Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
O Consello da Cultura Galega presenta o tomo I co que conclúe a edición dos 660 plegos de Sarmiento. O pasado 28 de novembro celebrouse un acto para presentar esta voluminosa edición que se encadra no denominado Proxecto Sarmiento e que se fai coincidir co 250 aniversario da súa morte.