O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CRÓNICA DO DÍA DO GALEGO NO BIERZO, AS XV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO


Este pasado 9 de marzo, día do nacemento de Martín Sarmiento levamos a cabo unha nova edición recuperando para o Día do Galego no Bierzo a normalidade cos encontros dos distintos centros de ensino que participan no Programa de Promoción do Galego, nesta ocasión en Cacabelos (outra das novidades). Cun lixeiro aumento na matrícula por vez primeira tamén en Secundaria (había máis dunha década que isto non ocorría) reunímonos na vila do Cúa para facer a Entrega dos III Premios Antonio Fernández Morales .

DA MAO DO FILANDÓN BERCIANO

Todo o alummado de Secundaria (164 alumnos/as) achegáronse ao CINE FABA dende os cuatro institutos que dan galego no Bierzo para coñecer por boca de Raúl Ochoa, membro do Filandón Berciano, que persegue e como traballa este colectivo. Raúl falou tanto dos obxectivos que perseguen como asociación ata detallar como rescataron falando cos maiores o Entroido de Valtuille de Arriba. Combinou a súa exposición cunha serie de vídeos gravados por el baixo a dirección de Umberto Corral para o Instituto Leonés de Cultura que amosan cal é a súa filosofía de escuitar e darlle importancia ao que nos teñen que contar os maiores, e entre esas cousas fixarse na fala, no léxico que usan nos costumes que relatan. Rematou precisamente poñendo o valor da lingua e no uso das redes para comunicar e dar a coñecer o Patrimonio cultural inmaterial invitando a que entrasen coñecesen máis puntualmente as súas actividades e mesmo entrasen en contacto por medio delas co seu colectivo.

ENTREGA DOS PREMIOS MORALES PAR AO BIERZO E SANABRIA-A SEABRA

Ás 11,3O incorporados ata encher o Cine Faba unha representación dos distintos centros de Primaria que imparten o Programa de Galego no Bierzo ao que se sumaron as autoridades educativas da Junta e da Xunta, provinciais (Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León), locais (representantes dos concellos de Cacabelos, Corullón e Vilafranca) e comarcais (tanto do Consello Comarcal como do Instituto de Estudios Bercianos) que colaboran coas Xornadas Martín Sarmiento, tras unha breve lembranza da figura de Sarmiento e da de Morales por parte de Héctor Silveiro da Comisión Cultural Martín Sarmiento, comezou a Entrega de Premios coa presentación da edición do terceiro volume que editou Edicións Positivas, representada por Franciasco Macías e que coa subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia inclúe todo os debuxos de Primaria e textos de Secundaria premiados correspondentes aos cursos 2020-21 e 2021-22 tanto de alumnos/as baixo que son creaciois a partir dun dos poemas dos Ensayos poéticos en dialecto berciano que se sintetizou baixo o lema "Chegaron os romanos".
Houbo previamente ao acto de entrega en si, unha breve alocución das distintas entidades que apoian este evento. Interviron a Alcaldesa de Cacabelos Irene González, Samuel Martínez representando ao Consello Comarcal do Bierzo, Emilio Gancedo do Instituto Leonés de Cultura (como promotor dun dos premios do concurso), Javier López da Dirección Provincial de Educación de León e Valentín García como Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

ESTREO DA PÁXINA WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG

Foi Paco Macías quen presentou a iniciativa que aspira a servir de referente e un fondo bibliográfico virtual dunha gran parte do material existente ademais de informar sobre todo tipo de eventos sobre a lingua galega na nosa comarca, que a partir do 9 de marzo xa está dando os seus primeiros pasos polas redes. Podedes consultala: ogalegonobierzo.org

ACTUACIÓN DE PAKOLAS

Finalmente houbo unha actuación musical especielmente dirixida ao alumnado de Primaria de Pakolas co espectáculo RAMONA ÓRBITA músico rock en galego que presentaba un novo espectáculo co que brincaron e cantaron ata pasadas as 13 horas, hora prevista para a conclusión desta sesión matinal.

MESA DE TRABALLO: AS ARELAS DE SARMIENTO

Xa en sesión de tarde e e nas instalaciois do MARCA de Cacabelos tivo lugar unha mesa de traballo co profesorado do Programa e distintos representantes das entidades que apoian e colaboran habitualmente coas Xornadas Martín Sarmiento. Tratamos sobre os seguintes temas:
- Situación actual do Programa do Galego no Bierzo
- IV Convocatoria dos Premios Morales para o mes de marzo do curso que vén.
- Nova emisión de Microprogramas de radio escolar en galego nas emisoras bercianas par apromocionar a IV Convocatoria dos Premios Morales.
- Introdución de novas dinámicas nas próximas Xornadas Martín Sarmiento e o Día do Galego no Bierzo.
- Iniciativas da Academia Galega (RAG) e posibles acordos para seguir avanzando no Decálogo de Novos Espazos para o Galego no Bierzo.

Repercusión nos medios:
Bierzodiario
noticias bierzo

Nós Diario
Real Academia Galega


Diario de León
Xunta de Galicia
Radio Galega

Outros artigos relacionados:
A 9 de marzo coas casas natais ás voltas
Falamos Galego

Outras actividades en do 9 de marzo relacionadas con Sarmiento en Galicia:
_ Unha obra de Sarmiento editada polo O Consello da Cultura Galega

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-03-2023 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
O 9 DE MARZO DECLARADO DÍA DO NATURALISMO EN GALICIA NA HONRA DE SARMIENTO

Unha proposta do mestre Rafael López Loureiro ante a
Real Academia Galega das Ciencias e o Consello da Cultura Galega que servirá para homenaxear á figura de Martín Sarmiento no día no que naceu en Vilafranca do Bierzo, o 9 de marzo.
Logo será un bon día para achegarse aos estudos naturais do erudito e mesmo de facer actividades mesmo nas terras do Bierzo ligadas ao coñecemento da Natureza.
Podemos ver a nova en distintos medios:
Nós Diario
Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 01-03-2023 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0