OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL





Contador web

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN AO 2º CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL GaliciaSkills 2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o II Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2012.
É un campionato eminentemente práctico que consistirá no desenvolvemento de 20 competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes medirán as súas destrezas e demostrarán as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
As 20 competicións celebraranse ao longo do mes de outubro de 2012. A duración de cada competición estará entre media e unha xornada, segundo as características das probas que se teñan que desenvolver.
Na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria podes consultar a relación de skills (especialidades ou profesións nas que vai haber competición e que se corresponden cun ciclo formativo ou máis) nos que haberá competición e centros educativos nos que se desenvolverá cada unha delas.
Destinatarios:
Os competidores serán alumnos matriculados en ciclos formativos (cunha idade máxima de 21 anos cumpridos durante o ano 2012), que voluntariamente queiran participar.
Cada centro poderá presentar a este campionato un competidor por skill, coa excepción do skill de xardinaría paisaxística, no que participarán dous alumnos por centro.
Será o centro quen determine o sistema de selección dos seus competidores.
Ao competidor acompañarao un profesor do centro, que actuará como o seu titor e que se encargará da súa preparación para a competición.
Deberá haber un compromiso do centro e do titor para preparar e formar o alumno gañador de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013, conforme as directrices técnicas dese campionato.
Prazo de inscripción: entre o día 1 de febreiro e o día 31 de marzo de 2012, no enderezo de correo electrónico sxopre@edu.xunta.es.
Máis información http://www.edu.xunta.es/web e http://www.edu.xunta.es/fp/galiciaskills
Categoría: Bolsas e Prácticas - Publicado o 03-02-2012 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BOLSAS PARA CURSAR ESTUDOS DE MÁSTERES OFICIAIS
A Fundación "La Caixa" convoca 100 bolsas de mobilidade para cursar estudos de másteres oficiais, en universidades españolas, durante o curso 2012-2013.
A convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e está dirixida a graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que desexen cursar un máster que implique tanto o cambio de universidade coma o de comunidade autónoma de residencia.
Os estudos obxecto das presentes bolsas deben ser a tempo completo e cunha carga lectiva mínima de 60 créditos ECTS anuais.

Dotación:
Matrícula do máster, sen límite de importe.
Dotación de 1.300 € mensuais.
Dotación única inicial de 1.000 €, para cubrir gastos de viaxe e instalación

Requisitos:
Os solicitantes deben ter a nacionalidade española.

Titulacións:

Os graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que cursasen os estudos nalgunha de
as facultades ou centros de ensino superior das universidades españolas. Non se admitirán solicitudes en que
acredítense estudos de diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, salvo que estes estudos se completaran cos estudos do ciclo superior que correspondan a algunha das titulacións mencionadas.

Os alumnos que, despois de obter o grao universitario no estranxeiro, acrediten o suplemento europeo
ao título ou a homologación do Ministerio de Educación antes da data de peche da convocatoria.

Os estudantes que sigan o último curso de carreira nalgunha universidade española ou do Espazo Europeo de
Educación Superior durante o curso 2011-2012. No devandito caso, os estudantes seleccionados deberán acreditar, para obter a bolsa, ter finalizado os estudos na convocatoria de xuño/xullo de 2012.

Os profesores superiores de música, que deberon cursar os estudos nalgunha escola ou conservatorio
superior de música.

Coñecemento de idiomas:
Os solicitantes deben acreditar o seu coñecemento do idioma inglés cun dos seguintes certificados:

Universidade de Cambridge: First Certificate ou superior.
IELTS (cualificación mínima: 5).
TOEFL (cualificación mínima: 61 en Internet based,173 en computer based ou 500 en paper based).
Certificado de aptitude do ciclo superior (plan antigo) ou certificado do nivel avanzado - B2 (plan novo),
cursado e aprobado, das escolas oficiais de idiomas.
Diplomas ou certificados expedidos polas escolas de idiomas das universidades, que acrediten, ter cursado
e aprobado o nivel B2 (ou superior) do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
Os solicitantes que desexen realizar un máster en administración de empr esas (MBA) deben acreditar unha
puntuación mínima de 700 no test GMAT e presentar algunha das seguintes acreditacións do seu nivel de
inglés:
Universidade de Cambridge: Proficiency.
IELTS (cualificación mínima: 8).
TOEFL (cualificación mínima: 110 en Internet based, 270 en computer based ou 637 en paper based).

Os candidatos que obteñan unha bolsa deben empezar o máster no curso 2012-2013. O máster que desexe cursarse debe ser oficial.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 5 de marzo de 2012.

