O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONVOCADAS AS VII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

VII XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO”
8 - 9 marzo/ 1 maio, Vilafranca do Bierzo.

Tras celebrar o curso pasado os 12 años da introdución do Programa de Promoción do Galego nos centros educativos do Bierzo e Sanabria, quixéramos que en el 2015 os Intercambios escolares faciliten nos máis de 1000 alumnos/as de galego esoutra mirada tan necesaria para actualizar e garantir a presenza desta lingua histórica e de cultura que trasfire identidade a nosa comarca e que Sarmiento tanto amou. De aí o lema da presente edición:

A RIQUEZA DA OUTRA MIRADA: Costumes, viaxes e paisaxes bercianas.

A Comisión Cultural “Martín Sarmiento” aborda as VII Xornadas coa idea de realizar un repaso en galego do Bierzo aos costumes, ás viaxes e miradas que sobre a paisaxe berciana fixeron os nosos autores cun claro propósito de afondar nos valores do noso patrimonio entendido este sempre dunha maneira integral: historia, arte, natureza, cultura e lingua. Este repaso permitirá botar mao da figura de Sarmiento como primeira e fundamental referencia, pero tamén de autores diversos que garanten o contraste dese Bierzo que se expresa en castelán o de Gil y Carrasco, do que este ano celebramos o bicentenario, ou que o fai en galego, como Fernández Morales en el siglo XIX, e xa no XX con Carnicer e González-Alegre. Autores todos bercianos que utilizan distintas ópticas, prosa e verso para achegarse ao Bierzo patrimonial con outros ollos, como dicía Proust: «a verdadeira viaxe de descubrimento consiste non en buscar novos paisaxes, senón en mirar con novos ollos».
Contamos coa colaboración espléndida da Secretaría Xeral de Política de la Xunta de Galicia que trae a Vilafranca unas actuaciones didácticas de gran calidad para realizar o propio día en que naceu Sarmiento, afianzando así este encontro de escolares no ¨día do galego nos centros do Bierzo”. Este curso estos INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" contan ademais cunha segunda parte incorporando ao proxecto unha serie de concursos dos que no mes de maio se realizará a entrega de premios.

No apartado mesas redondas de debate que o ano pasado acordamos denominar “os soños de Sarmiento” nesta edición realizaremos dous. Unha titulada: POLÍTICA LOCAL, DOCENCIA E LINGUA que se realizará o mesmo día 9 pola tarde e a outra: VILAFRANCA CAPITAL PATRIMONIAL, que se levará a cabo o día anterior. A primeira busca o eco que na administración local e comarcal ten a incorporación do programa de galego nos centros do Bierzo. A segunda ven sendo un intento de asentar un grupo de iniciativas de cara a poñer en valor o conxunto patrimonial da vila natal do Padre Sarmiento.

PROGRAMA DE ACTOS
Domingo 8 de marzo (Teatro de Vilafranca)
19.00: Mesa de debate: “Os soños de Sarmiento” VILAFRANCA CAPITAL PATRIMONIAL: elaboración dunha proposta de recuperación patrimonial integral coa intervención dos colectivos culturais de Vilafranca e da comarca do Bierzo.

Agradecemos a colaboración dos Centros educativos onde se imparte Programa, dos colectivos e, especialmente, das autoridades locais e autonómicas que subvencionan as VII Xornadas Martín Sarmiento .

Luns 9 de marzo, TEATRO VILAFRANQUINO
SESIÓN DE MAÑÁ:

INTERCAMBIOS ESCOLARES “MARTÍN SARMIENTO”

9,30 h. APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE SECUNDARIA:
1ª SESIÓN: EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE SECUNDARIA: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo sobre A RIQUEZA DA OUTRA MIRADA que realiza cada centro que participa no Programa de galego no Bierzo. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros:

IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego del EOI de Ponferrada.

10:00 h: SARMIENTO E A LINGUA: Brais Fernández de Xandobela. A actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
10,30 h.: Intervención das autoridades presentes da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León.

2ª SESIÓN:
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA. Presentación da iniciativa dos CONCURSOS ESCOLARES “EN GALEGO NO BIERZO COMO MARTÍN SARMIENTO” .

11,15: “MARIA FUMAÇA E ROSALÍA” de Uxía Senlle. A actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.


12,40 h.Breve intervención das Autoridades educativas presentes da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.

SESIÓN DE TARDE do Luns 9 de marzo,
TEATRO VILAFRANQUINO

16,30 h. MESA DE DEBATE: Os soños de Sarmiento.

Tema: POLÍTICA MUNICIPAL, EDUCACIÓN E LINGUA.

Presenta: Héctor M. Silveiro Fdez.
Modera: Ricardo López Témez, xornalista.

Interveñen:
- Representantes de Educación da Junta de Castilla y León e da Xunta de Galicia.
- Representantes do Consello Comarcal e alcaldes do Bierzo.
- Representantes da Comunidade Escolar Berciana: Un director, unha docente e un membro das ANPAS.

8 e 9 de marzo en Vilafranca do Bierzo

ITINERARIO SARMIENTO: Poderán visitarse os puntos QR para realizar un percorrido polos espazos biográficos de Sarmiento na súa vila natal.


1 de maio: TEATRO VILLAFRANQUINO
ENTREGA DO CONCURSO DE PREMIOS "EN GALEGO NO BIERZO, COMO MARTÍN SARMIENTO"

- Premio ao CARTEL DA FESTA DO MAIO 2015.
- Premios aos CALENDARIOS DAS TRADICIOIS, COSTUMES E PAISAXES DO BIERZO.
- Premios da campaña "FOTO CON SARMIENTO POLO GALEGO NO BIERZO".

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 01-03-2015 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal