| Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| CONSERVAMOS F- inicial de palabras do latín |
|
 Conservación do F- INICIAL
En galego, hai moitas palabras procedentes do latín que conservan o F- inicial, cousa que sucede nas demais linguas romances da península salvo no castelán. Algúns exemplos son:
Facer < FACERE
Falar < FABULARI
Fame < *FAMINE
Fariña < FARINA
Fartar < FARTARE
Feder < FOETERE
Femia < FEMINA
Fender < FINDERE
Ferir < FERIRE
Fiar < FILARE
Fibela < *FIBELLA
Fígado < *FICATU
Foder < FOTUERE
Fogar < FOCARE
Fondo < FUNDU
Forno < FURNU
Foxo < FOVEU
Fozar < *FODIARE
Raquel Rodríguez Amigo do IES Padre Sarmiento.
Conservamos o f- inicial , pero entre vogais evoluciona
O meu apelido é Devesa buscando, buscando atopei a súa etimoloxía que é latina.
Devesa en galego asóciase a lugares fértiles na beira dos ríos ou nos montes. En moitos casos estes lugares son terreos resgardados defendidos dos ventos ou acoutados polo propio home. En castelán dise dehesa < defensa era a forma orixinaria en latín. En defensa como podes comprobar o -f- en sílaba interior tende a desaparecer transformándose nun son bilabial en lingua galega, pero en castelán evolucionou de xeito semellante ao f- inicial en latín, é dicir, un h-.
DEVESA NO DICIONARIO:
1 s f BOT/XEOG Carballeira que pode estar coutada e na que pasta o gando.
2 s f BOT/XEOG Ecosistema de creación humana, a partir do bosque mediterráneo espontáneo, formado por pradarías con árbores do xénero Quercus e no que existe unha produción simultánea de gando, caza, leña, carbón e cortiza. A maioría localízanse en solos delgados e pobres, sobre lousas e granitos, xa que os máis produtivos se destinan á agricultura.
Raquel Devesa Acuña do CPR. San Narciso.
|
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
| |
| Ligazóns dende outras webs |
|
|
|
|
|