O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA DOS MAIOS 2011
Xa están o maio florido e fermoso á espera de que pase este mes de abril sempre tan chuvioso, de novo os maios percorrerán as rúas de Vilafranca, xa penduran das cristaleiras da vila e de todo o Bierzo os carteis que anuncian a FESTA DO MAIO 2011 que coma dende hai máis de 30 anos vén organizando a Asociación Cultural " Escola de Gaitas" coa colaboración dunha morea de xente.

Este ano como precedente ao tradicional desfile de maios polas rúas do día 1º de maio, a noite anterior( a do día 30 de abril) poderemos asistir ao seguinte programa de actos:

Ás 5 da tarde no Campairo preparación dos adornos da Rúa da Auga.

Ás 10 da noite RONDA TEATREIRA PRIMAVERAL coa DRAMATIZACIÓN DE POEMAS EN DIALECTO BERCIANO dedicada a Antonio Fernández Morales ao cumprirse os 150 anos da publicación dos “Ensayos poéticos en dialecto berciano” coa participación dos alumn@s do IES Padre Sarmiento, o grupo de teatro local e mais a inestimable colaboración doutros artistas.

A continuación e para rematar esta velada un nutrido número de músicos bercianos actuarán en compaña dun grupo invitado BORDERLINE 79 que vén de Vilagarcía de Arousa e acaba de gañar na capital das Rías Baixas o 1º premio do Encontro dos Locais de Ensaio.

Lembrade que o día 1 de maio saímos cedo a cortar as cañaveiras para vestir en cada barrio aos nosos maios para logo percorrer as rúas e rematar na praza cara as 2 da tarde. Despois terá lugar un xantar para todos os participantes na Praza do Campairo, antiga paraza do mercado de verdura e un dos centros neurálxicos da vila medieval.
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO TRADICIONAL - Publicado o 20-04-2011 05:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal