O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As viaxes de Sarmiento por Galicia
Son tantos os ecos das viaxes de Sarmiento por Galicia que imos ir recollendo alguis dos que circulan pola rede:

- Na península do Barbarza

- No Monte Pindo. e reseña do seu paso pola comarca Cadoiro-Ézaro.

- Ruta do Salnés. Parada no lugar de: Figueira do Meco (O Grove) e da Orixe do Meco.

- Ao Ferrol.

No Consello da Cultura Galega atopamos unha edición dunha destas viaxes.
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 18-01-2019 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Proximamente o programa do Día do galego no Bierzo

Estamos ultimando o programa das que serán XI Xornadas Martín Sarmiento e o Día do galego nos centros escolares do Bierzo.

Este ano pretendemos seguir dando pasos para consolidar o decálogo de Novos espazos para o galego no Bierzo que como xa sabedes foi unha proposta elaborada por distintas entidades bercianas e galegas, culturais e políticas, asumida como proposta institucional ao ser aprobado por unanimidade no Pleno do Consello Comarcal o pasado 2 de marzo de 2018.

Este ano pretendemos introducir unha serie de iniciativas ligadas aos concellos galegofalantes do Bierzo, de xeito haberá actos ademais de en Vilafranca, vila natal de Sarmiento, noutro dos concellos que será escollido como centro de interese das propias Xornadas. Como o programa está mui avanzado non tardaremos en anunciar o programa de actividades nas que están implicados colectivos culturais, centros de ensino e administraciois locais, comarcal e da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-01-2019 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Cebreiro e a cebra. Disertación sobre o animal cebra de Martín Sarmiento.
Un curioso artigo de Gciencia, páxina web galega moi interesante, permítenos afondar na Disertación sobre o animal cebra do noso erudito, nunha edición do ano 2013.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 06-01-2019 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal