O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CRÓNICA DAS XII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO


Las jornadas Martín Sarmiento hacen de altavoz para reivindicar el gallego en el Bierzo from Bierzotv on Vimeo.



As XII Xornadas Martín Sarmiento centradas este ano na celebración do centenario do nacemento en Vilafranca do Bierzo do poeta, dramaturgo , editor e ensaísta vilafranquino Ramón González-Alegre acadaron unha vez máis un eco na prensa e nos medios de comunicación que recollen en diferentes titulares algunhas das claves sobre as que xiraron estas xornadas, aínda que case todas destacan o momento no que se realizou a ofrenda floral ante o monumento a González-Alegre na Alameda da súa vila natal.

Comezamos o día coa boa nova da publicación da páxina web do Consello Comarcal do Bierzo en galego.

A SESIÓN COS ALUMNOS/AS DE SECUNDARIA NO TEATRO DE VILAFRANCA: RECITADOS, TEATRO LIDO E DRAMATIZACIOIS DE TEXTOS DE GONZÁLEZ-ALEGRE

Despois dun saúdo de benvida aos alumnos/as e dun agradecemento mui especial aos docentes que prepararon este encontro poético-dramático dos cuatro institutos do Programa de Galego no Bierzo e da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, comezaron os alumnos/as do IES PADRE SARMIENTO de Vilafranca que a modo de anfitriois recitaron un bon número de poemas do libro de Ramón tituladoOs namoros (1961).

A seguir recitou con acompañamento musical o alumnado do IES Virxe da Encina de Ponferrada, antes de cederlle o escenario ao IES Europa, tamén de Ponferrada, que levou a cabo unha versión adaptada, con vestiario e todo, da peza de Teatro Galego Un lóstrego na noite.

Logo o Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada trouxo a dous alumnos que fixeron un recitado inesquecible de poemas pertencentes á revista Alba asinados polo seudónimo de González-Alegre, Fernando Burbia Valcarce, títulos como Urro por Galicia .

Rematou esta primeira sesión no teatro cunha lectura dramatizada na que se entrelazaban tamén versos do noso autor lidos por alumnos/as do IES Bergidum Flavium de Cacabelos aos que se sumou o propio docente de galego.

Crónica fotográfica dos encontros de Secundaria

OFRENDA CONXUNTA DE SECUNDARIA E PRIMARIA DE FLORES DE PAPEL E VERSOS NO MONUMENTO AO AUTOR NA ALAMEDA

Unha vez concluída esta primeira parte do encontro, saímos do teatro cara ao monumento na honra de Ramón González-Alegre na Alameda da vila para participar xunto cos alumnos/as de 14 centros do Programa en Primaria que, unha vez chegados eilí, realizaron unha ofrenda floral de papel e versos dos máis pequeniños, dous recitados, un en representación do alumnado de Primaria (un alumno do CEIP.Valentín García Yebra de Ponferrada) e outro por Secundaria (outro alumno do IES Padre Sarmiento de Vilafranca) na que interviñeron ademais as distintas administraciois que colaboran coa organización das Xornadas Martín Sarmiento, momento que foi amplamente recollido polos medios de comunicación.

SESIÓN MUSICAL NO TEATRO PARA PRIMARIA
A continuación o alumnado de Primaria dirixiuse cara ao Teatro Enrique Gil y Carrasco para ver o espectáculo musical Enredando con Pakolas subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Crónica fotográfica dos encontros de Primaria

ADEUS NA CASA NATAL DE GONZÁLEZ-ALEGRE
Os alumnos/as de Secundaria e a Escola Oficial de Idiomas, entidades colaboradoras como o Instituto de Estudos Bercianos, a Comisión Cultural Martín Sarmiento ademais das autoridades educativas, locais, comarcais e autonómicas partindo do monumento ao noso poeta na Alameda vilafranquina, tras da ofrenda floral, realizaron acto seguido un breve percorrido que foi parando no busto a Sarmiento na propia Alameda, no espazo onde estivo no seu día a casa natal do erudito na Rúa da Auga e poucos metros despois (case en fronte da casa doutro poeta do XIX, natural tamén desta vila, Enrique Gil) detívose a comitiva ante a casa nativa de Ramón. Héctor Silveiro coordinador da Comisión Cultural organizadora dos actos comentou alguis aspectos biográficos sobre o homenaxeado antes de que pechasen a actividade cun recitado musicado do poema Adeus os rapaces/as do IES Virxe da Encina de Ponferrada.

BIERZOTV
BIERZODIARIO
PÁXINA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA
Bierzodigital
DIARIO DE LEÓN
NUEVA CRÓNICA
OSILinfo
Twiter do CEIP Jesús Maestro
PÁXINA WEB CONSELLO COMARCAL DO BIERZO
PÁXINA WEB DA REAL ACADEMIA GALEGA

A CONVOCATORIA DOS III PREMIOS MORALES EN CACABELOS

Ás 13 horas no Salón de actos do Museo Arqueolóxico de Cacabelos, recibiron á comitiva de autoridades e organizadores das XII Xornadas Martín Sarmiento, membros do Grupo As Médulas e o Alcalde e a Concelleira de Cultura do Concello da vila do Cúa para proceder a anunciar publicamente a convocatoria da III Edición dos Premios Morales.

Foi o editor de Edicións Positivas e membro do Grupo As Médulas quen presentou o lema e poema escollido como inspiración para o concurso desta edición dos Premios "Chegaron os romanos"
tirado do poema dedicado á Virxe da Quinta Angustia de Cacabelos e logo foron intervindo as entidades colaboradoras, a Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Bercianos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, un representante da Dirección Provincial de León de Educación en representación da Junta de Castilla y León e os
concellos de Vilafranca, anfitrión das Xornadas Sarmiento e propio Concello de Cacabelos que será o lugar escollido para a entrega dos III Premios Morales.


A MESA DE TRABALLO NA SESIÓN DE TARDE

Esta sesión de tarde celebrouse no Salón de plenos do Concello de Vilafranca estando presentes docentes do Programa de galego no Bierzo, entidades organizadoras e colaboradoras das Xornadas e as administraciois que tamén colaboran coa organización das mesmas. Tras unha análise descritiva que realizou Héctor Silveiro, establecéronse dous puntos na orde do día:
1- Propostas para a mellora do Programa de Promoción do Galego no Bierzo.
2- Borrador para un convenio da RAG e entidades bercianas.

PRESENTACIÓN DA 1ª PUBLICACIÓN DE MATERIAIS PARA O GALEGO NO BIERZO EN CORULLÓN.

No Local social de Corullón coa presenza dun nutrido grupo da corporación municipal de Corullón co alcalde á cabeza, a Comisión Cultural Martín Sarmiento presentou o primeiro libro que edita de cara a abrir novos espazos para o galego no Bierzo cunha serie de materias publicados que recollan aspectos substanciais do patrimonio cultural da fala galega do Bierzo. Para comezar esta vía de traballo escolleuse Unha Cala no Bierzo Occidental (Corullón)de Elixio Rivas Quintas. O autor que estaba previsto estivese presente, por motivos de saúde (ten 94 anos de idade), declinou nos últimos días achegarse ata Corullón. O Alcalde Luis Arias de Corullón con agarimo anunciou que o visitaría na súa residencia en Os Milagres de Ourense para lle agradecer as facilidades que fixeron posible finalmente esta publicación de tanto interese para o concello.
Interviñeron ademais tanto o editor Paco Macías de Positivas como o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que subvencionou a edición, Valentín García e o autor do Prólogo, Héctor Silveiro, tentando describir os contidos e peculiaridades deste magnífico traballo realizado por Elixio Rivas a finais dos anos 80 e concluído a comezos dos 90 en Corullón.


En conclusión, estas Xornadas rematan coa sensación de cumprir cos obxectivos coas que foron deseñadas de acompañar e potenciar o Programa de Promoción do galego na comarca e de ampliar espazos para a nosa fala, deron á luz novas importantes para o galego no Bierzo e viñeron cargadas de novos proxectos que iremos concretando nos próximos meses que servirán á vez de preparación da próxima edición do Día do Galego no Bierzo.


Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-03-2020 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
UN BREVE APUNTAMENTO E UN POEMA DE RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE BÁLGOMA

Ramón González-Alegre Bálgoma (Vilafranca do Bierzo 1920- Vigo 1968)

Naceu na mesma rúa e a uns poucos metros da casa natal do Padre Sarmiento en Vilafranca do Bierzo da que marchou sendo un nino, pero terá sempre mui presente, de feito volverá ao longo da súa vida por tempadas e períodos vacacionais de xeito continuado. En 1924 trasladouse á Coruña, cidade do seu pai, pero en 1926 a familia mudouse a Vilagarcía de Arousa, onde realizou o bacharelato.

Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e foi membro do SEU, primeiro como Delegado provincial de bibliotecas e logo como Xefe provincial de prensa e propaganda. Logo de pasar un tempo como profesor de Universidade en Madrid, e na Coruña, instalouse definitivamente en Vigo (1949).

Dirixiu a revista literaria Alba, clave no rexurdir da poesía galega despois da guerra civil. Da súa obra ensaística destacamos Poesía galega contemporánea (1954) O libro abrangue a poesía do segundo cuarto do século XX, desde 1925 ata a publicación do volume, unha visión xeral de aspectos da poesía galega que o autor considera destacados, seguido dunha análise de diferentes autores e autoras.

Escribiu e publicou varios libros de poemas en castelán entre os que destacamos Clamor de tierra (1950) e El ágape de Dios (1964) e en galego Os namoros (1961), ademais dun conxunto de pezas teatrais baixo o título Teatro Galego (1968).

A causa da súa morte prematura deixou unha parte importante de escritos sen publicar, sendo unha personalidade destacada para o mundo literario galego e berciano en pleno Franquismo dedicando aos galego-falantes do Bierzo ademais de muitos versos, aquela peza de teatro que titulou Farsa dos veciños que aínda segue pendente de ser levada a escena por vez primeira.


Adeus

Adeus tardiña nova en Vilafranca,
porta da señardá que tanto dóe
nas cinzas da i-alma.

Xunto das herbas o fungar do vento
bica as azas dos anxos invisibres,
i-eu che digo adeus, campiño amado,
onde os fillos xogaron co teu nome.

Adeus, adeus, arbres do horto,
os meus choplos amigos, carballeiras
por onde os bicos cheiran a namoro.

Adeus tristura moza das campás
que á tardiña levades os rumores.
En sospiros me vou. Adeus, meus prados,
Que a tristura da noite vén calada.


Os Namoros (1961)




XII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO (na Crónica de León)
(No Bierzodiario)

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 02-03-2020 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DAS XII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO HOMENAXE A GONZÁLEZ-ALEGRE

PROGRAMA DE ACTOS

NO CENTENARIO DE
RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE


En 1920 nacía en Vilafranca do Bierzo Ramón González-Alegre. Destacado poeta, crítico literario e dramaturgo. Na súa obra en galego emerxe recorrente o seu Bierzo natal. O río Burbia e o Valcarce serán constante fonte de inspiración ao igual que os seus veciños, os galego-falantes da comarca aos que lles dedica o seu teatro en lingua galega.

A Comisión Cultural ?Martín Sarmiento? de Vilafranca, os alumnos/as e docentes do Programa de Promoción do galego na comarca, coa participación da Real Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, alcaldes do Bierzo e o seu Consello Comarcal entre outros entes bercianos renderán homenaxe a súa figura nestas Xornadas, conscientes da necesidade de incorporar novas iniciativas, xunto ao importantísimo labor educativo, para fortalecer o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual Programa de Promoción nos centros escolares e seguir abrindo novos espazos para o galego no Bierzo.

CELEBRAMOS
O DÍA DO GALEGO NO BIERZO

Chegamos xa á doceava edición das Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca asentando, curso a curso, o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo e sumando iniciativas e administraciois locais implicadas. Este día, 9 de marzo, centos de alumnos/as vidos de distintos puntos da comarca presumen de cultura e identidade. Temos a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de arroupar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 18 anos aplicándose e reclama un novo pulo.


Luns 9 de marzo 2020, VILAFRANCA DO BIERZO.
1.ª SESIÓN: : TEATRO VILLAFRANQUINO
?ENRIQUE GIL Y CARRASCO?

9,30 APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA:
HOMENAXE A GONZÁLEZ-ALEGRE NO SEU CENTENARIO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo que representarán unhas escenas teatrais e recitarán poemas do autor. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.

11,00 h.: No monumento a González- Alegre Ofrenda floral e intervención das autoridades presentes do Concello de Vilafranca, Consello Comarcal do Bierzo, Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León, ante o alumnado de Primaria e Secundaria do Programa de Promoción do Galego no Bierzo. A continuación o alumnado de Secundaria, docentes e as autoridades realizan un pequeno itinerario ata a Casa Natal do autor homenaxeado.

2.ª SESIÓN: Teatro de Vilafranquino.

11,30 APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merallo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora Vilafranca.

13,00 h. CACABELOS
(Salón de actos do MARCA)


CONVOCATORIA DA IIIª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA
NO BIERZO E SANABRIA. Impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas

SESIÓN DE TARDE 9 de marzo
Teatro vilafranquino
?Enrique Gil y Carrasco?


16:30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
Trátase dun encontro de docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre outros a elaboración dun borrador de convenio de colaboración entre a Real Academia Galega e o Consello Comarcal e outras entidades do Bierzo.

18.00 h. CORULLÓN
(Local Social de Corullón)


PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DE
MATERIAIS PARA O GALEGO NO BIERZO
DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO


?UNHA CALA NO BIERZO OCCIDENTAL (Corullón)?
de Elixio Rivas Quintás (Edicións Positivas)

Contaremos coa presenza do autor, da editorial e do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, entidade que subvenciona a edición. Trátase da primera publicación da Comisión Cultural Martín Sarmiento sobre aspectos culturais e lingüísticos localizados nestes caso en Corullón. Este acto servirá de Clausura das XII-Xornadas Martín Sarmiento no Día do Galego no Bierzo.

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-02-2020 05:43
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRADAS AS XI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Entre Corullón e Vilafranca a XI edición das Xornadas Martín Sarmiento leváronse a cabo ao longo de día de hoxe.

A primeira sesión comezaba en Corullón. Un Itinerario didáctico guiado por Victoriano Guerrero e Ana Carballo, dúas persoas naturais deste municipio que na fala propia do municipio lles ensinaron e explicaron diversos aspectos da historia local, da economía, costumes, toponimia e da súa riqueza monumental aos alumnos/as de Secundaria, máis dun centenar de rapaces e rapazas dos catro institutos adscritos ao Programa de Galego no Bierzo, ademais dunha representación do Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Ás 11 da mañá, por outra banda, no Teatro de Vilafranca do Bierzo daba comezo a actividade dirixida aos 13 centros bercianos nos que se imparte galego aos que ía dirixida unha actuación do cantautor galego Manoele,un agasallo da Secretaria Xeral de Política lingüística da Xunta de Galicia coa que case 300 ninos e ninas celebraron o Día Escolar do Galego no Bierzo.

Finalmente ás 13 horas tivo lugra unha rolda de prensa na que se presentou os II Premios Morales.

Iremos colgando, a seguir, as distintas novas coas que os medios e na rede se fixeron eco das Xornadas Sarmiento.
La Nueva Crónica
Infobierzo
O portal da lingua
Xunta.gal
Diario de León
Bierzonoticias
Bierzo diario
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 11-03-2019 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
ITINERARIO DIDÁCTICO POR CORULLÓN NAS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Corullón from Eridoo on Vimeo.



Os alumnos/as de Secundaria do Programa de Promoción do Galego no Bierzo realizarán na mañá do 11 de marzo un Itinerario Didáctico na fala local por Corullón guiados por dúas persoas naturais deste municipio, Victoriano Guerrero, docente xubilado e Ana Carballo da Sección de Literatura do Instituto de Estudos Bercianos, ambos son coñecedores da historia e dos costumes propios do pobo que se vai visitar. Contamos coa colaboración da oficina de turismo da localidade que nos permitirá acceder ao interior de espazos tan emblématicos de Corullón como a Igrexa de San Miguel e San Esteban.

Estarán presentes a totalidade dos alumnos/as dos centros:

IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

Deixamos eiquí un traballo mui interesante de Victoriano Guerrero, un artigo sobre a fala de corullón editado na memoria das II Xornada da Cultura e da Lingua galega no Bierzo.


Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 06-03-2019 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pakolas no Día Escolar do Galego no Bierzo 2019

Este curso 2018/19 Pakolas (Paco Cerdeira) vén a celebrar o Día Escolar do Galego no Bierzo cos ninos e nenas de Primaria que cursamos o Programa de Promoción de lingua galega. As XI Xornadas Martín Sarmiento contarán de novo coa inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística para facer posible coa súa subvención este magnífico espectáculo.



Será no Teatro Enrique Gil y Carrasco de Vilafranca do Bierzo o próximo luns 11 de marzo ás 11h da mañá.

Asistirán unha representación dos seguintes centros:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.


Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 05-03-2019 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DAS XI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

A Comisión Cultural Martín Sarmiento ao dar comezo á presente edición lembra que foron varias as etapas pasadas e formatos destas Xornadas dende que no ano 2005 as puxemos en marcha coa intención de manter viva a memoria da vida e da obra do erudito nacido en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695. Nunha segunda etapa para a que contamos coa imprescindible colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia demos un paso importante consolidando o denominado Día Escolar do Galego no Bierzo que garantizou a interacción desta figura senlleira das Letras Galegas e do seu legado, especialmente o lingüístico, co alumnado e profesorado do Programa de Promoción do Galego na nosa comarca, así como o conxunto das administraciois responsables do mesmo. Un dos últimos logros das Xornadas Martín Sarmiento no referente á dinamización da lingua na nosa comarca foi a elaboración do Decálogo dos novos espazos para o galego no Bierzo que se aprobou por unamidade no Consello Comarcal do Bierzo o 2 de marzo de 2018 co que promoción lingüística procura novas dimensiois.
Seguindo o fío condutor deste importante acordo institucional quixemos inaugurar, na presente edición das Xornadas, unha etapa na que as administraciois locais bercianas que falan galego teñan un protagonismo especial. É por iso polo que ademais de realizar actividades en Vilafranca, como a vila natal do erudito homenaxeado, imos ir sumando en cada edición a un concello coa idea de desenvolver na localidade escollida un labor específico de promoción da lingua.
Así pois, como reza o lema das Xornadas, este ano 2019 será Corullón a localidade que acolla inicialmente aos alumnos/as de Secundaria, que abordarán eilí os Intercambios do Día Escolar do Galego no Bierzo. Temos que agradecer ao goberno municipal a súa disponibilidade que van permitir con toda seguridade ir asentando en cada un dos concellos galegofalantes iniciativas necesarias de dinamización cultural de interese de cara ao futuro.





*Lembramos que este ano ao coincidir en día non lectivo o aniversario do nacemento de Sarmiento en Vilafranca, o Día Escolar do Galego no Bierzo trasládase ao día 11 de marzo.

Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo.
LUNS 11 de marzo 2019: Corullón/ Vilafranca do Bierzo.

PROGRAMA DE ACTOS
1ª SESIÓN: CORULLÓN
9,30 h. Chegada dos buses dende os centros participantes á Praza maior de Corullón.
ITINERARIO DIDÁCTICO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo, un itinerario didáctico por Corullón, pobo do que falou Sarmiento e que realiza cada centro de Secundaria que participa no Programa de galego e a EOI de Ponferrada. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

12h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León aos centros presentes.

2ª SESIÓN: VILAFRANCA DO BIERZO
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA. TEATRO VILAFRANQUINO
Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.
11,15- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merayo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral de los Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos del Sil,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.

13h.: Rolda de prensa aos medios de comunicación no Salón de Plenos de Vilafranca do Bierzo
Presentación da IIª Edición dos Premios Morales.

Na prensa
No Consello da Cultura Galega
No Bierzotv
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 21-02-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Proximamente o programa do Día do galego no Bierzo

Estamos ultimando o programa das que serán XI Xornadas Martín Sarmiento e o Día do galego nos centros escolares do Bierzo.

Este ano pretendemos seguir dando pasos para consolidar o decálogo de Novos espazos para o galego no Bierzo que como xa sabedes foi unha proposta elaborada por distintas entidades bercianas e galegas, culturais e políticas, asumida como proposta institucional ao ser aprobado por unanimidade no Pleno do Consello Comarcal o pasado 2 de marzo de 2018.

Este ano pretendemos introducir unha serie de iniciativas ligadas aos concellos galegofalantes do Bierzo, de xeito haberá actos ademais de en Vilafranca, vila natal de Sarmiento, noutro dos concellos que será escollido como centro de interese das propias Xornadas. Como o programa está mui avanzado non tardaremos en anunciar o programa de actividades nas que están implicados colectivos culturais, centros de ensino e administraciois locais, comarcal e da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-01-2019 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o Día do Galego no Bierzo

Onte pechábase a décima edición das Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca. Iremos colocando eiquí diversas reportaxes para dar unha idea do que se levou a cabo, dos anuncios que se realizaron e algunhas das propostas que se reflicten nos través de distintos medios:

PREMIOS: TRAS OS PASOS DE MORALES

O DECÁLOGO: NOVOS ESPAZOS PARA O GALEGO NO BIERZO (versión oficial en castelán)
O Pleno do Consello Comarcal aprobaba o pasado 2 de marzo un decálogo de propostas que coloca enriba da mesa e presentou á prensa o día 9 de marzo con motivo das X Xornadas Sarmiento coa intención de comezar a discutilas e concretalas co visto bo e o apoio da Junta de Castela e León e da Xunta de Galicia.
BierzotV
Presentación dos Premios Morales
Bierzo comarca
Diario de León
La nueva crónica
infobierzo
o portal da SXPL
Sobre o decálogo Novos Espazos para o Galego no Bierzo en El Eco del Bierzo
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-03-2018 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Programa das X Xornadas Martín Sarmiento



CELEBRAMOS O DÍA DO GALEGO NO BIERZO
Chegamos xa á décima edición das Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo coa esperanza de ir asentando, curso a curso, o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo. Neste día 9 de marzo centos de alumnos/as vidos de distintos puntos do Bierzo presumen de cultura e identidade. Temos a certeza de que máis aló das aulas este sentimento serán quen de llo contaxiar a outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de arroupar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 16 anos aplicándose e reclama un novo pulo.

NA PROCURA DE NOVOS ESPAZOS PARA O GALEGO NO BIERZO

Debemos ir dando pasos firmes para superar a falta de Planificación e Dinamización lingüística, como reclama o Comité de Expertos para a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias do Consello de Europa. É o momento de que a administración local e comarcal, os medios de comunicación bercianos, as entidades culturais asuman un maior compromiso coa lingua que nos confire personalidade.

A Comisión Cultural ?Martín Sarmiento? de Vilafranca, coa participación da Real Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, alcaldes do Bierzo e o seu Consello Comarcal entre outros entes bercianos preocupados pola perda de galego-falantes cremos necesario incorporar novas iniciativas, xunto ao importantísimo labor educativo, para fortalecer o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual Programa de Promoción nos centros escolares e abrir novos espazos para o galego na comarca.

Programa do Día do Galego nos centros docentes do Bierzo. Venres 9 de marzo 2018, Vilafranca do Bierzo.

1.ª SESIÓN:
9,30 h. APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA:
ITINERARIO DIDÁCTICO NA VILA DE SARMIENTO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo en diferentes espazos da vila natal de Sarmiento.Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego del EOI de Ponferrada.
11,30 h.: Intervención das autoridades presentes do Consello comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León.


2.ª SESIÓN: TEATRO VILAFRANQUINO
?ENRIQUE GIL Y CARRASCO?

11,00 APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
- Espectáculo RADIO BULE-BULE de PACO NOGUEIRAS. Esta actuación musical está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merallo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora Vilafranca.

12:30h. Intervención das autoridades presentes: Alcalde de Vilafranca, Consello Comarcal, Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.


SESIÓN DE TARDE 9 de marzo
TEATRO VILAFRANQUINO
?ENRIQUE GIL Y CARRASCO?

16:30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
Trátase dun encontro para abordar un seguimento das propostas realizadas o ano pasado nestas mesas de traballo e concretar novos compromisos de cara ao 2018 e o galego no Bierzo como poden ser:
- Establecemento de acordos coas administraciois locais e o Consello Comarcal, RAG, Xunta e Junta de Castela e León.
- Convocatoria do Concurso ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES.
- Proposta de cambios nas Xornadas Sarmiento.
- Proseguir coa dinamización da Exposición Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 21-02-2018 05:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0