O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LOMCE pode poñer en perigo o Programa de Galego no Bacharelato.
Polo que aparece no BOCYL a LOMCE pon en serios problemas as matrículas do próximo curso en Bacharelato a non ser que haxa unha modificación inmediata do publicado.

A este respecto xa se pronunciaron públicamente con varias notas de prensa Fala Ceibe, Héctor Silveiro e mesmo o BNG remitindo unha proposición á Mesa do Parlamento de Galicia.

As nova aparece así nos medios: Voz de Galicia diario de león bierzo digital

E que responde o goberno de Castela e León? Esta nota saíu o 23 de maio.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 21-05-2015 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015: UN SOÑO NOS LINDEIROS DA GALEGUIDADE DE FILGUEIRA VALVERDE
Celébranse as Letras Galegas no Bierzo nas aulas de galego, unhas dun xeito e outras doutro, pero todas traballaron este tema nesta semana, por exemplo, no IES Padre Sarmiento un encontro musical didáctico coa zanfona como instrumento invitado.

Tamén un colectivo como Fala Ceibe celebrou o venres 14 de maio un bonito recital poético musical en Trabadelo cuxa programación podedes consultar eiquí. E hoxe, 17 de maio, no propio día sae publicado un artigo sobre o autor homenaxeado e a súa relación co Bierzo . (acerca da foto do artigo citado que pertence á homenaxe a Sarmiento realizada no ano 1968)
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-05-2015 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
FOTO CON SARMIENTO POLO GALEGO DO BIERZO

Trátase dunha convocatoria das VII Xornadas Martín Sarmiento para os Intercambios Escolares deste curso 2014-15. Convocouse o 9 de marzo e xa ese día rapaces e rapazas de distintos centros se fotografaron con Sarmiento na Praza Maior de Vilafranca do Bierzo. Estamos preparando unha nova dirección na rede para colgar todas as fotos que chegaron a nós desde os distintos centros de ensino do Bierzo e esperamos que ao longo do mes de maio estea en marcha.

Os centros que participaron foron principalmente os institutos, pero houbo algún dos centros de primaria inscritos no Programa de Promoción de galego que tamén participou.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 17-05-2015 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal