O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INTERCAMBIOS ESCOLARES NA REDE
Os Intercambios Escolares MARTÍN SARMIENTO entre centros do Bierzo e Galicia seguen sendo unha das iniciativas que curso a curso van medrando á vez que se transforman os contidos e os recursos que se utilizan para levar a cabo esta rica experiencia didáctica. Os modelos cos que levamos experimentando foron:

-Viaxes de alumnos/as do Bierzo a Galicia para logo recibir no Bierzo aos compañeiros galegos/as.

-Intercambios epistolares persoais coa finalidade de usar a lingua escrita que estamos estudando entre distintos centros de Galicia e do Bierzo a través do correo tradicional e tamén por medios dixitais como o correo electrónico.

-Intercambios de experiencias didácticas colectivas a través da rede como por exemplo " Camín de Sarmiento de Marín ao Bierzo" do que podedes ver o seu resultado neste mesmo blog.

Este curso tamén estamos a realizar este tipo de experiencias pedagóxicas, c¡xa levamos carteándonos, agora comezamos cos intercambios colectivos na rede con Pontevedra e outros centros do Bierzo que se acolleron ao Programa de promoción do Galego, ao se cumprir 10 anos do seu comezo. Este curso o intercambio denomínase "De Sarmiento a Morales, na procura da identidade". Logo virá a viaxe a Galicia.

Sobre os intercambios deste ano 2012, comezamos xa a recibir material que estamos clasificando para ir colgando con certa orde pois como novidade vai bhaber tanto traballos de Primaria como de Secundaria, polo que decidimos esperar ata o día 9 de marzo, día do nacemento de Sarmiento en Vilafranca do Bierzio, para que poidades a visulizar, usar e difundir estes traballos que realizan centros do Bierzo ( este ano aumentou o número de Centros que participan desta experiencia na comarca bercina tamén se suman algúns traballos dende Pontevedra e algunha que outra sorpresa que mantemos aínda no tinteiro. Estade logo moi atentos/as ás próximas entradas deste blog.
Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS ESCOLARES CON GALICIA - Publicado o 04-03-2012 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal