O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROGRAMA DAS XI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

A Comisión Cultural Martín Sarmiento ao dar comezo á presente edición lembra que foron varias as etapas pasadas e formatos destas Xornadas dende que no ano 2005 as puxemos en marcha coa intención de manter viva a memoria da vida e da obra do erudito nacido en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695. Nunha segunda etapa para a que contamos coa imprescindible colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia demos un paso importante consolidando o denominado Día Escolar do Galego no Bierzo que garantizou a interacción desta figura senlleira das Letras Galegas e do seu legado, especialmente o lingüístico, co alumnado e profesorado do Programa de Promoción do Galego na nosa comarca, así como o conxunto das administraciois responsables do mesmo. Un dos últimos logros das Xornadas Martín Sarmiento no referente á dinamización da lingua na nosa comarca foi a elaboración do Decálogo dos novos espazos para o galego no Bierzo que se aprobou por unamidade no Consello Comarcal do Bierzo o 2 de marzo de 2018 co que promoción lingüística procura novas dimensiois.
Seguindo o fío condutor deste importante acordo institucional quixemos inaugurar, na presente edición das Xornadas, unha etapa na que as administraciois locais bercianas que falan galego teñan un protagonismo especial. É por iso polo que ademais de realizar actividades en Vilafranca, como a vila natal do erudito homenaxeado, imos ir sumando en cada edición a un concello coa idea de desenvolver na localidade escollida un labor específico de promoción da lingua.
Así pois, como reza o lema das Xornadas, este ano 2019 será Corullón a localidade que acolla inicialmente aos alumnos/as de Secundaria, que abordarán eilí os Intercambios do Día Escolar do Galego no Bierzo. Temos que agradecer ao goberno municipal a súa disponibilidade que van permitir con toda seguridade ir asentando en cada un dos concellos galegofalantes iniciativas necesarias de dinamización cultural de interese de cara ao futuro.





*Lembramos que este ano ao coincidir en día non lectivo o aniversario do nacemento de Sarmiento en Vilafranca, o Día Escolar do Galego no Bierzo trasládase ao día 11 de marzo.

Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo.
LUNS 11 de marzo 2019: Corullón/ Vilafranca do Bierzo.

PROGRAMA DE ACTOS
1ª SESIÓN: CORULLÓN
9,30 h. Chegada dos buses dende os centros participantes á Praza maior de Corullón.
ITINERARIO DIDÁCTICO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo, un itinerario didáctico por Corullón, pobo do que falou Sarmiento e que realiza cada centro de Secundaria que participa no Programa de galego e a EOI de Ponferrada. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

12h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León aos centros presentes.

2ª SESIÓN: VILAFRANCA DO BIERZO
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA. TEATRO VILAFRANQUINO
Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.
11,15- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merayo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral de los Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos del Sil,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.

13h.: Rolda de prensa aos medios de comunicación no Salón de Plenos de Vilafranca do Bierzo
Presentación da IIª Edición dos Premios Morales.

Na prensa
No Consello da Cultura Galega
No Bierzotv
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 21-02-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal