Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EDITADO UN DVD RETROSPECTIVO SOBRE A FESTA DO MAIO |
|
No mes de maio coincidindo coa festa saía ás rúas este DVD editado pola Escola de Gaitas de Vilafranca e que é unha retrospectiva sobre os máis de 25 anos que levan potenciando esta tradición que ten esta peculiar presenza no Bierzo.
Trátase do único maio mozo no territorio de Castela e León, un dos poucos que se conservan no ámbito da cultura galega, pois os as súas coplas que se conservan por tradición oral están no galego do Bierzo. Invitamos a que quen desexe ter este DVD que contén máis de 150 fotos ademais de dous documentais, gravados no ano 1991 por Benxamín Vázquez e outro emitido recentemente no programa da TVG Alalá. É en definitiva un magnífico e imprescindible documento para coñecer mellor o Bierzo Tradicional. |
|
|
|
A FESTA DO MAIO |
|
REVITALIZAR O MAIO : UN TRABALLO DE DIGNIFICACIÓN DO NOSO PATRIMONIO INMATERIAL
Unha vez máis en pleno século XXI unha festa ancestral marcará como todos os anos o comezo da primavera en Vilafranca e no Bierzo. Unha festa popular e participativa, unha festa distinta que vén a rachar coas tebras do escuro inverno, abre as portas e achega aos balcois das casas da vila medieval un rito sinxelo, acompañado dunha sinxela melodía e uns cantos tamén sinxelos que todos os nenos e nenas coñecen a pesar de ser unha vella letra. Todos a repiten desde non se sabe canto tempo. Aí está outra vez un maio mozo, un maio humano apañando as castañas como parte dun rito que soubemos conservar para o futuro, porque de tantos que había noutras vilas do norte, especialmente en Galicia, en todas elas desapareceu haiche ben de tempo. A casualidade e a fidelidade á tradición fixeron preservar unha reliquia viva do noso calendario tradicional, un verdadeiro símbolo desta tipoloxía de festexos e un modelo ideal para o tan cacareado turismo alternativo ou cultural que converte a Vilafranca, por outro motivo máis, nun lugar de referencia na comarca, para veciños e visitantes.
|
|
|
|
|
|
Ola, un saúdo para os nosos colegas de Pontevedra.
Son Óscar espero vervos mañá ou pasado. A ver se xogamos un partido.
Eu son Nerea, gústame xogar ao fútbol. O meu equipo favorito é o Real Madrid.
Eu son Dani, Murdo para os amigos, Estou a morte co Barça., Morte ao Madrid.
Eu son Cecilia, gústame o rap, o meu grupo favorito é Eminen.
Eu son Toni, non vou a Pontevedra este ano, pero espero vervos cando veñades vós, e a ver se imos todos xuntos ás Médulas. |
|
|
|
Breve historia dos Intercambios Escolares |
|
 A raíz da creación no ano 2005 das denominadas Xornadas "Martín Sarmiento" por parte da Comisión Cultural, que nacera en Vilafranca do Bierzo no ano 2001, houbo un intento de integrar de sempre ao mundo do ensino no proceso de difusión da figura do Padre Sarmiento e de que o seu ideario sexa tamén asumido pola sociedade berciana(falamos do seu interese por aprender, dos seus valores didácticos, da recuperación patrimonial desde a natureza, pasando pola historia e, como non, atendendo de xeito especial á lingua galega dada a situación problemática pola que está pasando no Bierzo).
De aí o interese en facer que a experiencia inicial dunha visita de alumn@s e profesores da ESO de galego do Bierzo a Pontevedra ao Instituto Torrente Ballester, as experiencias da Xornadas Escolares no Bierzo no 2005 fosen o xermolo para que b¡nacesen no ano seguinte os denominados Intercambios Escolars "Martín Sarmiento".
OS INTERCAMBIOS ESCOLARES BIERZO?PONTEVEDRA
O Proxecto escolar ou didáctico Martín Sarmiento pon especial fincapé na participación e colaboración dos distintos centros escolares e dos seus profesores á hora de facer realidade a presenza nas aulas da figura, obra de Sarmiento, o interese polo Patrimonio no seu sentido máis amplo e o traballo coa lingua que estudou e amou.
Aínda que houbo pequenos cambios na participación dos centros e do alumnado berciano(especialmente os que dan galego como optativa)son case sempre os mesmos centros os que xa levan participando dos intercambios dende o ano 2006.
Os centros que participaron inicialmente do Proxecto son:
NO BIERZO:
-Unha aula de GALEGO de alumn@s da ESO cos seus profesores de:
-IES. PADRE SARMIENTO de Vilafranca do Bierzo
-IES. BERGIDUM FLAVIUM de Cacabelos.
-IES. EUROPA de Ponferrada.
-IES. VIRGEN DE LA ENCINA de Ponferrada.
-Unha aula de 6º curso de Primaria do:
-CEIP. SAN LORENZO DE BRINDIS de Vilafranca do Bierzo.
EN PONTEVEDRA:
-Unha aula de GALEGO de alumn@s da ESO cos seus profesores do IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra
-Unha aula de 6º curso de Primaria do CEIP. XUNQUEIRA II de Pontevedra.
DATAS PREVISTAS PARA O INTERCAMBIO
Normalmente se veñen realizando no mes de marzo-abril.
No ano 2006 foron:
-23 e 24 de MARZO Centros de Pontevedra en Vilafranca do Bierzo.
-30 e 31 de MARZO centros do Bierzo en Pontevedra.
No ano 2007 foron:
1-2 de marzo: Intercambio escolar en Pontevedra.
27-28 de marzo: Intercambio escolar en Vilafranca e no Bierzo.
No desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos participaron este ano:
- de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca)e CRA Ximena Muñiz (Corullón) e de 1º ESO de Lingua galega dos centros IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).
Este curos 2006/07 foi o segundo curso con esta experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e o tercerio para unha de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor son a figura e obra de Sarmiento e os valores patrimoniais.
MATERIAIS DE TRABALLO DAS VISITAS
Para levar a cabo as diversas actividades didácticas nas visitas a Pontevedra e ao Bierzo elaboranse materiais de traballo que baixo as premisas propostas dende a Comisión Cultural e o profesorado implicado servirán de guieiro fundamental nas distintas experiencias pedagóxicas pensadas. É importante sinalar que a lingua vehicular dos intercambios e dos materias previstos será a lingua materna de Sarmiento e porán o seu centro de interese, ademais do galego, no estudo e o aproveitamento da riqueza patrimonial da que gozan estes dous enclaves relevantes da biografía sarmentiana.
Estes materiais tocarán aspectos tan variados como a Historia, a Xeografía, a Natureza, as Ciencias, a Economía, a Etnografía, a Cultura e a Lingüística.
Os materiais elabóranse nunha última fase coa aportación creativa dos propios alumn@s coa intención de facelos responsables do proceso integralmente. Realizaranse ao longo do mes de febreiro-marzo coa finalidade de que sexan o comezo dunha fórmula didáctica novidosa na que tamén a Comunidade Educativa participe. Enriquecerase así o corpus de materiais didácticos adaptados ás realidades Berciana e Galega.
A posta en común das diversas propostas entre alumn@s dos dous ámbitos servirá tamén como elemento válido de avaliación do intercambio e da súa valoración pedagóxica.
COLABORACIÓN DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, CULTURA E DE EDUCACIÓN
Pola importancia deste tipo de iniciativas de cara a promover un proceso de Normalización Lingüística no Bierzo nas seguintes ámbitos:
-No conxunto da Comunidade Escolar berciana, é dicir, entre o alumnado, o profesorado, nos centros e tamén e especialmente pola incidencia nas familias tanto as que participan de forma entusiasta no intercambio como as que non o fan.
-No tecido cultural singularmente nos entes que colaboran cos intercambio que son a totalidade dos de Vilafranca e unha parte moi significativa do resto da Comarca.
-Na entorno social da comarca que se fai eco destas actividades a través da prensa e medios audiovisuais que acollen estas iniciativas con interese.
-Na administración local e comarcal que tamén apoian os intercambios facilitando os gastos da estancia dos alumn@s que veñen de Pontevedra nos dous días que estean no Bierzo.
Debemos indicar que, ademais dos centros de ensino citados, colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo. O propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, levan estes todos estes anos colaborando e arroupando con gran cariño este proxecto.
Consideramos,finalmente, que os responsables de Normalización como de Educación están interesados neste proxecto ante a transcendencia e repercusión da experiencia presente, interesados no futuro e mellora das mesmas, polo que solicitamos a colaboración das autoridades educativas da Junta de Castilla y León, da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consellería de Cultura e da Consellería de Educación.
A colaboración cremos que podería ir encamiñada tanto a subvencionar a propia viaxe para facilitar e asegurar a presenza de todos os rapaces e rapazas, para que non deixen de participar por impedimentos económicos no intercambio, e, por outra banda, axudar na creación de materiais didácticos axeitados en lingua galega para que esta iniciativa novidosa, a través da cal tentamos aportar unha nova experiencia didáctica coa nosa lingua, sexa un éxito.
|
|
|
|
Que é o Mego da Escola? |
|
O mego na escola naceu no ano 2005 como un caderno de propostas didácticas para promover a elaboración e a recolleita de materiais pedagóxicos arredor das Xornadas ?Martín Sarmiento?. Son materiais que poden partían das propostas de mestres e alumn@s dos centros de ensino de Vilafranca e do Bierzo que participan nunha experiencia de coñecemento da figura do Padre Sarmiento e da defensa dos valores do Patrimonio, especialmente da lingua, como principais obxectivos.
Obxectivo do ano 2008
Agora damos este paso a un formato blog para facilitar o diálogo Bierzo-Galicia especialmente para os alumn@s e profesores que participan do proxecto dos Intercambios Escolares "Martín Sarmiento". Poñemos nas túas maos esta ferramenta de intercambio de experiencias e comunicación para antes, durante e despois da realización dos intercambios.
Aude sapere: Atrévete a saber
O Bierzo e Pontevedra son lugares que hoxe están en dúas Comunidades Autónomas distintas, aínda así compartimos unha boa cantidade de cousas que aparentemente son dispares ou parecen casuais, pero que se as observamos con atención xa non nos parecerán tanta casualidade. Son resultado da nosa historia e do patrimonio que nos identifica. Vivimos en lugares distintos e como tal diferentes na paisaxe (as praias, a costa e o mar fronte aos ríos e montes con neve dos que aquí disfrutamos. Pontevedra ten maior número de habitantes que Vilafranca, é máis unha cidade que unha vila, aínda que as relacións co mundo rural que rodea ás dúas forma parte do seu pasado máis recente. Os contrastes que existen entre pontevedreses e vilafranquinos non son maiores que os que teñen os pontevedreses cós de Valdeorras ou os que viven no Cebreiro, por poñer un par de casos. Fronte o crecemento económico que experimenta Pontevedra, está Vilafranca que supera día a día dificultades para ofrecer traballo aos que viven nela. Pero a pesar das diferenzas hai outros elementos da nosa forma de ser que están máis próximos e teñen muito que ver con esa linguaxe dos sentimentos e da forma de ver o mundo. Mesmo sendo distintos á hora de comer e tendo as nosas exquisitas especialidades como son o marisco e o botelo, non deixamos de tomar un caldo ou un ?pulpo? na feira, ou de ver a Tele Galega con gusto e hai unha mesma lingua que entendemos, lingua que somos capaces de falar sen problemas, porque con variantes distintas, facemos uso dela nas casas, lingua que herdamos como partes que fomos dun mesmo reino medieval, o primeiro destas características en Europa que se chamou Gallaecia, nome que lle puxeron os romanos a un territorio que naquel tempo ía máis aló do Bierzo e ocupaba ademáis da Galicia actual, unha boa parte do Norte de Portugal. Saber máis sobre por qué somos como somos é parte importante da experiencia socializadora que debemos aprender na escola. Eses fenómenos comúns da cultura e do patrimonio que estudou Sarmiento serán o noso centro de atención nesta experiencia didáctica dos INTERCAMBIOS ESCOLARES que levan o seu nome.
Que son os INTERCAMBIOS ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO??
PROXECTO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO e CULTURAL BIERZO-PONTEVEDRA
Forman parte dun intercambio cultural entre o Vilafranca, o Bierzo e Pontevedra, co galego como lingua vehícular a proposta da Comisión Cultural Martín Sarmiento nos que participan centros de Primaria e Secundaria nunha posta en común de materiais didácticos cos seguintes obxectivos:
Pór en marcha iniciativas que permitan colocar o noso patrimonio histórico-artístico, cultural, lingüístico e natural en relación directa coa polifacética obra de Martín Sarmiento para incorporar de forma efectiva a vida, obra e pensamento do ilustrado como baluarte do noso conxunto patrimonial.
Achegarse con curiosidade por saber máis sobre os nosos bens patrimoniais porque nos fan distintos a outras culturas e porque precisan unha atención especial para poder disfrutar da súa existencia.
CON SARMIENTO SABEMOS DO NOSO PATRIMONIO COMÚN
Sarmiento naceu en Vilafranca do Bierzo e escoitou falar por vez primeira galego aquí, a súa nai que era destas terras do interior e podémola imaxinar dicindo: Mirai, mirai que ollos tein este meu Perucho... Ela foi quen lle deu ademais do primeiro leite ese outro alimento do que tamén estamos necesitados, o amor e os aloumiños. Precisamente unha das mellores formas de mostrar os sentimentos cara os nosos seres queridos é a través das palabras. Estamos convencidos de que aquí nace tamén o seu amor polo galego, na súa vila natal, onde o mamou asociado aos cariños maternos. Mais logo foi vivir a Pontevedra, a terra do seu pai e alí medraría falando galego. Un idioma que non abandonaría nunca a pesar de se desprazar lonxe de Galicia, sendo aínda un mozo para comezar a súa educación como monxe benedictino.
Sería moito despois cando se daría conta de que o Bierzo e Pontevedra teñen un patrimonio en común. Iso que Sarmiento observou agora nos resulta máis doado a nós polo feito de que persoas coma el foron abríndonos os ollos para observar con atención a riqueza patrimonial, os bens comúns que temos.
Por iso, seguindo os pasos de Sarmiento, propoñémosche que valores as distintas caras que dan forma ao noso ser, á nosa identidade conformada polo esa herdanza patrimonial. Un patrimonio común do que nos atrevemos a saber e para sentirmos donos responsables e orgullosos.
Esta experiencia de achegarnos aos nosos recursos patrimoniais, compartirémola estudantes do Bierzo e de Pontevedra, dous lugares claves na vida de Sarmiento nos que traballaremos conxuntamente nun intercambio de propostas para saber máis uns e outros sobre a figura, a obra e as preocupaciois deste ilustrado.
En toda experiencia de coñecemento hai un tanto de curiosidade ou interese e outro tanto de satisfación que logo repercuten no saber. Aproveitar esta ocasión para aprender coñecendo novos amigos e amigas, novos lugares cos que tedes seguro moitas cousas en común. E como diría Sarmiento: Aude sapere, ou o que é o mesmo, Atrévete a saber!
|
|
|
|
CASA NATAL DE MARTÍN SARMIENTO |
|
CINCO ANOS DE ESPERA, DESESPERA
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS
PRO CUMPRIMENTO DO CONVENIO DE RECONSTRUCCIÓN DA
CASA NATAL DE MARTÍN SARMIENTO EN VILAFRANCA DO BIERZO.
Nesta primavera que se achega, o 18 de maio cumpriranse cinco anos da sinatura do acordo que comprometía á Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León a reconstruír a CASA NATAL DO PADRE SARMIENTO sita na máis emblemática rúa da vila que o veu nacer hai xa 312 anos. Por iso coincidindo co 9 de marzo comezamos unha campaña solicitando o cumprimento do acordo de reconstrucción de dita casa. As razois para facer necesaria esta reconstrucción son muitas, como poderedes comprobar se ledes o texto que precede ás sinaturas, pero, en primeiro lugar, solicitámolo porque foi asinado polos dous presidentes (Sr. Fraga e Sr Herrera) no ano 2002 data na que se celebraba tamén en Vilafranca o Día das Letras Galegas. É xusto lembrar hoxe que foi VIEIROS quen tamén puxera en marcha unha recollida de sinaturas con Sarmiento como protagonista e que contribuíu sen dúbida a facer posible que a Academia Galega saíse, por vez primeira na súa historia, das fronteiras administrativas para celebrar no Bierzo tal conmemoración.
A modo de augurio da campaña que emprendemos, era precisamente o Presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro, quen, tamén por vez primeira este ano, recordaba en Ponferrada no acto de entrega dos Premios Xarmenta ás autoridades das Comunidades de Galicia e de Castela e León alí presentes, que era preciso acometer a reconstrucción da Casa de Sarmiento.
Os prazos de execución do acordo están xa superados, pero non o acordo en si. Por elo, dende o goberno local de Vilafranca, a través do seu Alcalde, por vía administrativa e tamén nos medios de comunicación nestes últimos anos se denunciou o desinterese que demostraba a Junta de Castilla y León no tema. Pola súa parte, a Xunta, que foi sen dúbida a promotora do acordo, vén manifestando unha clara intención de converter a Casa de Sarmiento nun lugar referencial. De feito a Xunta de Galicia, a de Fraga, foi a que tomando a iniciativa anos atrás compraba a casa, para logo, aínda que con certas neglixencias (como a de deixar derruír o edificio orixinal sen garantías dunha reconstrucción inmediata) viuse na obriga de activar o asunto coa sinatura do convenio pola "casual" decisión da Real Academia de desprazarse a Vilafranca en pleno para homenaxear ao Pai das Letras no Bierzo. O proxecto para a Nova Casa tamén corría a cargo da Xunta que o realizou de inmediato e en decembro do 2002 remitíallo ao goberno de Castela e León quen debía a partir de aí licitar e contratar as obras. Obras que, a pesar de que a Xunta se comprometía a pagar ata o 50% do custe total, a día de hoxe goberno Castelán-leonés aínda non licitou. A Xunta, pois, o único que está incumprindo é realizar un seguimento efectivo da execución da obra, aínda que o novo goberno nos consta que ten manifestado a súa intención de impulsar o proxecto.
A pelota, en todo caso, está no tellado do goberno de Valladolid e cara alí principalmente dirixiremos esta campaña, coa intención de obter respostas e esperemos que logo das palabras veñan as obras.
A Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO naceu tamén á calor da celebración do Día das Letras en honor de Pedro Xosé García Balboa, o mesmo que logo sería o Padre Sarmiento. Nacemos para estudar e dar a coñecer a súa vida e obra, pero especialmente para poñer en práctica o seu "modus operandi", é dicir, ese ideario que o levou a ser un contundente defensor do nosos bens patrimoniais, ademais dun profundo coñecedor dos mesmos, patrimonio nun sentido amplo dende a Historia, a Arte e a Arqueoloxía ata a Natureza, a Literatura e a cultura inmaterial sen esquecer, como ben sabedes, a lingua. A Comisión Cultural leva tamén organizando actividades dende cinco anos. Cinco anos desenvolvendo parcialmente un Proxecto que leva o nome do ilustrado galego-berciano, pero para que tome corpo precisa da reconstrucción da Casa Natal, unha infraestrutura museística e/ou turística por estar ligada ao Camiño de Santiago singularmente, pero á vez un elemento de dinamización cultural de gran importancia.
Algunhas das iniciativas que se veñen realizando son, por exemplo, os INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" entre escolares de Vilafranca e do Bierzo con centros educativos de Primaria e Secundaria de Pontevedra, a outra vila de Sarmiento. Os do presente curso xa foron parcialmente realizados. Corenta rapaces estudantes de galego dos centros escolares de Vilafranca, Cacabelos e Corullón viaxaron a Pontevedra, acompañados do seus mestres, o pasado día 1 e 2 de marzo. Agora esperan a visita dos pontevedreses a Vilafranca e ao Bierzo a finais do presente mes. Seguimos así fieis ao legado do polifacético bieito quen destacou tamén polas súas preocupacións e ideas adiantadas sobre a Educación.
Outra experiencia que puxemos en marcha son os denominados CIRCUÍTOS CULTURAIS coa intención de que música, teatro, literatura e calquera outra manifestación cultural en galego poida estar presente nas terras nas que Sarmiento escoitou galego por vez primeira. E estamos ultimando o programa do que serán as III XORNADAS MARTÍN SARMIENTO, que como vos podedes imaxinar xirarán este ano arredor do patrimonio e as infraestruturas museísticas.
Invitamos, pois, a que todos aqueles que queiran manifestar a súa simpatía co noso proxecto apoien esta campaña asinando nun moi frecuentado blog local http://miradas3-escola.blogspot.com/
que tivo a amabilidade de colgar os textos de encabezamento das sinaturas tanto en versión galega como en castelán, dirixida a Comunidade Autónoma á que pertencemos administrativamente, aínda que nestas ocasiois pareza mentira.
Héctor M. Silveiro Fdez, en calidade de representante da Comisión Cultural Martín Sarmiento.
|
|
|
|
MEMORIA DAS III XORNADAS MARTÍN SARMIENTO |
|
PROGRAMA DAS XORNADAS
1 e 2 de marzo: 1ª FASE DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO?
Xornada Escolar ?Martín Sarmiento?dos nen@s do Bierzo en Pontevedra.
9 de marzo, día do nacemento do ilustrado: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PRO CUMPRIMENTO DO ACORDO PARA A RECONSTRUCCIÓN DA CASA DE SARMIENTO
Sábado 24 de marzo: TEATRO VILAFRANQUINO
19,00 h Presentación:
PROXECTO DA COMISIÓN SARMIENTO PARA A CASA NATAL por HÉCTOR M. SILVEIRO,
coordinador da Comisión Martín Sarmiento
MESA REDONDA sobre:
INFRAESTRUTURAS MUSEÍSTICAS :
A CASA NATAL DE SARMIENTO,
REFERENTE DO CAMIÑO A SANTIAGO
Inservirán:
-Dna. CONCEPCIÓN LÓPEZ BLANCO,
Concejalía de Cultura de Vilafranca.
- D. VICENTE CELA QUIROGA
Alcalde de Vilafranca.
-D. AGUSTÍN GARCÍA MILLÁN,
Deputado Provicial e membro da oposición.
-D. RICARDO RODRÍGUEZ SAAVEDRA
Presidente Consello Comarcal do Bierzo.
-D. FRANCISCO SINGUL LORENZO
S. A. Do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia
-D. ANTONIO AMADO LORENZO
Arquitecto autor do Proxecto da Casa do Padre Sarmiento.
27 e 28 de marzo: 2ª FASE DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO?
Xornada Escolar dos nen@s de Pontevedra no Bierzo.
- Recepción nos centros CEIP. San Lorenzo de Brindis e IES Padre Sarmiento.
- Visita a vila natal de Sarmiento.
- Visita ás Medulas e Mosteiro de Carracedo.
- Recepción oficial no Concello de Vilafranca.
XORNADA DE CLAUSURA
Sábado 28 de abril : TEATRO VILAFRANQUINO
18,00: Ponencia:
PASADO, PRESENTE E FUTURO DO MUSEO DE CIENCIAS DOS PADRES PAÚLES
por P. Manuel Peleteiro
18,30: MESA REDONDA sobre:
UN CONVENIO PARA O FUTURO: MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS DOS P. PAÚIS.( participarán diversos expertos da museística, taxidermia e ciencias naturais)
19,30: Presentación nos Circuítos Culturais ?Martín Sarmiento? coa intervención do director documental FRONTEIRAS,
de Rubén Pardiñas e Carlos Aguilera
Premio Xpresate no III Festival PLAYDOC de Tui ( 2007)
Con esta proxección daranse por clausuradas as Xornadas Martín Sarmiento 2007.
Organiza:
COMISIÓN CULTURAL
MARTÍN SARMIENTO
Patrocinan e colaboran:
Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento
Villafranca del Bierzo
Concellería de Cultura
Concello de Pontevedra
Consejo Comarcal del Bierzo
Dirección Xeral de creación e difusión cultural
Consellería de Cultura e Deporte ( Xunta de Galicia.
A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no inverno do 2001 con dous obxectivos que se celebrasen no ano 2002 o Día das Letras Galegas en Vilafranca do Bierzo e que se chegase a un acordo para a reconstrucción da Casa Natal. Os dous obxectivos foron conseguidos sumándonos así aos actos realizados en toda Galicia en homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS e asinándo a Xunta de Galicia, a ?Junta de Castillla y León? e o Concello de Vilafranca un convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal de Sarmiento.
A Comisión Cultural, como unha coordinadora de asociaciois, entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería de Cultura, vén traballando dende entón para poñer en valor os nosos bens patrimoniais a través dun proxecto de divulgación tomando como referencia a obra do ilustrado Martín Sarmiento un dos mellores baluartes na defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.
As XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO?Son a fórmula anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.
PATRIMONIO, MUSEOS E SABER
Cando pasaron case os 5 anos da sinatura do acordo para a reconstrucción da Casa Natal de Sarmiento pretendemos centrar o noso interese no cumprimento dito acordo. O día 9 de marzo comezamos unha campaña de recollida de sinaturas, tentamos tamén que as distintas autoridades implicadas no proxecto expliquen o pasado o presente e o futuro do acordo e da Casa, e finalmente a propia Comisión presenta as súas ideas e o seu compromiso na dinamización futura da Casa Natal de Sarmiento, que son parte esencial do seu proxecto dende a súa creación.
Hai outra infraestrutura museística de gran interese para Vilafranca pola que tamén apostamos que é o Museo de Ciencias Naturais dos P. Paúis para a que se vai asinar un acordo co goberno municipal coa intención de reubicalo e ampliar o seu contido, para o que a Comsión propón a creación da denominada Aula Ecocultural ?Martín Sarmiento?, un espazo de interpretación da natureza, antropoloxía e etnografía como un todo.
Por último, seguimos traballando no PROGRAMA DIDÁCTICO ?SARMIENTO NA ESCOLA?, a través dos INTERCAMBIOS ESCOLARES?MARTÍN SARMIENTO?(Bierzo-Pontevedra).
1-2 de marzo: Intercambio escolar en Pontevedra: Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca)e CRA Ximena Muñiz ( Corullón) e de 1º ESO de Lingua galega dos centros IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).
27-28 de marzo: Intercambio escolar en Vilafranca e no Bierzo: Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria e de Secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra.
Xa é o terceiro curso con esta experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor son a figura e obra de Sarmiento e os valores patrimoniais. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas ?O MEGO NA ESCOLA? .
Debemos indicar que ademais dos centros citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo como o propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
CIRCUÍTOS CULTURAIS ?MARTÍN SARMIENTO?
O interese por promover unha relación cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA, a Comisión Sarmiento coordine de novo este ano os CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO buscando a súa continuidade coa colaboración do Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. |
|
|
|
MEMORIA DAS II XORNADAS MARTÍN SARMIENTO |
|
PROGRAMA DAS XORNADAS
Xoves 9 de marzo 2006
Xornada Escolar ?Martín Sarmiento?
Sábado 18 de marzo: CASA DA CULTURA
18,00 h PONENCIAS E COMUNICACIOIS:
INTERCAMBIO ESCOLAR ?MARTÍN SARMIENTO?
por XOSÉ ÁLVAREZ GARCÍA,
profesor de galego no IES Padre Sarmiento
A MEMORIA DA SOMOZA NA REDE
por OSWALDO PEREIRA
coodinador das páxinas villafrancadelbierzo.org,
miradas3 e do foro
sobre Vilar de Aceiro.
UN CIPRÉS NUN CONVENTO
NA ÉPOCA DE SARMIENTO
por LOLA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ,
investigadora e etnobotánica, da Comisión
Pro IV Centenario do Ciprés da Anunciada.
UN COMPROMISO CO PATRIMONIO:
XXV ANOS DA ESCOLA DE GAITAS
por HÉCTOR M. SILVEIRO,
coordinador da Comisión Martín Sarmiento
e Pte. da Asociación Escola de Gaitas.
PROXECCIÓN:
BIERZO NATURAL:
HERPETOFAUNA BERCIANA
por PEPO NIETO SANTÍN
fotógrafo e estudioso de fauna berciana.
20.00 h. CONFERENCIA-DIAPORAMA
?UN PASEO POLA ARQUEOLOXÍA DE VALDEORRAS E O BIERZO EN MEMORIA DE MARTÍN SARMIENTO?
por JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ,
Pte. da Sección de Arqueoloxía e Ecoloxía
do Instituto.de Estudos Valdeorreses(IEV)
CIRCUÍTOS CULTURAIS?MARTÍN SARMIENTO?
Sábado 27 de maio : TEATRO VILAFRANQUINO
19,30: Presentación dos Circuítos Culturais ?Martín Sarmiento? coa intervención do Pte. Consello Comarcal e Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .
20.00 h. A continuación a actuación teatral:
O HEROE, de Manuel Rivas
a cargo da compañía
SARABELA TEATRO
Con esta actuación daránse por clausuradas as Xornadas Martín Sarmiento 2006.
Organiza:
COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"
Patrocinan e colaboran:
Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento
Villafranca del Bierzo
Concellería de Cultura
Concello de Pontevedra
Dirección xeral de creación e difusión cultural, da Consellaría e Cultura e Deporte da Xunta e Galicia
II XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO? Vilafranca do Bierzo
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
9 e 18 de marzo - 27 de maio 2006
"AUDE SAPERE" Atrévete a saber!
A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no inverno do 2001 para celebrar no ano 2002 unha homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a ?Junta de Castillla y León? a sinatura dun convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal en Vilafranca.
A Comisión Cultural é unha posta en común aberta de todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería de Cultura, para poñer en valor os nosos bens patrimoniais a través dun proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.
As XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO?Son a fórmula anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
O valor da Memoria como chamamento á reflexión, a mirada ao noso pasado para entender o presente e afrontar o futuro é un elemento imprescindible sempre á hora de abordar un traballo arredor do Patrimonio. Este ano 2006 é ademais un ano no que se dá a circunstancia de que no ámbito comarcal é rico en aniversarios e celebraciois ás que non podemos ser alleos. Destacaremos tamén os importantes traballos que a través das novas tecnoloxías como a Internet están dando os seus froitos na recuperación da memoria.
Unha estreita e vella relación do Bierzo con Valdeorras non nos pode pasar desapercibida de cara a un traballo conxunto sobre un patrimonio común, unha das grandes metas dos proxectos que tentamos poñer a andar.
CIRCUÍTOS CULTURAIS ?MARTÍN SARMIENTO?
O interese por promover unha relación cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA fai que, tras do primeiro paso que supuxo o intercambio propiciado polo goberno municipal de Pontevedra das Xornadas pasadas, a Comisión Sarmiento coordine a posta en marcha este ano dos CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO nos que participan igualmente concellos como os de Pontevedra e Vilafranca, pero que buscando a continuidade e a superación dos actos aillados auspiciamos un convenio entre o Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta para facer realidade esa ligazón activa, necesaria e prometedora no terreo da cultura.
INTERCAMBIO ESCOLAR ?MARTÍN SARMIENTO? ( Bierzo-Pontevedra)
13-14 de marzo:
1ª sesión Intercambio escolar en Vilafranca:
Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria de secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra.
30-31 de marzo:
2ª sesión Intercambio escolar en Pontevedra:
Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca) e de Lingua galega dos centros IES. EUROPA e VIRGEN DE LA ENCINA (Ponferrada), IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).
Xa ano pasado as Xornadas tiveron unha compoñente educativa e desenvolveron un traballo escolar moi significativo, que nos levan a presentar no presente curso unha experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor serán a figura e obra de Sarmiento. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas ?O MEGO NA ESCOLA? .
Debemos indicar que ademais dos centros citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo como a Asociación Berciana da Lingua XARMENTA e do propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .
|
|
|
|
MEMORIA DA 1ª XORNADA MARTÍN SARMIENTO |
|
TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA
A COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"
Naceu no inverno do 2001 para celebrar unha homenaxe no ano 2002 ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a Junta de Castela y León a sinatura dun convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal en Vilafranca. A filosofía da Comisión Cultural pretende implicar a todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca, e mesmo a Concellería de Cultura na defensa do nosos valores patrimoniais, por iso está aberta a todas as persoas que desexen integrarse e colaborar nesta etapa de consolidación deste proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.
AS XORNADAS "MARTÍN SARMIENTO"
As Xornadas "Martín Sarmiento" queren renovar anualmente e dun xeito moi práctico este compromiso con nosos recursos culturais entendidos no sentido máis amplo, para facer un seguimento a diversos proxectos que están madurando e que contribuirán a consolidar infraestructuras moi válidas de estudo e recuperación dos nosos bens patrimoniais. O "audete sapere" é un verdadeiro lema das xornadas. Era unha das máximas de Sarmiento que nos vale para "atrevermos a saber" e a estudar o noso para logo podelo conservar ou transmitir. As Xornadas "Martín Sarmiento" son, en certa medida, debedoras en varios sentidos das Xornadas da Cultura e Lingua galegas no Bierzo que se celebraron en Vilafranca nos anos 90. Coinciden no formato, na defensa da lingua materna de Sarmiento como un elemento central da súa convocatoria e no seu interese por ser unha referencia no movemento cultural do Bierzo.
TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA
A nosa riqueza toponímica pode perderse de non facermos un esforzo real na conservación dos milleiros de nomes de lugar que morrerán cando se calen para sempre as voces dos seus valedores, os nosos maiores. A despoboación, a falta de rigor e interese da administración fan perecer irremediablemente esta parte máis feble do noso patrimonio. Quixemos valorar aquí as posibilidades que temos de manter viva esta parte sustancial do noso patrimonio histórico e cultural. Ademais a toponimia ten derivaciois de gran interese antropolóxico que é un dos aspectos que non desexamos perder no Bierzo, razón pola que incluimos nestas xornadas unha proposta para a realización da cartografía mitolóxica do Bierzo.
Por outra banda, desde o ano 2002 vimos traballando na recuperación do Museo de Ciencias Naturais dos P. Paúles e pola creación dunha Aula da Natureza para o Bierzo co nome de Martín Sarmiento que tería a súa sede en Vilafranca. Sarmiento foi un gran observador da natureza, o seu método de estudo e a súa preocupación polo medio fan del un naturalista de excepción. Comprobarémolo a través dun dos seus traballos e veremos como é posible aplicar o seu modus operandi á hora de observar as peculiaridades da nosa fauna. Hoxe é máis necesario que nunca coñecer para preservar e, no Bierzo, é muito o que podemos facer neste sentido.
VILAFRANCA, O BIERZO E PONTEVEDRA
Se no ano 2002 Vilafranca e Pontevedra se unían para homenaxear ao Padre Sarmiento, daquela percatámonos, bercianos e galegos, da posibilidade de manter unha ligazón activa no terreo cultural e educativo seguindo os pasos do ilustrado nado en Vilafranca e criado en Pontevedra. Nesta ocasión , e confiamos que en anos sucesivos, a Vila de Pontevedra estará presente nas Xornadas comezando así un intercambio cultural que repercuta favorablemente en ambas vilas. Un reto e unha honra que a Comisión agradece publicamente e que está disposta a secundar.
SARMIENTO NA ESCOLA
Precisamente unha das facetas máis prácticas desta Comisión vén ligada a nosa preocupación polo mundo da educación, outra das constantes do pensamento de Sarmiento. Chegar aos centros de ensino con propostas que impliquen a Comunidade Educativa nos fins que perseguimos para que sexan as novas xeraciois de bercianos verdadeiros protagonistas da dinámica de recuperación do noso patrimonio.
Sabes en que lugar vives? Sabes con que animais convives?
"AUDETE SAPERE" Atrévete a saber!
PROGRAMA DE MARZO 2005
9 de Marzo Centros de Ensino
Xornada Escolar "Martín Sarmiento".
12 de Marzo . CASA DA CULTURA
18,00 h. PONENCIAS E COMUNICACIOIS:
" O MEGO DA ESCOLA"por HECTOR M. SILVEIRO, coodinador dun proxecto didáctico da Comisión Sarmiento.
PARA UNHA CARTOGRAFÍA MITOLÓXICA DO BIERZO por ANA FILGUEIRAS REI, arqueóloga e antropóloga.
CSI SARMIENTO. SOS LINCE IBÉRICO por LOLA FDEZ ÁLVAREZ, investigadora e etnobotánica.
PROXECCIÓN:
BIERZO NATURAL por PEPO NIETO SANTÍN estudioso da fauna berciana. Trátase dun traballo fotográfico e de estudo da natureza berciana que conta coa colaboración de Nicanor Nieto Fdez , Nicanor Nieto López, Pedro Valiñas e Alejo Sandes.
20.00 h. CONFERENCIA:
A RECUPERACIÓN TOPONÍMICA E A TOPONIMIA BERCIANA por GONZALO NAVAZA, profesor da Universidade de Vigo, escritor e membro da Comisión Toponímica da Xunta de Galicia.
PROGRAMA DE ABRIL
30 de Abril TEATRO VILAFRANQUINO
Xornada de Clausura
18.00 h Presentación das conclusiois dos traballos didácticos sobre Sarmiento de " O MEGO DA ESCOLA".
20.00 h : Actuación teatral
"A CAÍDA DO CONSELLEIRO" de Anxo Lourido
a cargo da
AULA DE TEATRO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.
NOTA: A representación desta obra é unha colaboración específica coa que a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra quixo estar presente nestas Xornadas coa intención de promover tanto ao uso da lingua materna de Sarmiento, como a un intercambio cultural entre a vila que veu nacer e a vila que veu medrar ao ilustrado galego e berciano.
Organiza: COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"
Patrocina: Concellería de Cultura do ILMO. AYTO. de VILAFRANCA DO BIERZO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|