación Económica de Pagamento por Fillos e Fillas Menores de 3 Anos para o ano 2012.

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores
de tres anos en 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2.1.2009 e o 1.1.2012, inclusive)
e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

REQUISITOS:
Será requisito necesario para a concesión da prestación:
– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da
documentación presentada se poida deducir que isto non é así poderáselles requirir para
que presenten documentación complementaria que o demostre.
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.

TIPO DE AXUDA E CONTÍA:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo
a contía da prestación de 360 euros por cada un dos/as fillos/as, sen que o/a mesmo/a
fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
O prazo de presentación das solicitudes será de corenta (40) días naturais, contados
a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último
día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Máis información DOG Nº 32 do 15/02/2012
Categoría: Axudas - Publicado o 15-02-2012 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal