O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MIL CIREIXAIS EN CORULLÓN PRA O 2016

Unha nova fermosa de carácter ecocultural acaba de chegar aos rotativos neste día no que remata o 2015. Queredes saber de que se trata? Pois, botádelle un ollo a esta iniciativa do alcalde de Corullón no Diario de León.

Como podedes comprobar é unha iniciativa que se basea en tres piares: Un revulsivo para a economía rural de Corullón, unha meta cuantificable e un respecto pola cultura tradicional no seu conxunto. Liderar un proxecto coa cireixa de Corullón é desde logo unha aposta pola súa economía agraria do Bierzo labrego. Empregar o número mil é marcar un obxectivo factible e que ademais vén cargado de simbolismos e literatura. O número mil connota unha cifra máxica que simboliza poder e ten ecos literarios que nos remontan a esas "mil primaveras máis" que reclamaba Cunqueiro. Outramente, e coma o autor de Mondoñedo, os desexos e a posta en valor do propio son comprendidos como un conxunto patrimonial compacto e poderoso que reivindicar. O Alcalde de Corullón usa o galego da zona para darlle nome á campaña: "Mil cireixais" é logo algo máis que unha plantación de árbores. Os homes e mulleres de Corullón defenden así tamén a súa cultura e fala tradicionais coas que definen á terra onde viven.
Mil cireixais é unha posta en valor dun xeito de vida acorde coa tradición, pero con proxección de futuro.
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO NATURAL - Publicado o 31-12-2015 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
O programa das III Xornadas: homenaxe a Sarmiento (II)

Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 31-12-2015 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
A homenaxe a Sarmiento en Vilafranca no ano 1995 (I)

O ano 1995, aínda non existía a Comisión Cultural Martín Sarmiento, foi daquela a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca a que realizou unha homenaxe no mes de setembro na honra de Sarmiento con motivo da celebración do seu tricentenario e deselvonvendo un monográfico sobre o frade bieito galego-berciano nas III Xornadas de Cultura e Lingua Galegas no Bierzo.

Logo, meses despois, publicaríase a memoria das xornadas cando xa se levaran a cabo tamén en Vilafranca, vila natal do erudito, outras actividades de homenaxe como a clausura do Congreso "O padre Sarmiento e o seu tempo" que organizou o Consello da Cultura Galega.
Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 23-12-2015 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
O galego en León (da prensa escrita)
Atopamos este artigo que se fai eco dun xeito singular da presenza do galego en León.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-12-2015 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
A LOMCE E O DEREITO A ESTUDAR GALEGO NO BIERZO
De novo no presente curso 2015/16, o primeiro de aplicación da LOMCE, estamos vendo que ao pasar o galego a ser unha materia de libre configuración no Bacharelato se nos conculcan os dereitos aos bercianos e bercianas.

É o caso de Daniel, o único alumno que cursa fóra de horario escolar e a pesar de todo a materia de galego en condiciois claramente denunciables e tremendamente inxustas no Instituto adre Sarmiento de Vilafranca do Bierzo. Onde estará o dereito de non discriminación por motivo de lingua? Véxase o caso de Dani no recente artigo da Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 08-12-2015 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal