O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AULA DA NATUREZA MARTÍN SARMIENTO: Os nomes dos paxaros no Bierzo

Editamos en formato dixital un pequeno traballo que realizamos en papel no 2014 coincidindo coa celebración dos 12 anos do Programa de Promoción do Galego nos centros de ensino do Bierzo que realizou a Comisión Cultural Martín Sarmiento en colaboración coa Asociación Burval en pleno proceso de recuperación do Museo de Ciencias Naturais de Vilafranca do Bierzo.

O ano 2001 a Comisión Cultural “Martín Sarmiento” nacía en Vilafranca do Bierzo coa finalidade de difundir o coñecemento da vida, obra e modus operandi deste erudito ilustrado nacido nunha das rúas máis emblemáticas da nosa vila un 9 de marzo de 1695 cando coa chegada da primavera os cochorros cantan. Nacía así tamén o Proxecto Sarmiento no Bierzo que se propuxo crear, entre outras cousas, unha Aula da Natureza “Martín Sarmiento” en Vilafranca, iniciativa presentada en 2002 e que incluía a recuperación do Museo de Ciencias Naturais, iniciativa que logo promovería, en 2007, o convenio de cesión deste Museo dos Padres Paúis ao goberno municipal.

Máis recentemente, grazas a Asociación Cultural Burval, ratificouse o convenio e levouse a cabo a dinamización do Museo por parte desta entidade coa que colaboramos dende a Comisión Cultural a través de propostas didácticas como a presente.

IR Á PROPOSTA DIDÁCTICA.

Alguis enlaces complementarios:
A curuxa, un paxaro da noite
A carreirega
O cochorro
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO NATURAL - Publicado o 20-08-2018 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal