O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova viaxe de estudantes de galego do Bierzo a Galicia

Hoxe comeza a viaxe dunah morea de centros de primaria e secundaria a Galicia, en total uns 150 rapaces e rapazas que alumn@s de galego no Bierzo que viaxan con algúns dos seus profesores a Santiago, onde realizarán diversas actividades programadas dende a Secretaría de Política Lingüística da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia así como ao Grove onde visitarán un acuario e diversas actividades de acuicultura e tamén a Cuntis pnde terán un encontro moi especial con alumn@s galeg@s. Para coñecer mellor o programa podedes consultar a información que circula pola rede, por exemplo en Bierzo dixital.

A Voz de Galicia está facendo un seguimento curioso da nova educativa procurando describir a día de hoxe a relación de galegos e bercianos, do Bierzo con Galicia, e como non podía ser menos, hai opiniois e decaraciois de todo tipo especialmente aquelas que se refiren a lingua e coas que a prensa provoca unha certa distorsión da realidade. O programa de galego é un éxito e está contrarestando o declinar de galegofalantes entre os máis novos.

Tamén hai que dicir que estas máis de mil rapaces e rapazas e as súas familias, que escolleron o galego de forma voluntaria, son a mellor garantía de difusión futura de Fernández Morales porque grazas a experiencias tan positivas como a da presenza do galego no ensino do Bierzo e Zamora, Galicia debe volver a súa mirada necesariamente cara estas comunidades de galegofalantes estremeiras, estudar e coñecer mellor o que elas ao longo da historia aportaron á cultura de Galicia. Os "Ensayos poéticos en dialecto berciano" publicados por Fernández Morales en 1861, dous anos antes do poemario de Rosalía de Castro co que dá comezo o Rexurdimento, resulta unha obra de gran relevancia, case que ignorada atá o de agora nos manuais de Literatura Galega. Deberíase realizar unha revisión máis equilibrada deste período da nosa Literatura para non deixar á marxe o magnífico aporte desta comunidade de falantes nos lindeiros da galeguidade.
@s alumn@s do Bierzo que estudan e coñecen este poemario serán pois os mellores embaixadores dos valores que para as Letras galegas ten. Lembremos que partiu dun grupo de rapaces e rapazas, do seus mestres e profesores e das súas familias a idea de propoñer a Fernández Morales como figura a homenaxear no próximo 2011 con motivo do Día das Letras Galegas.
Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS ESCOLARES CON GALICIA - Publicado o 12-04-2010 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal