O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CARRO
No Bierzo como en Galicia e unha gran parte do Noroeste o carro era o vehículo habitual de transporte e traballo, un dos elementos do patrimonio material secular que hoxe está practicamente desaparecido. Contan que os ninos de Balouta en Ancares identificaban o dono do carro de lonxe, cos ollos pechos, grazas ao son do seu eixe.

Comentarios (0) - Categoría: BIERZO TRADICIONAL - Publicado o 13-01-2017 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
O ECO DE SARMIENTO NO BANQUETE DE CONXO
Sabemos con maior pecisión a importancia que as ideas sobre Galicia dun ilustrado e erudito como Sarmiento tiveron un eco notable e poderíamos dicir que determinante en varios aspectos dos procesos que os intelectuais progresistas do XIX realizan en distintos momentos, transcendentais para marcar o ritmo de cambios que definen os avances ideolóxcicos do XIX. Aparece esta referencia á difusión da obra de Sarmiento na década dos 50 a través de distintas publicaciois, entre elas o xornal El País ligado ao Partido Demócrata (o primeiro con carácter republicano)como se detalla nesta investigación á que se lle dá pulo nesta nova en Praza Pública no que se di literalmente sobre Luís Rodríguez Seoane, un dos participantes no Banquete de Conxo:

"Forma parte do que podemos chamar xeración do 56, que son os herdeiros da xeración do 46. É un grupo de xente que socializa ao redor do Liceo de la Juventud, no que tamén está Murguía, Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Pondal... Son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela pero teñen a conciencia de que o deber do estudante non é a formación individual, senón poñer o saber que eles adquiren ao servizo do pobo. El móvese no ambiente provincialista e intégrase no Círculo Provincialista de Pontevedra, onde funda o xornal El País. Ese Círculo foi moi importante para a difusión da figura de Sarmiento. Pero Rodríguez Seoane despois colle outro camiño e afástase un pouco da actividade intelectual, centrándose na súa carreira académica e profesional. Participa na Xunta Revolucionaria de 1868, pero nese momento xa non se move nas claves do Partido Demócrata, senón máis ben nun progresismo moderado."
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 07-01-2017 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal