Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MEMORIA DAS II XORNADAS MARTÍN SARMIENTO |
|
PROGRAMA DAS XORNADAS
Xoves 9 de marzo 2006
Xornada Escolar ?Martín Sarmiento?
Sábado 18 de marzo: CASA DA CULTURA
18,00 h PONENCIAS E COMUNICACIOIS:
INTERCAMBIO ESCOLAR ?MARTÍN SARMIENTO?
por XOSÉ ÁLVAREZ GARCÍA,
profesor de galego no IES Padre Sarmiento
A MEMORIA DA SOMOZA NA REDE
por OSWALDO PEREIRA
coodinador das páxinas villafrancadelbierzo.org,
miradas3 e do foro
sobre Vilar de Aceiro.
UN CIPRÉS NUN CONVENTO
NA ÉPOCA DE SARMIENTO
por LOLA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ,
investigadora e etnobotánica, da Comisión
Pro IV Centenario do Ciprés da Anunciada.
UN COMPROMISO CO PATRIMONIO:
XXV ANOS DA ESCOLA DE GAITAS
por HÉCTOR M. SILVEIRO,
coordinador da Comisión Martín Sarmiento
e Pte. da Asociación Escola de Gaitas.
PROXECCIÓN:
BIERZO NATURAL:
HERPETOFAUNA BERCIANA
por PEPO NIETO SANTÍN
fotógrafo e estudioso de fauna berciana.
20.00 h. CONFERENCIA-DIAPORAMA
?UN PASEO POLA ARQUEOLOXÍA DE VALDEORRAS E O BIERZO EN MEMORIA DE MARTÍN SARMIENTO?
por JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ,
Pte. da Sección de Arqueoloxía e Ecoloxía
do Instituto.de Estudos Valdeorreses(IEV)
CIRCUÍTOS CULTURAIS?MARTÍN SARMIENTO?
Sábado 27 de maio : TEATRO VILAFRANQUINO
19,30: Presentación dos Circuítos Culturais ?Martín Sarmiento? coa intervención do Pte. Consello Comarcal e Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .
20.00 h. A continuación a actuación teatral:
O HEROE, de Manuel Rivas
a cargo da compañía
SARABELA TEATRO
Con esta actuación daránse por clausuradas as Xornadas Martín Sarmiento 2006.
Organiza:
COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"
Patrocinan e colaboran:
Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento
Villafranca del Bierzo
Concellería de Cultura
Concello de Pontevedra
Dirección xeral de creación e difusión cultural, da Consellaría e Cultura e Deporte da Xunta e Galicia
II XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO? Vilafranca do Bierzo
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
9 e 18 de marzo - 27 de maio 2006
"AUDE SAPERE" Atrévete a saber!
A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no inverno do 2001 para celebrar no ano 2002 unha homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a ?Junta de Castillla y León? a sinatura dun convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal en Vilafranca.
A Comisión Cultural é unha posta en común aberta de todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería de Cultura, para poñer en valor os nosos bens patrimoniais a través dun proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.
As XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO?Son a fórmula anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
O valor da Memoria como chamamento á reflexión, a mirada ao noso pasado para entender o presente e afrontar o futuro é un elemento imprescindible sempre á hora de abordar un traballo arredor do Patrimonio. Este ano 2006 é ademais un ano no que se dá a circunstancia de que no ámbito comarcal é rico en aniversarios e celebraciois ás que non podemos ser alleos. Destacaremos tamén os importantes traballos que a través das novas tecnoloxías como a Internet están dando os seus froitos na recuperación da memoria.
Unha estreita e vella relación do Bierzo con Valdeorras non nos pode pasar desapercibida de cara a un traballo conxunto sobre un patrimonio común, unha das grandes metas dos proxectos que tentamos poñer a andar.
CIRCUÍTOS CULTURAIS ?MARTÍN SARMIENTO?
O interese por promover unha relación cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA fai que, tras do primeiro paso que supuxo o intercambio propiciado polo goberno municipal de Pontevedra das Xornadas pasadas, a Comisión Sarmiento coordine a posta en marcha este ano dos CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO nos que participan igualmente concellos como os de Pontevedra e Vilafranca, pero que buscando a continuidade e a superación dos actos aillados auspiciamos un convenio entre o Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta para facer realidade esa ligazón activa, necesaria e prometedora no terreo da cultura.
INTERCAMBIO ESCOLAR ?MARTÍN SARMIENTO? ( Bierzo-Pontevedra)
13-14 de marzo:
1ª sesión Intercambio escolar en Vilafranca:
Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria de secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra.
30-31 de marzo:
2ª sesión Intercambio escolar en Pontevedra:
Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca) e de Lingua galega dos centros IES. EUROPA e VIRGEN DE LA ENCINA (Ponferrada), IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).
Xa ano pasado as Xornadas tiveron unha compoñente educativa e desenvolveron un traballo escolar moi significativo, que nos levan a presentar no presente curso unha experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor serán a figura e obra de Sarmiento. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas ?O MEGO NA ESCOLA? .
Debemos indicar que ademais dos centros citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo como a Asociación Berciana da Lingua XARMENTA e do propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|