O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MOITO ou MUITO?


Evolución do grupo LT a it

En latín existen varios grupos consonánticos: unións de dúas consonantes xuntas que evolucionaron dunha maneira específica. Entre eles están o KT, o PT, o FT, o BL-, o GL- ou o LT do que falarei agora:
O grupo consonántico LT evoluciona en galego a -oi- ás veces (coma en multum, que evoluciona en moito) e outras evoluciona a –ou- (é o caso de alterum, que evoluciona en outro; saltu a souto, altarium a outeiro)
Pois iso é o que pasa co grupo consonántico LT, a evolución éche así.

Alejandro Roldán Fraga, CPR San Narciso

Moitas ou muitas palabras que no latín tiñan o grupo -LT- acabaron convertendo o L nunha vogal, normalmente I, pero tamén U. Dareiche algúns exemplos bastante frecuentes:

 coitelo < CULTELLU
 escoitar < ASCULTARE
 moito < MULTUS
 outeiro < ALTARIU
 outro < ALTERU
 souto < SALTU
 voitre < VOLTÛRE

Patricia Farelo López, IES Padre Sarmiento
Comentarios (0) - Categoría: O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO - Publicado o 12-07-2009 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal