O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MORALES NON PUIDO SER
Lois Pereiro descalbagou a Fernández Morales podedes ver a crónica da Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 27-06-2010 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Morales 2011 segue recibindo apoios
A solicitude para que o Día das Letras do 2011 sexa para Fernández Morales segue recibindo apoios públicos esta vez a través dun anuncio conxunto na prensa de 9 entes culturais do Bierzo.

Trátase de asociaciois de diversa índole, dende a máis veterana, O Insttituto de Estudios Bercianos (IEB) atá prácticamente todos os entes que protagonizan actividades da defensa da lingua galega na comarca: Escola de Gaitas de Vilafranca (que na foto aparece ante a tumba do poeta en cacabelos no ano 2002) Fala ceibe, Vagalume ou Xarmenta (que ten convocado xunto co concello de Cacebelos un premio literario para nen@s e moz@s que leva o nome do poeta). Tamén están presentes asociaciois de carácter ecoloxista e amantes da cultura popular, A Morteira ou Taxus. Non podían faltar o colectivo de mestres do galego no Bierzo e a mesma Comisión Cultural Martín Sarmiento, que no seu día, ano 2002, invitara a Academia a realizar un acto de homenaxe ao erudito galego-berciano na sua vila natal.

Pola outra banda sabemos que enviaron á Academia unha solicitude semellant tanto o Concello de Cacabelos como o Consello Comarcal do Bierzo, dúas administraciois, a local e a comarcal que non podían deixar de ratificar o apoio a que Fernández Morales sexa homenaxeado o Dçia das Letras Galegas do 2011.

Así reflicte esta nova na rede tamén Vieiros.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 24-06-2010 07:38
# Ligazón permanente a este artigo
Morales reclamado dende o Bierzo, as Portelas, o Eo -Navia e o Val dos Ellas de Estremadura.
Os Académicos da Galicia non administrativa proponen ao poeta berciano Fernández Morales para as LETRAS GALEGAS do 2011.
Os Académicos correspondentes Carlos Aenlle do Eo-Navia de Asturias, Felipe Lubián das Portelas de Zamora e Domingo Frades do Val do Ellas de Estremadura, apoian a solicitude dirixida á ACADEMIA GALEGA feita dende o Bierzo polo seu compañeiro Héctor Silveiro para que Antonio Fernández Morales sexa o autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas do 2011.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 20-06-2010 05:45
# Ligazón permanente a este artigo
FERNÁNDEZ MORALES, LETRAS GALEGAS 2011
Unha vez celebrado o Día das Letras do ano 2010 desde o Bierzo estamos solicitando á Academia Galega que sexa Fernández Morales, o poeta berciano escollido no 2011 como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas. Por este motivo invitamos a calquera alumn@ do Programa de Galego no Bierzo ( ou a calquera dos seus compañeir@s que se están de acordo remitan un email á secretaria@realacademiagalega.org antes do 25 de xuño, o texto que debería levar o nome de quen asine esta solicitude pode ser o que segue:

Proposta de carta Solicitude a RAG dos alumn@s dos centros de Ensino:

………………………………………………….. alumno/a do IES / CEIP ………………………………… matriculado no programa de Programa para a Promoción do Idioma Galego nos centros de ensino do Bierzo.

Retomando unha solicitude xa realizada ao anterior Presidente da Academia nun acto no Bierzo no ano 2007 no que se propoñía simplemente se considerase nunha data futura sen concretar a Antonio Fernández Morales como autor digno de ser tomado en conta para a celebración do Día das Letras Galegas, diríxome á institución que vostede preside co fin de solicitar que a RAG propoña ao este poeta berciano como figura para ser homenaxeada no próximo ano, 2011, no Día das Letras Galegas coincidindo co cento cincuenta aniversario da publicación do seu libro “Ensayos poéticos en dialecto berciano” (1861), libro publicado dous anos antes dos “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro, obra de gran interese como precursor da escrita en galego do Rexurdimento, un importante aporte a este período realizado dende o Bierzo galegofalante.
Fernández Morales nado en Astorga, viviu dende pequeno e unha gran parte da súa vida en Cacabelos, onde aprendeu galego na convivencia diaria cos seus veciños, do mesmo xeito que hoxe facémolo nós voluntariamente na escola (como seguramente vostede sabe) para así formar parte do seu acervo cultural. Militar liberal e progresista (entre 1841 e 1845 estivo destinado en Tui), foi gobernador militar de varias provincias españolas e entre outros cargos políticos, foi Deputado Provincial por Vilafranca no ano 1872, lugar onde coñecera en 1847 ao filólogo Mariano Cubí, quen o animara a escribir en galego. A pesar dos distintos destinos e ascensos, sempre tivo casa no que consideraba a súa terra, en Cacabelos, onde tamén foi soterrado no cemiterio da Edrada o 16 de agosto do 1896.
Os alumnos/as de galego do Bierzo agradecémoslle pois que faga o posible para que esta solicitude humilde e sincera feita co mellor dos propósitos para o futuro da lingua galega no Bierzo sexa finalmente unha realidade o próximo maio do 2011.

En ………………………… a ………. de xuño 2010
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 13-06-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal