O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un novo toque de atención do Consello de Europa sobre o galego

De novo o Consello de Europa advirte que no tocante á promoción, ao uso e ao ensino en galego hai que abordar un cambio porque se considera insuficiente o que se está realizando ata o de agora.

Diversos medios analizan o recente estudo que levou a cabo o Comité de expertos do Consello de Europa tomando como referencia a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias asinada polo Estado Español en 2001.

Este informe provoca a disconformidade do goberno galego, namentres alimenta a crítica dos grupos da oposición e de entes como a RAG ou ILG ou a Mesa que reclaman un cambio.

Sobre o galego exterior ou estremeiro, o Comité sobrancea a escaseza ou ausencia de medidas efectivas no ensino e na administración en Asturias e Estremadura, mentres segue a considerar moi deficiente a oferta educativa en Castela-León.

As administracións asturiana, castelá-leonesa e estremeña ignoran na práctica o seu patrimonio lingüístico e permiten o esmorecemento do galego nestas zonas. O Comité recomenda o establecemento de contactos con comunidades onde se falen “linguas semellantes ou idénticas”, algo ao que se negan repetidamente Asturias e Estremadura, ignorando deste xeito o mandato de Europa.


A Voz de Galicia

RAG

Sermos

Prolingua
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-12-2019 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal