O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O BIERZO E O MORRAZO, DA MONTAÑA AO MAR
vista da península do MorrazoDESCRICIÓN XEOGRÁFICA DO BIERZO:
O Bierzo é unha comarca situada no noroeste da provincia de León, e abarca uns 3.000 quilómetros cadrados. Limita ao leste e ao sur con León, polo norte con Asturias, e polo oeste con Galicia. O máis característico da comarca é a súa forma de foxa, por estar rodeado por montañas.
Ten un turismo rural baseado na beleza das súas paisaxes naturais como os Ancares, ou creados polo home como As Medulas, unha explotación de ouro realizada polos romanos e agora declarada Patrimonio da Humanidade.
Para facernos unha idea de como é o Bierzo, o mellor é propoñer unha un percorrido por algúns dos seus lugares (de Leste a Oeste). Para empezar, sairemos de Balboa, onde cabe destacar a Igrexa Parroquial con mestura de estilos (románico, renacentista) en cuxo interior atópanse varios retablos, as ruínas dun Castelo, do cal téñense referencias xa no século XIV, e como non, as pallozas, que imita nas vivendas dos nosos antepasados. A continuación visitaremos Vilafranca do Bierzo, coñecida polas súas numerosas igrexas, e onde poderemos visitar a rúa da Auga, o castelo ou gozar das súas festas e celebracións, como a dos maios ou a festa da mestizaxe; e os vales do Burbia e do Valcarce. Seguiremos por Cacabelos que conta cunha ampla variedade de ofertas culturais, turísticas e gastronómicas, destacando as súas festas patronais (A Pascua) e as feiras de maio. Ademais, conta cun Museo de recente inauguración, no que se poden visitar diversos bens patrimoniais. E por último, estaremos en Ponferrada, onde merece a pena destacar o seu castelo, a basílica da Encina, e o Morredero (un monte).

HISTORIA É SIGNIFICADO DA PALABRA BIERZO:
Relacionase este nome co da cidade prerromana ?BERGIDUM?. Nun discutido documento das Actas do Concilio de Lugo do ano 569 ao dar os limites entre as dioceses de Lugo e Astorga, atribúese a esta: (Se Ventosa é o actual Castroventosa, probaría que Bérgido non estivo neste monte). A partir de aquí desaparece o nome atribuído á cidade e empeza a atribuírse a toda a comarca.

ORIXE DO NOME
Adóitase ver na palabra ?BERGIDUM? un composto de dúas bases prerromanas: por un lado a forma ?DUNUM, que significa cidade; e por outro a forma BERG-, que presenta maiores dificultades:
Segundo Abelardo Moralejo trátase dunha base céltica co significado de ?lugar alto?, mentres que Corominas di que a base BERGO significa ?montaña?.
En calquera caso significa ?lugar elevado?, polo que Bierzo podería significar ?cidade nun lugar alto ou rodeado de montañas?. Podes ver un vídeo que fala do topónimo "Bierzo" nos enlaces de máis abaixo.

NATALIA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ ( desde IES. Padre Sarmiento)

O MORRAZO
A comarca do Morrazo, na provincia de Pontevedra, está formada polos concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co Océano Atlántico.
É a comarca máis pequena de Galiza, pero ten 81.228 habitantes, e é unha das cinco máis densamente poboadas.
Na miña opinion é unha das comarcas con máis beleza, pois conta coas illas Cíes e Ons patrimonio cultural, o castro de Cabo Home, ademais dunhas espectaculares vistas da súa costa.
É unha das comarcas máis turísticas, xa que se encontra nas Rías Baixas e é moi pesqueira.
Os principais produtos do mar consumidos e explotados na zona son: o percebe, a navalla, a vieira, o ourizo, o polbo e todo tipo de peixes.

A COMARCA E OS SEUS NOMES:
A palabra comarca provén posiblemente dunha raíz xermánica "marka" que significa: país, fronteira.

MORRAZO: é unha palabra moito máis vella é preindoeuropea seguramente dunha raíz "morr-" que significa rocha ou monte, pois a península do Morrazo remata no Facho de Donón sobre as Illas Cíes, unha especie de espiñazo longo , ´máis ancho no centro e que ten alturas como as de Domaio de 560 mts.

Sobre os nomes dos seus concellos direi que:

Bueu,é un hidrónimo ( nome relacionada coa auga) paleoeuropeo precelta, é dicir, moi antigo. Pode proceder de Budetu(pasando por unha forma intermedia Buedo "lugar onde hai moita buda que en latín era a espadana, planta que nace en zonas de lagoas como defende o Elixio Rivas.

Cangas semella ser un nome de orixe céltica que vén significando "torto ou curvo" aínda que hai 3 teorías sobre a procedencia do nome Cangas:

De Marín xa falaran outros. Cangas é o lugar onde vivo e onde paso os meus mellores momentos da miña vida. En definitiva, para min é o mellor lugar do mundo.

ADRIÁN DAVILA ABAL ( desde o CPR. San Narciso)
VÍDEO TOPÓNIMO BIERZO Ben falado
A MIRADA CIRCULAR SOBRE O BIERZO
Comentarios (0) - Categoría: O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO - Publicado o 12-05-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0