Máis información en http://obrasocial.la caixa.es
Categoría: Bolsas e Prácticas - Publicado o 03-02-2012 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BOLSAS STEVENSON EN ESCOCIA
British Council en España convoca bolsas Stevenson para estudos univesitarios en Escocia.
Poden optar a estas bolsas todos os estudantes universitarios menores de 25 anos (excepcionalmente poden ter ata 35 anos) que estean matriculados ou que rematasen os seus estudos recentemente nalgunha universidade española e que desexen estudar en Escocia. As bolsas están abertas a calquera disciplina e permiten estudar nunha universidade escocesa de 3 a 9 meses.

A contía da bolsa será de entre £200 ata £4,000 podendo variar esta cantidade considerablemente a discreción do Comité Executivo. É requisito imprescindible posuír un bo coñecemento de inglés e que o solicitante establecese contacto previo con algunha universidade escocesa aínda que non fose formalmente aceptado aínda. Estas bolsas son axudas complementarias e os bolseiros seleccionados terán que custearse a viaxe e os gastos de estanza.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2012.

Máis información en http://www.brithishcouncil.org/spain/stevenson-scholarship
Categoría: Bolsas e Prácticas - Publicado o 25-01-2012 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PROGRAMA DE VIXILANCIA DA SAÚDE DOS/AS TRABALLADORES/AS AUTÓNOMOS/AS
Programa de vixilancia da saúde dos traballadores/as autónomas/as
Descrición
O ISSGA ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un control da vixilancia da saúde dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.

Aos/ás interesados/as faráselles un recoñecemento médico, totalmente gratuíto, nos centros do ISSGA. Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente.

Este exame médico constará de varias partes:

• Anamnese e historia clínica individualizada do traballador
• Historia laboral
• Exploración física específica
• Estudos complementarios:
o Control - visión.
o Tonometría.
o Probas de funcionalismo pulmonar
o Audiometría tonal liminar por vía aérea e ósea
o Impedanciometría
o Electrocardiograma
o Análise clínico:
- Bioquímica
- Hematoloxía e fórmula leucocitaria
- Velocidade de sedimentación
- Probas inmunolóxicas: PSA (a homes de 45 ou máis anos). Aos traballadores/as do sector agrario efectuaráselle a reacción antibrucela (Rosa de Bengala) e no caso de positividade, a seroaglutinación en tubo para brucela abortus
- Análise de ouriños
• Outras probas que sexan necesarias, a criterio do médico e en función dos riscos do traballo
• Elaboración e envío dun informe médico coa impresión diagnóstica
• Recomendacións


No caso de que estean interesados/as, cada traballador/a deberá cumprimentar a solicitude e remitila ao Centro do ISSGA correspondente.

Para calquera dúbida ao respecto pode dirixirse a :


Centro ISSGA - A Coruña.
Rúa Doutor Camilo Veiras, nº 8
15006 A Coruña.
Tlf.: 981 182 329 / 25 Fax: 981 182 332

Centro ISSGA - Lugo
Ronda de Fingoi, 170
27071 Lugo
Tlf.: 982 294 323 / 21 Fax: 982 294 336

Centro ISSGA - Ourense
Rúa de Villaamil e Castro, s/n
32872 Ourense
Tlf.: 988 386 395 / 292 Fax: 988 386 222

Centro ISSGA - Pontevedra
Camiño Coto do Coello, nº2
36812 Rande - Redondela – Pontevedra
Tlf.: 886 218 131 / 00 Fax: 886 218 102

Máis información e formulario de solicitude
Categoría: Bolsas e Prácticas - Publicado o 25-01-2012 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OBRADOIRO DE EMPREGO XUVENIL 2012
A Dirección de Xuventude e Voluntariado a través da súa Oficina de Emancipación Xuvenil organiza un Obradoiro de Busca de Emprego para mozos de ata 35 anos de idade.
Obxectivos:
Favorecer e apoiar a inserción laboral da mocidade galega, mediante ferramentas de busca de traballo por conta allea e para a creación da propia empresa ou autónomos.
Contidos :
O Currículo. Partes. Elaboración. A Carta de Presentación. Tipos. Elaboración. Recursos para a busca de emprego.:Redes familiares, coñecementos de búsqueda de emprego on line (buscadores, boletíns oficiais, universidades, ETT’s, etc), guías de empresas, outros. Recursos on-line para a busca de emprego. A entrevista de traballo. Calendario de busca.
Metodoloxía :
No obradoiro realizarase un seguimento individualizado para cada persoa para a resolución dos seus problemas laborais, así cóma para establecer un itinerario personalizado de búsqueda de emprego.
Desenvolvemento do obradoiro: O obradoiro desenvolverase en catro sesións de 3 horas cada unha.
Datas: Xoves, 16 e 23 de febreiro, e 1 de marzo de 2012
Horario: 16.00 a 19.00 h
Destinatarios: Mozos e mozas desempregados menores de 35 anos
Prazo de inscripción: Ata o 13 de febrero de 2012.

FORMULARIO DE SOLICITUDE
Categoría: Emprego - Publicado o 25-01-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BOLSAS PARA CURSOS DE INMERSIÓN EN LENGUA INGLESA DA UIMP
O Ministerio de Educación convoca axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2012 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:
Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía
Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona e Pireneos no período comprendido entre o 5 de marzo e o 10 de decembro de 2012.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xaneiro de 2012.
Máis información no BOE do 24 de decembro de 2011 e en www.uimp.es
Categoría: Bolsas e Prácticas - Publicado o 20-01-2012 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CURSOS DE LINGUA GALEGA PARA ADULTOS E COLECTIVOS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai unha convocatoria pública para solicitar a participación en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.
Establécese como data límite para a presentación de solicitudes para todos os cursos o 30 de xaneiro de 2012.
Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2012 e en http://www.xunta.es/linguagalega
Categoría: Cursos - Publicado o 20-01-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPEIRIOR
A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2012.

Ciclos Formativos de Grao Medio: prazo comprendido entre os días 27 de febreiro e o 9 de marzo de 2012.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2012 no horario que se indica a seguir:
Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 11.00 horas: parte matemática.
Das 11.30 ás 13.30 horas: parte sociolingüística.
Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
Os resultados das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio publicaranse o día 7 de xuño.
Requisitos: poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Ciclos Formativos de Grao Superior: prazo comprendido entre os días 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2012.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro).
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 30 de marzo de 2012 no horario que se indica a seguir:
Ás 9.00 horas: presentación.
Parte común da proba:
Das 10.15 ás 13.45 horas: matemáticas, lingua galega e lingua castelá.
Parte específica da proba:
Das 16.00 ás 18.30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao cal se desexe acceder, segundo o anexo I desta resolución.
Os resultados das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior publicaranse o día 25 de abril.

Requisitos: será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

Máis información en www.xunta.es/fp e no DOG do 19 de xaneiro de 2012

Categoría: Cursos - Publicado o 20-01-2012 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XUVENTUDE OFERTARÁ Á MOCIDADE 336 PRAZAS EN ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA MULTIAVENTURA AO LONGO DOS MESES DE FEBREIRO E MARZO
O programa Roteiros, que desenvolve cada ano a Consellería de Traballo e Benestar, ofertará entre o 3 de febreiro e o 25 de marzo un total de 336 prazas en estadías de fins de semana multiaventura aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos.

A iniciativa terá lugar na provincia da Coruña, no albergue de Gandarío e no aeródromo da Fervenza no concello de Mazaricos (A Coruña).

Os interesados en participar nestes programas poderán facer a reserva da súa praza a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres, a partires do próximo martes, 17 de xaneiro.

O prezo para tomar parte das actividades, que estarán dirixidas por monitores, é de 60 euros para os posuidores do carné xove e de 80 euros para os que non dispoñan del. A contía inclúe o aloxamento e pensión completa entre o venres e o domingo, así como o desenvolvemento das propias actividades e o desprazamento ata o lugar onde se realizan.

No albergue de Gandarío desenvolverase o programa ‘Dende o mar’, que contará con 24 participantes cada fin de semana. Os mozos e mozas poderán realizar actividades náuticas de navegación en cruceiro; de turismo mariñeiro cun percorrido en kaiak; e de multiaventura de windssurf e barco escola. As quendas nesta instalación serán de catro fins de semana.

Pola súa banda, no aeródromo da Fervenza terá lugar o programa ‘Dende o Ar’, no que 30 participantes por fin de semana realizarán actividades de multiaventura como rappel, escalada, ruta en bicicleta, tiro could e náuticas como o piragüismo. Nesta instalación ofrécese a posibilidade opcional de realizar voos en ultralixeiro sobrevoando o encoro da Fervenza o unha ruta en barco polo mesmo emprazamento.

Categoría: Ocio e Tempo Libre - Publicado o 20-01-2012 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CABALGATA DE REIS
O vindeiro xoves 5 de xaneiro as 18:30 horas da tarde, Campo Lameiro recibirá ás súas maxestades os Reis Magos no Pavillón Municipal de Deportes coa posta en escena dun Belén Vivente organizado polo Concello e no que participarán unhas 30 persoas, entre nenos, nenas e adultos, e que conta coa colaboración da Asociación Cultural Vintureira.

Posteriormente, e como todos os anos, a Banda Escola Unión Cultural Campo Lameiro, ofrecerá un concerto para todos os presentes.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2012 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal