O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A XORNADA SARMIENTO: Un ano máis, un paso máis
Onte celebrouse a VIII edición da Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo, coincidindo co día no que naceu nesta vila berciana, celebrouse un ano máis o Día do Galego nos centros escolares do Bierzo. Xuntáronse con ese motivo no Teatro de Vilafranca, en primeiro lugar, a totalidade dos alumnos/as de Secundaria do Bierzo e unha representación da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, para levar a cabo traducir e interpretar poemas de Antonio Pereira. Unha colaboración coa Fundación Antonio Pereira permitiu que cada un dos alumnos levase un exemplar do libro deste autor Contos da Cábila na súa versión en galego. Houbo tamén unha actuación teatral titulada Sarmiento no Día do galego nos centros escolares do Bierzo que representou o grupo de teatro vilafranquino "Voladores" baixo a dirección de Sara Ortiz.

A media mañá deu comezo unha segunda sesión coa representación dun numeroso grupos de alumnos/as de Primaria dos 12 centros deste nivel de ensino onde se imparte Programa de Promoción do Galego que asistiron a un evento lúdico con Pablo Díaz e a súa banda unha catividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Precisamente as autoridades educativas de Galicia e da Castela e León presentes durante toda a xornada fixeron fincapé na importancia de mellorar o Programa para lograr o seu asentamento e unha contribución a frear a perda de falantes de galego no Bierzo. Tamén se pronunciaron neste sentido o Alcalde de Vilafranca e o Presidente do Consello Comarcal do Bierzo presentes nos actos.

Durante a sesión da tarde, a Mesa de traballo que leva o nome: "as arelas de Sarmiento", propúxose realizar un catálogo de propostas para unha normalización do galego na comarca, potenciando os vellos e abrindo novos espazos para a lingua máis aló do eido da educación. Unha das propostas que maior ilusión e expectación está provocando é a da Candidatura para o Día das Letras Galegas do ano 2017 para Antonio Fernández Morales coincidindo co seu Bicentenario.


Imos ir deixando distintos enlaces coa repercusión mediática que estas Xornadas espertaron:

No bierzodiario que tamén informa sobre a candidatura de Morales


no Diario de León outra noticia

na nueva crónica

outra referencia


Infobierzo

en bierzonoticias, unha reportaxe sobre os intercambios escolares e tamén sobre a candidatura de Morales

na Voz de Galicia neste xornal xa aparecera o propio día 9 esta nova que saíu en todas as ediciois para toda Galicia.

tamén na voz de Galicia

elbierzodigital, tamén estoutra

bierzotv

en Galiciaconfidencial

en sermos

na rtvcyl



Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-03-2016 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal