O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONVOCADAS E EN MARCHA AS IX XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Este ano vanse celebrar o próximo día 14 de marzo a causa da folga de ensino que está convocada para o día 9 de marzo, cando habitualmente celebramos o Día do Galego nos centros de ensino do Bierzo, dado que é a data na que naceu Sarmiento en Vilafranca do Bierzo.

Este curso ademais estamos de celebración por dous motivos que son o Bicentenario de Antonio Fernández Morales, que esperamos ir enchendo de actividades a partir deste mes de marzo, e os 15 anos de introdución do Programa de galego nos colexios e institutos doe Bierzo e a Seabra.

Os intercambios escolares terán logo como fío condutor ao propio autor dos Ensaios poéticos en dialecto berciano coas dramatizacois que xa preparan os alumnos/as de Secundaria e distintas recreaciois dos seus versos en traballos de plástica que xa están pintando os alumnos/as de Primaria.

Un obxectivo central das Xornadas abordar os problemas que presenta o galego no Bierzo procurando unha serie de actuaciois que repercutan na súa reivindicación e conservación, de aí que na presente edición realicemos un seguimento do catálogo de propostas que baixo o título: Novos espazos para o galego no Bierzo, comezamos a vertebrar o ano pasado tanto no eido do ensino como tamén da administración a cultura e os medios de comunicación bercianos. Este ano o Bicentenario de Morales debe permitir avanzar de forma substancial nas medidas de promoción do galego máis aló dos centros escolares, algo vital para frear a perda de falantes de galego na comarca.


PROGRAMA DAS IX XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

ANTONIO FDEZ. MORALES E O GALEGO NO BIERZO

O bicentenario do cantor do Bierzo en galego, Antonio Fernández Morales que comezamos a celebrar nas IX Xornadas Martín Sarmiento sempre é un bo momento para realizar unha reflexión colectiva sobre unha das metas deste autor, meta na que coincide ademais plenamente con Sarmiento. Referímonos á reivindicación da lingua na que ambos escribiron. É por iso de destacar que serán escolares de todo o Bierzo os que o celebren primeiro no Día do Galego nos centros docentes do Bierzo coincidindo cos 15 anos do comezo deste Programa de Promoción no Bierzo.

CREANDO NOVOS ESPAZOS PARA
O GALEGO NO BIERZO

A situación da lingua galega no Bierzo evidencia unha falta de Planificación e Dinamización lingüística necesarias como reclama o Comité de Expertos para a Carta Europea das linguas Rexionais e minoritarias do Consello de Europa.
Nas últimas ediciois nas sesiois da tarde destas Xornadas, que organiza a Comisión Cultural “Martín Sarmiento” de Vilafranca, coa participación da Real Academia galega, as autoridades educativas autonómicas, alcaldes del Bierzo e o Consello Comarcal entre outros entes bercianos preocupados pola perda de galego-falantes redactamos un catálogo de propostas para fortalecer o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual programa de Promoción nos centros escolares e abrir novos espazos para o galego na comarca que pretendemos impulsar á calor deste 2017, ano do Bicentenario de Morales.

Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo.
martes 14 de marzo 2017, Vilafranca do Bierzo.
1ª SESIÓN: TEATRO VILAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”
9,30h. APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA
Saúdo do Alcalde de Vilafranca.
DRAMATIZACIÓN DE TEXTOS DE FERNÁNDEZ MORALES realizadas polos alumnos/as do Programa de Promoción de galego con motivo do Bicentenario do autor dos Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861).
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

10:10 h. Presentación da EXPOSICIÓN DIDÁCTICA: Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo. Trátase dunha exposición deseñada para coñecer mellor o contexto e contribución do autor á historia da lingua galega no Bierzo e a súa reivindicación como autor do movemento literario do Rexurdimento.
10,30 h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León.

2ª SESIÓN:
11,00h. APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
- Actuación musical "Cantarolas para xente miúda" de Senén Vaamonde subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.

12,40 h.Breve intervención das Autoridades educativas presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.

SESIÓN DE TARDE (14 de marzo)
TEATRO VILAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”

16,30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
MESA DE TRABALLO: SEGUIMENTO DO CATÁLOGO DE PROPOSTAS DE PLANIFICACIÓN E DINAMIZACIÓN: NOVOS ESPAZOS PARA O GALEGO NO BIERZO. Contaremos coa presenza e asesoramento da Real Academia Galega.

1-EDUCACIÓN: Representantes da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Consejería de Educación de la Junta de Castela e León, docentes e directores dos centros e Comisión Cultural.
2- ADMINISTRACIOIS: ALCALDES DO BIERZO OESTE E PRESIDENTE DO CONSELLO COMARCAL.
3- CULTURA: COLECTIVOS CULTURAIS DO BIERZO.
4- MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Periodistas e medios de comunicación da comarca.
5- LITERATURA: Editores e escritores do Bierzo.
HORARIO PREVISTO:
16,30- Intervencións previas e debate.
17,30- Presentación de propostas do catálogo: Novos espazos para o galego no Bierzo para o presente ano 2017 no Bicentenario de Antonio Fernández Morales.

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 22-02-2017 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
A LOMCE SEGUE A SER LESIVA PARA O GALEGO

A pesar da campaña de difusión do Programa que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.
A iniciativa de difundir o programa é positiva, pero parecen pesar máis os horarios e obstáculos que a LOMCE impón desoindo os dereitos lingÚísticos dos alumnos bercianos/as
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 05-02-2017 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal