O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un variado número de traballos de achegamento a Sarmiento
Un variado número de traballos de achegamento a Sarmiento e a Morales realizaron con motivos dos INTERCAMBIOS ESCOLARES MARTÍN SARMIENTO 2012 os nenos e nenas de Primaria dos centros escolares do Bierzo que coa intención de participar desta iniciativa proposta pola Comisión Cultural Sarmiento. A intención de ampliar a experiencia que noutros cursos desenvolveran só centros da vila natal do ilustrado veuse colmada cunha boa e varaiada participación como poderedes comprobar nas distintas entradas que neste blog imos ir colgando todos e cada un destes traballos para que se poidan coñecer en detalle, pois como seguro que xa sabedes, houbo unha presentación colectiva cunha reseña dos mesmos no acto central das IV Xornadas Martín Sarmiento celebradas o pasado día 9 no Teatro de Vilafranca do Bierzo. Alí estiveron presentes e irán aparecendo por esta orde os seus traballos colgados neste blog os seguintes centros:
CRA Toral de Meraio.
CEIP M.L. Ucieda de Toral dos Vados coordinados ambos polo mestre Celso Albino Abella.

CEIP. San Lorenzo de Brindis de Vilafranca do Bierzo, traballos coordinados por Belén Fernández.

CEIP. San Ildefonso de Camponaraia, cuxos traballo coordinou Virxinia Cal.

CRA de Carudedo cuxa mestra é Eva López Rodríguez

CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada, que dirixiu Yolanda Luna González.

Houbo centros que participan do Programa de Promoción de galego no Bierzo, que aínda que non puideron estar o día 9 de marzo en Vilafranca, tamén realizaron traballos que estamos á espera de recibir como é o caso do CEIP. Virgen de la Quinta Angustia de Cacabelos.

Por último, houbo tamén centros, como o Colexio Divina Pastora de Vilafranca que non estando no Programa de promoción da lingua galega por ser un centro concertado, interesáronse en colaborar e participar desta experiencia.
A todos eles queremos felicitar pola súa entusiasta participación e agradecer aos docentes, alumnos/as o seu traballo sen o cal sería imposible a celebración destas xornadas nas que o verdadeiro protagonismo foi seu, así como facer chegar ás directivas dos distintos centros un agradecemento especial por facilitar a súa participación nun proxecto complexo e unha iniciativa que por vez primeira presentaba este formato.
Deixamos aquí un vídeo de hai catro anos que o programa do Ben Falado dedicou ao traballo en galego nas escolas do Bierzo:

Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 18-03-2012 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal