Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Un curso máis desprazáronse a Galicia alumnos/as do Programa de Promoción do galego no Bierzo, unha actividade que promove anualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia como un dos complementos que contribúen á dinamzación de actividades en galego entre o alumnado de galego do Bierzo. Acoden habitualmente tanto rapaces de Primaria como de Secundaria co seu profesorado.
Entre Corullón e Vilafranca a XI edición das Xornadas Martín Sarmiento leváronse a cabo ao longo de día de hoxe.
A primeira sesión comezaba en Corullón. Un Itinerario didáctico guiado por Victoriano Guerrero e Ana Carballo, dúas persoas naturais deste municipio que na fala propia do municipio lles ensinaron e explicaron diversos aspectos da historia local, da economía, costumes, toponimia e da súa riqueza monumental aos alumnos/as de Secundaria, máis dun centenar de rapaces e rapazas dos catro institutos adscritos ao Programa de Galego no Bierzo, ademais dunha representación do Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Ás 11 da mañá, por outra banda, no Teatro de Vilafranca do Bierzo daba comezo a actividade dirixida aos 13 centros bercianos nos que se imparte galego aos que ía dirixida unha actuación do cantautor galego Manoele,un agasallo da Secretaria Xeral de Política lingüística da Xunta de Galicia coa que case 300 ninos e ninas celebraron o Día Escolar do Galego no Bierzo.
Finalmente ás 13 horas tivo lugra unha rolda de prensa na que se presentou os II Premios Morales.
Os alumnos/as de Secundaria do Programa de Promoción do Galego no Bierzo realizarán na mañá do 11 de marzo un Itinerario Didáctico na fala local por Corullón guiados por dúas persoas naturais deste municipio, Victoriano Guerrero, docente xubilado e Ana Carballo da Sección de Literatura do Instituto de Estudos Bercianos, ambos son coñecedores da historia e dos costumes propios do pobo que se vai visitar. Contamos coa colaboración da oficina de turismo da localidade que nos permitirá acceder ao interior de espazos tan emblématicos de Corullón como a Igrexa de San Miguel e San Esteban.
Estarán presentes a totalidade dos alumnos/as dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.
Deixamos eiquí un traballo mui interesante de Victoriano Guerrero, un artigo sobre a fala de corullón editado na memoria das II Xornada da Cultura e da Lingua galega no Bierzo.
Este curso 2018/19 Pakolas (Paco Cerdeira) vén a celebrar o Día Escolar do Galego no Bierzo cos ninos e nenas de Primaria que cursamos o Programa de Promoción de lingua galega. As XI Xornadas Martín Sarmiento contarán de novo coa inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística para facer posible coa súa subvención este magnífico espectáculo.
Será no Teatro Enrique Gil y Carrasco de Vilafranca do Bierzo o próximo luns 11 de marzo ás 11h da mañá.
Asistirán unha representación dos seguintes centros:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.
A Comisión Cultural Martín Sarmiento ao dar comezo á presente edición lembra que foron varias as etapas pasadas e formatos destas Xornadas dende que no ano 2005 as puxemos en marcha coa intención de manter viva a memoria da vida e da obra do erudito nacido en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695. Nunha segunda etapa para a que contamos coa imprescindible colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia demos un paso importante consolidando o denominado Día Escolar do Galego no Bierzo que garantizou a interacción desta figura senlleira das Letras Galegas e do seu legado, especialmente o lingüístico, co alumnado e profesorado do Programa de Promoción do Galego na nosa comarca, así como o conxunto das administraciois responsables do mesmo. Un dos últimos logros das Xornadas Martín Sarmiento no referente á dinamización da lingua na nosa comarca foi a elaboración do Decálogo dos novos espazos para o galego no Bierzo que se aprobou por unamidade no Consello Comarcal do Bierzo o 2 de marzo de 2018 co que promoción lingüística procura novas dimensiois.
Seguindo o fío condutor deste importante acordo institucional quixemos inaugurar, na presente edición das Xornadas, unha etapa na que as administraciois locais bercianas que falan galego teñan un protagonismo especial. É por iso polo que ademais de realizar actividades en Vilafranca, como a vila natal do erudito homenaxeado, imos ir sumando en cada edición a un concello coa idea de desenvolver na localidade escollida un labor específico de promoción da lingua.
Así pois, como reza o lema das Xornadas, este ano 2019 será Corullón a localidade que acolla inicialmente aos alumnos/as de Secundaria, que abordarán eilí os Intercambios do Día Escolar do Galego no Bierzo. Temos que agradecer ao goberno municipal a súa disponibilidade que van permitir con toda seguridade ir asentando en cada un dos concellos galegofalantes iniciativas necesarias de dinamización cultural de interese de cara ao futuro.
*Lembramos que este ano ao coincidir en día non lectivo o aniversario do nacemento de Sarmiento en Vilafranca, o Día Escolar do Galego no Bierzo trasládase ao día 11 de marzo.
Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo. LUNS 11 de marzo 2019: Corullón/ Vilafranca do Bierzo.
PROGRAMA DE ACTOS 1ª SESIÓN: CORULLÓN
9,30 h. Chegada dos buses dende os centros participantes á Praza maior de Corullón.
ITINERARIO DIDÁCTICO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo, un itinerario didáctico por Corullón, pobo do que falou Sarmiento e que realiza cada centro de Secundaria que participa no Programa de galego e a EOI de Ponferrada. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.
12h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León aos centros presentes.
2ª SESIÓN: VILAFRANCA DO BIERZO
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA. TEATRO VILAFRANQUINO
Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.
11,15- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merayo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral de los Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos del Sil,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.
13h.: Rolda de prensa aos medios de comunicación no Salón de Plenos de Vilafranca do Bierzo
Presentación da IIª Edición dos Premios Morales.
Estamos ultimando o programa das que serán XI Xornadas Martín Sarmiento e o Día do galego nos centros escolares do Bierzo.
Este ano pretendemos seguir dando pasos para consolidar o decálogo de Novos espazos para o galego no Bierzo que como xa sabedes foi unha proposta elaborada por distintas entidades bercianas e galegas, culturais e políticas, asumida como proposta institucional ao ser aprobado por unanimidade no Pleno do Consello Comarcal o pasado 2 de marzo de 2018.
Este ano pretendemos introducir unha serie de iniciativas ligadas aos concellos galegofalantes do Bierzo, de xeito haberá actos ademais de en Vilafranca, vila natal de Sarmiento, noutro dos concellos que será escollido como centro de interese das propias Xornadas. Como o programa está mui avanzado non tardaremos en anunciar o programa de actividades nas que están implicados colectivos culturais, centros de ensino e administraciois locais, comarcal e da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.
Editamos en formato dixital un material recuperado sobre toponimia berciana que realizamos na Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo con motivo da I Xornada Martín Sarmiento no ano 2005. IR Á PROPOSTA DIDÁCTICA
Sería de muita axuda podr ir editando vídeos como o presente sobre os nosos topónimos:
Un monográfico sobre as derradeiras lecciois de 100 mestres de Galicia asasinados polo Franquismo inicia a nova andaina da Revista da historia galego-portuguesa de Educación que leva o nome de Sarmiento e que editan as distintas universidades galegas.
Podes consultar o monográfico eiquí