O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un novo anuncio sobre Museo de Ciencias Naturais de Vilafranca
No transcurso das recentes Xornadas Martín Sarmiento xa anunciara Josefina Garrido, a Directora do Museo na súa intervención na Homenaxe a Sarmiento a inclusión do Museo de Ciencias Naturais na rede de Museos de Castilla y León. Esta novidade vén a reforzar o traballo que a Asociación Burval vén realizando. Na seguinte reportaxe de Bierzo TV se detallan aínda máis novidades como a recatalogación parcial dos fondos que terán lugar coa intervención de alumnos da Universidade de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO NATURAL - Publicado o 23-03-2014 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
O eco das VI XORNADAS NA PRENSA
O eco mediático das VI Xornadas correspondeuse co traballo desenvolto e o interese das administraciois en manifestar o seu apoio ao Programa. A presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e ordenación universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, e de destacadas autoridades educativas de Castela e León como son Jesús Hurtado Director general de Recursos Humanos de la Conserjería de Educación de la Junta ou a Directora Provincial de Educación de León Emilia Villanueva.Por outra banda o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta , Valentín García Tamén estivo presente pois foi o seu departamento da Consallaría de Educación quen subvencionou as dúas actuaciois que se levaron a cabo ao longo da mañá no transcurso dos Intercambios escolares Martín Sarmiento. As actuaciois foron HISTORIA DA FALA por Brais Fernández da Xadobela unha especie de monólogo para os alumnos de Secundaria e A NENA E O GRILO un espectáculo destinado ao alumnado de Primaria, ambos tiveron un grande éxito entre os participantes do evento.
Para dar unha idea da repercusión colocamos a continuación alguis enlaces: noticias castilla león diario de león
radio león
leonnoticias
bierzodiario
Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación universitaria da Xunta
Asistiron aos actos a totalidade dos alumnos/as de Secundaria dos catro IES bercianos que imparten o Programa de galego. Podedes ver unha reportaxe feita desde o IES BERGIDUM FLAVIUM.

Na segunda sesión foron máis de 250 alumnos/as de Primaria de 13 centros bercianos, unha representación significativa dos máis de 850 que constitúen o total dos matriculados nesta etapa.

Hai que indicar que tamén estiveron presentes os alumnos/as do CEIP de Lubián (Zamora) que co seus docentes e o o propio alcalde Felipe Lubián participaron da segunda sesión dos Intercambios Escolares Martín Sarmiento.

En breve iremos colgando máis información sobre este e outros actos das VI Xornadas Martín Sarmiento. A reportaxe realizada por Bierzo TV tamén sintetiza moi ben o acontecido en Vilafranca esta fin de semana coincidindo coa data de nacemento de Martín Sarmiento, mesmo recolle en reportaxe aparte a cuestión da Casa Natal.

Xa podedes ver a crónica na páxina da Academia Galega e estoutra reportaxe.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 09-03-2014 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal