O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN EPISTOLARIO DE SARMIENTO

De novo volvemos a colgar no noos blog un dos traballos de investigación sobre o amplo e variado epistolario de Sarmiento, realizado na época na que Filgueira Valverde presidía o Consello da Cultura Galega, un dos períodos máis fecundos en canto a divulgar e difundir a figura do noso frade bieito. Sabemos da publicación de outros epistolarios con posterioridade como as Cartas al Duque de medina Sidonia do estudoso berciano Santos Puerto e que editou o Instituto de Estudos Bercianos, pero o presente traballo foi no seu momento un referente á hora de coñecer este denso e peculiar apartado da obra sarmentiana, que define tan ben, por outro lado, a fórmula vital de Martín Sarmiento. Deixamos aquí o Epistolario disposto por X.Filgueira Valverde e Mª Xesús Fortes Alén,na edición de 1975, no que atoparemos un conxunto de cartas a familiares, a amigos e a autoridades.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 12-10-2016 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova un tanto vella!!

O Diario de León vén de publicar unha nova na que cae na conta, de xeito un tanto inxenuo e sensacionalista, de que Sarmiento está sen publicar e que ten unha gran parte da súa obra inédita.

Isto, non é novo, xa se sabe. Se ben a nova é certa, non é tan nova. De feito o Consello da Cultura Galega puxo anos en marcha o Proxecto Sarmiento coa intención de iren editando todo o que o noso convecín escribiu. Mais a cousa vaiche ben a modiño.

Non sabíamos nada desa alarmante desaparición de dous volumes que deberían ser localizados (se cadra son os que están a editar no Consello da Cultura Galega?) e desde logo ser devoltos aos seus custodios seculares. Este si que é un titular alarmante! A Casa de Medina Sidonia garda os vinte tomos con certa lexitimidade dado que o Duque, amigo persoal do padre Sarmiento, foi un dos seus protectores e quen mando facer copia dos escritos do sabio erudito. En gran medida, grazas a esta loable iniciativa pretérita hoxe podemos coñecer de primeira mao a inxente obra do ilustrado vilafranquino galego-berciano.

A publicación destes voluminosos traballos de toda unha vida dun dos máis senlleiros ilustrados do XVIII e pai das Letras Galegas, ademais de ser de gran interese para numerosísimos campos do saber, teñen o desgraciado inconveniente de ter un custe máis ou menos elevado, dependendo do quen a realice, claro. Pode ser difícil de asumir de golpe ao Consello da Cultura Galega, pero non o sería tanto para outras instituciois dun Estado que se permite desfalcos millonarios. Editar esta obra ben merecente cos medios que existen na actualidade pode resultar moi beneficiosa, a dixitalización dos orixinais facilitaría un acceso doado a través da rede para calquera investigador. Este recomendable método de difusión tamén ten un custe (non creo que sexa muito maior que a edición en papel), pero estamos seguros que máis se gasta en cousas de menor interese cultural.

Estaremos atentos á deriva desta vella nova porque dende o Bierzo e dende Vilafranca o legado de Sarmiento nos importa e promoveremos na medida dos nosas posibilidades a súa difusión e divulgación.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 17-04-2016 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
SARMIENTO E A ILUSTRACIÓN, por Francisco Carballo
O recentemente falecido P. Carballo, un dos biógrafos de Martín Sarmiento e gran coñecedor da Igrexa Galega, deu esta charla titulada: Sarmiento e a Ilustración.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 28-02-2015 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un eloxio a Sarmiento, un novo documento na rede.
A Real Academia Galega acaba de por a disposición dos internautas un discurso de eloxio do Padre Sarmiento realizado polo estudoso e admirador da figura do erudito,Antolín López Peláez. Trátase dun discurso realizado ao parecer no ano 1910 e que xa podemos consultar en formato pdf na páxina da RAG.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 09-06-2013 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguramos unha nova categoría

Para facilitar o acceso a determinados documentos que cremos interesantes imos colocar no Mego da Escola, o noso blog, unha categoría baixo epígrafe de DOCUMENTOS (as categorías do blog sitúanse na marxe esquerda do mesmo segundo estamos mirando a pantalla do ordenador.
Imos coa primeira das entradas cun enlace a unha páxina sobre un dos relatorios sobre o Folclore do Congreso O padre Sarmiento e o seu tempo que baixo os auspicios do Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela se levou a cabo no ano 1995.
O título do texto: O padre Sarmiento e a literatura popular< o seu autor Domingo Blanco, entre outras destacadas (intervencións de Rosario Álvarez, Mariño Ferro, etc... que non sempre aparecen íntegras) comunicacións deste enlace ao segundo tomo das actas do Congreso editadas no ano 1997.

De todos os xeitos unha obre referencial de Sarmiento, especialmente nos últimos anos, é o seu Coloquio de 24 gallegos rústicos (1746)que grazas ás novas tecnoloxías, ao interese das instituciois, como a Academia ou o Consello da Cultura Galega, e a recentes achados dos estudosos, lease Henrique Monteagudo, podemos consultar na rede de moi diversas formas.

Na propia páxina da Academia Galega son varias as entradas con pequenos traballos arredor de Sarmiento editados con motivo do seu tricentenario, ano 2002.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 12-01-2013 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal