O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alumn@s do BIERZO e MARÍN comezan o camín
Trátase dun proxecto didáctico de comunicación e estudo sobre a cultura e a lingua galegas a desenvolver en conxunto entre alumn@s do Bierzo e de Marín, atendendo a unha invitación da Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca.
Os centros que van participar desta iniciativa son o IES. Padre Sarmiento de Vilafranca do Bierzo e o CPR. San Narciso de Marín .

Os alumn@s que participan inicialmente son de 4ºda ESO coordinados polos seus profesores de galego en Vilafranca e en Marín, que son Xosé Álvarez e Héctor Silveiro,respectivamente.

Imos dar comezo cunha presentación das comarcas e localidades para logo entrar sempre seguindo o "modus opperandi" do Padre Sarmiento nunha peculiar panorámica da historia da lingua a través das súas palabras, procurando palabras que contrasten ou se complementen entre si.
Cada entrada será asinada polos seus autores que son un/unha do Bierzo e outr@ do Morrazo.
Comentarios (0) - Categoría: O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO - Publicado o 12-05-2009 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal