O MEGO DA ESCOLA
Convocadas as IV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
Nesta ocasión o longo lema que rexirá as mesmas consta dun título xenérico: Sarmiento no Bierzo, ao que acompaña o subtítulo: De Sarmiento a Morales na procura da identidade. A intención da Comisión Cultural e da Concellalía de Cultura á hora de relanzar estas xornadas volve a insistir na relación que mantén Sarmiento coa nosa comarca non só polo mero feito de ter nacido na vila do Burbia, senón pola impronta que a súa obra ten en fenómenos como o do Rexurdimento do galego e do seu cultivo literario no Bierzo. Por iso aparece nesta ocasión ao pé de Sarmiento outro autor como Antonio Fernández Morales, do que vimos de celebrar o 150 aniversario da publicación dos seus "Ensayos poéticos en dialecto berciano" que reciben unha forte influencia tanto na forma como nos contidos da obra de Sarmiento titulada "Coloquio dos 24 galegos rústicos",composto en 1200 coplas compostas en 1746.
Este ano quixemos tamén facernos eco doutro senlleiro aniversario. Trátase do décimo curso escolar no que está presente nos centros docentes do Bierzo o denominado Programa de Promoción do Galego. Por este motivo imos darlles protagonismo nestas xornadas aos centos de alumnos/as, as máis de mil familias que escolleron voluntariamente esta materia á hora de matricularse tanto en Primaria como na ESO ou Bacharelato, celebrar os bos resultados que está tendo e o éxito do programa tamén co profesorado que o fixo e o fai posible e por suposto co conxunto dos centros nos que se imparte pola dificultades que esta incorporación presenta e como se van superando. Os alumnado de Vilafranca, do resto do Bierzo e mesmo de Pontevedra están preparando xa unha serie de propostas didácticas que servirán como fío condutor dos INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" deste curso seguindo o camín das ediciois pasadas e que nestas ocasión amplíanse considerablemente no tocante tanto no número de centros invitados a participar como no volume de traballos que se esperan reunir. Precisamente o próximo 9 de marzo está programado un acto no Teatro de Vilafranca que servirá de posta en común, concluído o período de elaboración e de dar paso a súa difusión na rede.
Do 2011 ao 2012 máis galego nas escolas do Bierzo
Sabemos que poden e deben superarse na implantación deste programa, carencias e deficiencias detectadas e denunciadas ao longo destes dez anos, as relacionadas co proceso da xestión de matricula  melloraron considerablemente neste ano, pero seguen sen ser satisfactorios procesos de información a pais e a alumnos ao depender en gran medida dos propios centros, ás veces das súas directivas e non optar polas recomendaciois que se veñen facendo desde as máis diversas instancias ( Academia Galega, Procurador do Común de Castilla y León,  profesorado e colectivos culturais) que demandan unha información obxectiva promovida desde a administración educativa ( carteis, dípticos e charlas de promoción do programa).
Este ano coincidindo co 150 aniversario da publicación dos “Ensayos poéticos en dialecto berciano” de Antonio Fernández Morales  ademais de presentarse un Caderno de Propostas didácticas titulado “ O Rexurdimento do Galego no Bierzo” centrado na difusión, estudo e actividades didácticas sobre este autor destinado a distintos niveis da ensinanza, homenaxeouse ao poeta con motivo da celebración da 6ª Escola Permanente “Fermín Penzol” que organiza a Universidade de Vigo e na que participaron diversos estudosos da vida e da obra de Morales e da fala galega do Bierzo. Precisamente na clausura deste evento celebrado no mes de outubro, realizouse o estreo dunha composición musical para banda e coro que baixo o título de Cantigas bercianas está baseada en tres poemas de Fernández Morales dedicados a Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada que foi gravada para ser editado un DVD que neste últimos días do ano 2011 saíu á venda.Un fermoso agasallo para estas datas e co que comezar o ano 2012 co desexo que siga gozando o galego no Bierzo de boa saúde.
Diferenza entre o galego e o leonés
Pola contra no Caurel falan practicamente igual ca no Bierzo galego falante. Comprobémolo neste vídeo:
Celebrada a 6ª Escola Fermín Penzol sobre Fernández Morales
Tiveron especial relevancia porque os distintos ponentes foron desvelando interesantes novidades para o estudo tanto da vida como da obra de Morales. Ademais houbo ponencias dedicadas ao galego do Bierzo e a súa relación co galego estándar, sobre a lexislación e os dereitos lingüísticos dos bercianos, sobre a aplicación da obra de Morales en terreos como a ecoloxía e a biocultura ou a elaboración de propostas didácticas sobre os "Ensaios poéticos en dialecto berciano" para os máis de 1000 alumnos do galego no Bierzo.
Un capítulo moi emotivo foron tamén a colocación dunha placa na casa de Cacabelos onde vivíu longas tempadas e morreu Antonio Fernández Morales ou a estrea dunha obra para Banda e coros sobre textos dos poemas dedicados a Vilafranca , a Ponferrada e Cacabelos do noso poeta, así como tamén a xa tradicional ofrenda no cemiterio da Edrada ao pé da tumba do autor dos versos máis fermosos que se compuxeron á terra berciana e ás súas xentes en galego do Bierzo.
A 6ª ESCOLA PENZOL EN HOMENAXE A MORALES
Para todos os interesados e curiosos que queiran saber os actos programados e os títulos das distintas ponencias que se van presentar, mesmo o escenario onde vai ter lugar  o gran estreo da obra coral composta especialmente para este evento sobre certos poemas de Fernández Morales,poderá consultar o programa completo nas seguintes direciois:
morales2011
uvigo.es
INFORME DE URXENCIA
Un informe que foi enviado á Administración Educativa nestes días nos que están realizándose as matrículas para o curso 2011/2012 que será o décimo no que se imparta de xeito optativo gaelgo nos centros docentes do Bierzo. Unha nota de prensa enviada por Héctor M. Silveiro Fernández, como académico correspondente da Real Academia Galega, que reproducimos a continuación explicaba os obxectivos e contidos deste informe:
"Redactamos este informe de urxencia antes de que comece o que será o décimo ano de aplicación exitosa do Programa para a Promoción do Idioma Galego nos centros do Bierzo. A intención que nos move é a de superar os defectos, dinámicas que se veñen repetindo e denunciando, a pesar de chegar a ter 1000 alumnos/as matriculados. O Informe invita a pensar nunha revisión que garanta unha mellora substancial, en sintonía con outras denuncias aparecidas nestes días e por coherencia con outras propostas de mellora que temos enviado en anteriores cursos dirixíndose ás autoridades educativas tanto de Castilla y León como de Galicia.
O desenvolvemento natural do Programa cremos que ten hoxe tres grandes atrancos para medrar e asentarse firmemente na nosa comarca:
1) A falta de información obxectiva que chegue realmente a totalidade dos alumnos/as bercianos sobre o dereito a matricularse e os beneficios de cursar a optativa de galego.
2) A oposición de certos cargos directivos que veñen estando dispostos a boicotear o seu avance nas denominadas charlas informativas das ofertas educativas e/ou no proceso de matrícula nos centros de ensinanza.
3) A pasividade das administracións educativas tanto de Castilla y León, como de Galicia que lonxe de corrixir estes defectos permiten que se repitan curso tras curso crendo tensións innecesarias.
Pola contra e por fortuna, este Programa conta con dous grandes aliados:
1) A cidadanía berciana que soubo captar as vantaxes que ten para o futuro dos seus fillos e fillas, esas máis de 1000 familias sensibles a este enriquecemento  que supón esta optativa e que apoian o programa a día de hoxe.
2) Os propios profesores de galego comprometidos co seu desenvolvemento, a súa divulgación e bo resultado do mesmo.
Unha das cuestións máis urxentes a solucionar sería polo tanto que non se impida de ningún xeito exercer por activa ou por pasiva un dereito a cidadáns que deberían estar obxectivamente informados e deberían estar libres á vez de dirixismos totalmente arbitrarios como vimos apuntando.
Tres son as actuacións de urxencia que propoñemos e detallamos no informe:
1) UNHA IMPLICACIÓN REAL DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA NO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA.
Que se dea un novo impulso ao Programa coa incorporación de novos centros ao mesmo e que se organicen reunións cos pais e nais dos alumnos destes centros bercianos onde aínda non se imparte para informarlles do contido e as vantaxes que supón cursar este Programa.  Que ditas reunións poidan ser organizadas polos profesores do Programa avalados para tal fin pola Administración Educativa, xa que estes poden aclararlles moitas das dúbidas referidas aos aspectos máis prácticos e estritamente docentes do mesmo.
2) UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN DO PROGRAMA PROMOVIDA DESDE A ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA
Toda a comunidade escolar berciana ten dereito á información adecuada e efectiva sobre a oferta educativa da materia do idioma galego nos seus  centros educativos. Esta campaña institucional debería constar de publicidade nos medios de comunicación (prensa, televisión, radio e internet), cartelería específica nos colexios e institutos, e folletos de reparto individualizado entre o alumnado e as súas familias. Neste sentido, recordamos que ante as denuncias sobre a falta de información do Programa unha Resolución do Procurador do Común de Castilla y León, de 12 de novembro de 2004, xa instaba ao “incremento de la publicidad de la enseñanza de la lengua gallega a través de trípticos informativos, carteles y cualesquiera otros medios o instrumentos que se consideren oportunos”. Consideramos que a Consejería de Educación, sete anos despois, coincidindo co décimo ano do programa podería realizar esta actuación acorde co contido daquela resolución. Dita campaña podería ser sufragada a medias coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.
3) UN MODELO ÚNICO DE MATRÍCULA
Trátase de que a Consejería de Educación formalice a oferta de galego, cun modelo de matriculación uniforme para os centros escolares do Bierzo. Ademais incluiría información adicional sobre a titulación que adquiren os alumnos que cursan o programa, titulación oficial de Galicia (títulos CELGA) que se conseguirá ao final de cada nivel educativo superado. Trátase de que a Junta de Castilla y León garanta un currículo escolar no que o alumnado berciano que así o desexe poida escoller o galego na educación non universitaria.
Preséntanse ademais unha batería de propostas a poñer en marcha a curto prazo para ir solucionando outras eivas detectadas na implantación do Galego optativo nas aulas:
Un calendario de discusión e de dinamización do Programa para o curso 2011/12 na liña de crear unha materia optativa de lingua galega en todos os niveis educativos seguindo os criterios que establece a Carta Rexional das Linguas minoritarias de Europa; recuperación dos intercambios de centros galegos e bercianos, e un acto de celebración do Décimo curso da Promoción do galego no Bierzo, delimitación de garantías e programación do Profesorado de Galego así como crear unha estrutura permanente e o tempo precisos para vertebrar e coordinar aos docentes como grupo de traballo, seguimento da xestión dos títulos CELGA no Bierzo entre outras propostas.
Deste informe, do que esta nota é un breve resumo, ten coñecemento a propia Presidencia da Real Academia Galega, foi remitido ao órganos competentes da Consejería de Educación de Castilla y León tanto de Valladolid como de León, mesmo de Ponferrada, ademais da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia coa vista posta no desenvolvemento pleno do potencial que este Programa presenta para a nosa comarca."
BURVAL E AS UNIVERSIDADES DE VIGO E LEÓN POLO PATRIMONIO NATURAL DO BIERZO
O programa é o que segue:
DÍA 1 de Xullo
12:00 – Entrega de documentación aos asistentes.
12:30 – Inauguración do curso: Excmo. e Magnífico Sr. Rector da Universidade de Vigo. Excmo. y Magnífico Sr. Rector de la Universidadde León. Excma. Alcaldesa de Vilafranca do Bierzo
Presentación do Vídeo: Visita guiada ao Museo de Ciencias Naturais e Etnográfico dos PP. Paúles de Vilafranca do Bierzo (León). Josefina Garrido González e José Eduardo Nieto Santín.
16:30 – Os materiales arqueolóxicos do Museo de Ciencias Naturales r etnográfico dos PP. Paúles de Vilafranca do Bierzo (León). Carlos Fernández Rodríguez – Univ. de León
18:30 – Plantas entre dous mundos; flora e vexetación do Bierzo. J. María Sánchez Fernández – Univ. de Vigo
DÍA 2 de Xullo
9:30 – Aproveitamento mineiro dos recursos xeolóxicos do Bierzo. Javier Taboada Castro – Univ. de Vigo
11:45 – Especies exóticas invasoras de invertebrados. Casos no Bierzo. Luis Felipe Valladares – Univ. León
16:00 – Carnívoros da montaña Cantábrica e do Bierzo. Métodos xerais de estudo. Benito Fuertes Marcos – Univ. de León
18:15 – O souto, cara a recuperación dunha paisaxe biocultural. Alfonso Fernández-Manso – Univ. de León
DÍA 3 de Xullo
9:30 – Proxecto Life Margal Ulla: conservando o mexillón de río, recuperando o río. María Paz Ondina Navarret – Univ. Santiago de Compostela
11:45 – Repercusión do cambio climático na vida cotiá. Salvador Fojón Polanco – Univ. de A Coruña
15:00 – Excursión ás Médulas [Patrimonio da Humanidade]. Clausura do curso.
Para maior información:
http://webs.uvigo.es/jgarrido/noticias.es.html
http://apv.uvigo.es/cursos_extension/publico/publico.php?funcion=amosa_info_curso&tipo=1&id_curso=517
http://www.unileon.es/cursos
Os expertos da universidade de Vigo súmanse á mobilización da plataforma "Salvemos o Bierzo" contra a planta de incineración de Cosmos.
Unha nota de prensa sobre a matrícula de galego nos centros do Bierzo
Queremos logo facernos eco destas denuncias e apoialas para evitar que alumnos/as futuros deste programa se deixen influenciar por tan pouco profesionais actuaciois de alguis equipos directivos docentes do Bierzo. O dereito que teñen a recibir clases de galego polo convenio acordado entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León só aporta vantaxes e beneficios aos que o cursan en Secundaria como pode ser recibir unha titulación(CELGA)ao rematar a ESo que os diferenza dos que non se matriculen e que abre portas moi válidas no futuro laboral destes alumnos/as. A información sobre o programa debe estar ao alcance de todos os alumnos/as do Bierzo porque é un dereito que teñen, do que se poden beneficiar e do que non se debe obstaculizar o seu exercicio.
Ademais desta denuncia distintas entidades bercianas tamén denuncian unha situación de desinformación e manipulación.
CADERNO DIDÁCTICO SOBRE MORALES
PRESENTACIÓN DO CADERNO DE TRABALLO ESCOLAR SOBRE FERNÁNDEZ MORALES
Ao celebrarse no ano 2011 o 150 aniversario da publicación dos “Ensayos poéticos en dialecto berciano”(1861),  a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e máis a  Comisión Cultural Martín Sarmiento presentan a primeira parte dun CADERNO de TRABALLO de propostas didácticas dirixidas a distintos niveis escolares (Primaria, a ESO e Bacharelato). Os contidos foron elaborados polo académico correspondente polo Bierzo da Academia Galega, Héctor M. Silveiro Fdez. Para a súa elaboración conta cunha axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística dependente da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia.
As actividades previstas son as que seguen:
Luns 16 de maio
En Ponferrada:
-	 Ás 11 h. ROLDA DE PRENSA, para os medios de comunicación do Bierzo.
En Vilafranca:
-	Presentación nos centros educativos de Vilafranca, CEIP. S. Lorenzo de Brindis e IES. Padre Sarmiento,  ao longo da xornada lectiva da mañá.
En Cacabelos:
-	Ás 16,30 Presentación do Caderno e do Proxecto aos mestres e profesores de galego no Bierzo.
cidindo co Día das Letras .
Crónica da Festa do Maio 2011
Foi unha xornada divertida que preludiaba un día 1º de maio alegre ao que tamén acompañou a chuvia. Esta non foi quen de impedir que tres grupos de maios ( o das Veigas, o do Castelo e o da Rúa da Auga)