O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Burval organiza o curso de Extensión Universitaria sobre Patrimonio

Os enlaces de contacto para realizar a matrícula no que aparecen os cursos da Universidade de Vigo:

Nestoutro enlace de información están todos os datos necesarios para realizar a matrícula, ademais de teléfonos de contacto.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-06-2013 07:55
# Ligazón permanente a este artigo
Un nova edición dos Cantares atenta á pegada de Sarmiento
Acaba de ver a luz unha nova edición dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro onde podemos descubrir ao fin, sen prexuízos, a fonda pegada da obra literaria de Sarmiento no Rexurdimento Pleno. Desde que se homenaxeou no seu tricentenario e máis recentemente coa celebración do Día das Letras no ano 2002 a figura do Pai das Letras está día a día ocupando un papel máis determinante á hora de entender os primeiros pasos e evolución da Literatura Galega contemporánea.

Trátase dunha edición crítica con prólogo e comentario realizada polo catedrático da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, que edita Xerais e trae unha actualización dos estudos sobre esta obra senlleira da literatura galega. Un traballo froito de anos de estudo que no seu prólogo destarta que os Cantares de Rosalía foran un libro sen modelo, produto da improvisación ou da espontaneidade. Rosalía, como se demostra con detalle, botou man do modelo creado por Sarmiento no seu Coloquio dos 24 galegos rústicos,e será a xenialidade da autora a que elabore un produto literario equiparable ao seu segundo poemario en importancia e transcendencia para as Letras galegas, para a poesía europea e universal.

Anxo Angueira amosa, unha vez máis e de xeito contundente, a depencia que Rosalía ten dos textos de Sarmiento, como a poeta de Padrón recrea fórmulas empregadas polo frade e como ademais ese modelo (cousa que xa temos constatado noutras ocasións neste mesmo blog) é un común denominador nas obras de moitos autores do Rexurdimento, polo que o Padre Sarmiento se converte en referente fundamental para comprender o movemento literario do que é el o primeiro e máis destacado dos Precursores. A lectura do Coloquio de Martín Sarmiento vólvese así imprescindible para entender con profundidade a obra de Rosalía.



Dende eiquí animamos aos amantes da poesía, do galego e de Rosalía a facerse con esta magnífica edición dos Cantares e damos tamén, os parabens por esta publicación ao seu autor, Anxo Angueira, ao que lle agradecemos de corazón unha vez máis o seu labor de recuperador e difusor da figura do ilustrado galego-berciano.
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A ROSALÍA - Publicado o 09-06-2013 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un eloxio a Sarmiento, un novo documento na rede.
A Real Academia Galega acaba de por a disposición dos internautas un discurso de eloxio do Padre Sarmiento realizado polo estudoso e admirador da figura do erudito,Antolín López Peláez. Trátase dun discurso realizado ao parecer no ano 1910 e que xa podemos consultar en formato pdf na páxina da RAG.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 09-06-2013 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal