O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS NOSAS ORIXES, A NOSA CULTURA
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 polo CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada que coordinou Yolanda Luna González


Traballo de plástica realizado polos alumnos/as de 5º e 6º de primaria.
A través da nosa materia, Plástica, imos enfocar diversas formas de expresar o coñecemento da nosa cultura e as personaxes que fixeron posible asistir ao Rexurdimento do galego na nosa terra "O Bierzo".
Partiremos do traballo en plástica mediante a utilización de diferentes técnicas como acuarelas, xices e lapis de cores...etc , e a través da expresión artística e a escrita intentaremos plasmar diferentes textos literarios das orixes do galego na nosa terra, dándolles unha pincelada de cor e vida segundo a percepción de cada un de nós.
Para iso realizaremos dun traballo de investigación no que por grupos buscaremos información dos escritores máis destacados que formaron parte do Rexurdimento do galego: Frei Martín Sarmiento, do século XVIII "Pai das Letras galegas", importante para nós e para todo o pobo galego (precursor do Rexurdimento); o poeta Fernández Morales que encabezou o movemento do Rexurdimento no Bierzo no século XIX e escritores tan destacados e importantes como Rosalia de Castro, coa que nace este movemento cando publica en 1863 "Cantares galegos".
Preguntas que nos faremos e responderemos: que é o Rexurdimento?; que personaxes o fixeron posible?; por que é importante conservar a lingua nai? (importancia cultural, importancia das tradicións, da riqueza expresiva...)
Posteriormente xuntaremos o recopilado e faremos un caderno coas nosas pescudas.
De cada un deles utilizaremos coplas e versos pue nos inspiren na nosa produción plástica. Cada lámina de plástica irá co seu texto literario para non esquecer a nosa cultura. Ao final recopilaremos as nosas experiencias e valoraremos o resultado obtido.
Colocamos a continuación unha montaxe en vídeo que reproduce a reseña deste traballo presentada no acto do día 9 de marzo pasado no Teatro de Vilafranca.

Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 22-03-2012 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal