O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROGRAMA DAS XII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO HOMENAXE A GONZÁLEZ-ALEGRE

PROGRAMA DE ACTOS

NO CENTENARIO DE
RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE


En 1920 nacía en Vilafranca do Bierzo Ramón González-Alegre. Destacado poeta, crítico literario e dramaturgo. Na súa obra en galego emerxe recorrente o seu Bierzo natal. O río Burbia e o Valcarce serán constante fonte de inspiración ao igual que os seus veciños, os galego-falantes da comarca aos que lles dedica o seu teatro en lingua galega.

A Comisión Cultural “Martín Sarmiento” de Vilafranca, os alumnos/as e docentes do Programa de Promoción do galego na comarca, coa participación da Real Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, alcaldes do Bierzo e o seu Consello Comarcal entre outros entes bercianos renderán homenaxe a súa figura nestas Xornadas, conscientes da necesidade de incorporar novas iniciativas, xunto ao importantísimo labor educativo, para fortalecer o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual Programa de Promoción nos centros escolares e seguir abrindo novos espazos para o galego no Bierzo.

CELEBRAMOS
O DÍA DO GALEGO NO BIERZO

Chegamos xa á doceava edición das Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca asentando, curso a curso, o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo e sumando iniciativas e administraciois locais implicadas. Este día, 9 de marzo, centos de alumnos/as vidos de distintos puntos da comarca presumen de cultura e identidade. Temos a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de arroupar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 18 anos aplicándose e reclama un novo pulo.


Luns 9 de marzo 2020, VILAFRANCA DO BIERZO.
1.ª SESIÓN: : TEATRO VILLAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”

9,30 APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA:
HOMENAXE A GONZÁLEZ-ALEGRE NO SEU CENTENARIO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo que representarán unhas escenas teatrais e recitarán poemas do autor. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.

11,00 h.: No monumento a González- Alegre Ofrenda floral e intervención das autoridades presentes do Concello de Vilafranca, Consello Comarcal do Bierzo, Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León, ante o alumnado de Primaria e Secundaria do Programa de Promoción do Galego no Bierzo. A continuación o alumnado de Secundaria, docentes e as autoridades realizan un pequeno itinerario ata a Casa Natal do autor homenaxeado.

2.ª SESIÓN: Teatro de Vilafranquino.

11,30 APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merallo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora Vilafranca.

13,00 h. CACABELOS
(Salón de actos do MARCA)


CONVOCATORIA DA IIIª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA
NO BIERZO E SANABRIA. Impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas

SESIÓN DE TARDE 9 de marzo
Teatro vilafranquino
“Enrique Gil y Carrasco”


16:30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
Trátase dun encontro de docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre outros a elaboración dun borrador de convenio de colaboración entre a Real Academia Galega e o Consello Comarcal e outras entidades do Bierzo.

18.00 h. CORULLÓN
(Local Social de Corullón)


PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DE
MATERIAIS PARA O GALEGO NO BIERZO
DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO


“UNHA CALA NO BIERZO OCCIDENTAL (Corullón)”
de Elixio Rivas Quintás (Edicións Positivas)

Contaremos coa presenza do autor, da editorial e do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, entidade que subvenciona a edición. Trátase da primera publicación da Comisión Cultural Martín Sarmiento sobre aspectos culturais e lingüísticos localizados nestes caso en Corullón. Este acto servirá de Clausura das XII-Xornadas Martín Sarmiento no Día do Galego no Bierzo.

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-02-2020 05:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal