O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO

Este martes, 21 de novembro xuntouse en Compostela a Comisión de seguimento do Programa de Promoción do Galego nos centros escolares de Castela e León do Bierzo e Seabra. Fixéronse públicos os datos das matrículas que volveron a medrar ao aumentar o número de centros de Primaria que imparten dito programa.

Podemos ver a nova en Bierzo Diario

Sabemos que cursar galego é un tanto un eufemismo, porque tanto en Primaria como nos primeiros cursos da ESO dáse en galego outra materia: Plástica na maioría dos centros de Primaria e unha hora semanal de Ciencias Sociais nas aulas da ESO. Cúrsase lingua galega como tal dende 4º da ESO e logo quen o desexa en Bacharelato, sempre que a LOMCE non o impida como así vén sendo nos cuatro últimos cursos nos que o posible alumnado da materia en bacharelato viuse mui reducida pola curiosa circunstancia de ter que asumir dar aulas de galego fóra do horario lectivo habitual no caso de escoller esta materia como optativa, cousa que a pesar dos mandatos unánimes do Parlamento Galego ou das protestas que chegaron tamén ao de Castilla e León, comeza un novo curso con esta clara discriminación. Habería muito logo que matizar sobre estes datos de 1001 alumnos/as de galego para o curso 2017/18. Benvido en todo caso este novo centro de Cubillos e o aumento de matrícula, mais debemos seguir pedindo unha ampliación do número de centros que impartan o Programa de Promoción do Galego no Bierzo como por exemplo: A Veiga de Valcarce, a Veiga de Espiñareda, Quilós, Viladepaus ou Carracedo.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 22-11-2017 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal