O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FESTA DO MAIO 2014
Este ano a Festa do Maio de Vilafranca do Bierzo foi unha celebración alegre e vital, con dous obxectivos a cumprir por parte dos seus organizadores, o primeiro de carácter máis íntimo e emocional ao realizar unha lembranza dunha das persoas que traballou arreo pola revitalización deste costume e que hai uns meses nos deixou, polo que o cartel escollido foi unha reedición dun dos que ela realizara anos ha. O segundo é seguir difundindo o espírito da tradición máis aló do propio día e intensificar, como facemos periódicamente, a campaña de promoción da mesma nos Centros de ensino de Vilafranca. Realizamos, pois, varias visitas didácticas, nesta ocasión ao día seguinte da celebración ao IES Padre Sarmiento, ao CEIP San Lorenzo de Brindis e ao Colexio Divina Pastora sendo recibidos con muita calor e cariño, tamén con muita alegría por parte dos nenos e nenas especialmente que manifestaron na súa visión particular da participación emocionada ( uns vestidosde maio, outros tocano, outros collendo as castañas e os cartos… ) nesta festa.

Deixamos a continuación o enlace a Bierzo Cultura co texto do programa da Festa do Maio 2014 que xira ao redor da simboloxía e significado ritual do costume ancestral que mantén en esencia a nosa peculiar festa da primavera. Podedes ver unha reportaxe en BIERZOTV.

Tamén este ano os maios de Vilafranca visitarán o programa LUAR da Televisión de Galicia. Deixamos aquí un enlace ao programa do 30 de maio de 2014 ( desde o minuto 47 comeza a participación dos maiso de Vilafranca).
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO TRADICIONAL - Publicado o 18-05-2014 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal