O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROGRAMA DO SIMPOSIO DO BICENTENARIO DE MORALES

A Comisión Cultural Martín Sarmiento coorganiza xunto ao Instituto de Estudios Bercianos e a Real Academia Galega o Simposio do Bicentenario de Morales. Con este motivo presentouse o Programa previsto simultaneamente en Ponferrada e na sede da Academia na Coruña. A idea do Simposio que se asocia coas denominadas Xornadas de Autor, que tradicionalmente organiza o IEB, é poñer ao día as investigaciois que sobre Antonio Fernández Morales , o cantor do Bierzo en galego se veñen realizando nos últimos tempos e procurar unha maior proxección da súa obra máis singular: Ensayos poéticos en dialecto berciano .

PROGRAMA

15 de setembro
PONFERRADA
Lugar: Casa da Cultura

19.00 Inauguración da EXPOSICIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDIOS BERCIANOS : ANTONIO FERNÁNDEZ E MORALES.
19.30 Inauguración do Simposio do Bicentenario/ XI Xornadas de Autor: Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo.
19,45 Sesión sobre a BIOGRAFÍA DE MORALES: Conferencia inaugural “Unha nova visión da vida de Antonio Fernández e Morales” polo profesor J.A. Balboa de Paz.
20,45 Actuación musical de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

16 de setembro
VILAFRANCA DO BIERZO

Lugar: Teatro vilafranquino Enrique Gil y Carrasco.
10.00 Sesión sobre a OBRA DE ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES: “Ensayos poéticos en dialecto berciano”. Presidida polo Presidente da Real Academia Galega.
10.15 1. LINGUA: “O dialecto do Bierzo, o galego no Bierzo” pola profesora Rosario Álvarez Blanco.
11.00 2. COSTUMES E TERRA: “Tradiciois, terra e identidade na obra de Morales” polo profesor Héctor M. Silveiro Fernández.
11.45 3. LITERATURA: “Morales no Rexurdimento” polo profesor Anxo Angueira Viturro.
13.00 Inauguración no Claustro de San Nicolás o Real da EXPOSICIÓN: “ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES E O GALEGO NO BIERZO” DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Intervencións das autoridades presentes.
Lugar: Teatro vilafranquino Enrique Gil y Carrasco.
17.00 4.COMUNICACIÓNS:
- Unha achega ao léxico de Fernández Morales, Andrea Castelo Veiga.
-O redescubrimento de Fernández Morales, Xosé Henrique Costas.
- Rítmica e musicalidade nos poemas de Antonio Fernández Morales, Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

17 de setembro
CACABELOS
Lugar: Museo Arqueolóxico de Cacabelos (MARCA).

11.00 5. COMUNICACIÓNS:
- A poesía en Fernández e Morales, José Luis Puerto.
- Utensilios musicais, Héctor Luis Suárez.
- Cartas Inéditas de Antonio Fernández e Morales, Javier Fernández-Llamazares.
CLAUSURA:
- Recital poético por Anxo Angueira.
- Ofrenda floral no cemiterio da Edrada de Cacabelos ante a tumba de Antonio Fernández Morales coa intervención musical da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.


Colocamos a continuación algunhas das referencia sen prensa das presentaciois:
bierzodiario
Bierzo digital
Bierzocomarca
Diario de León
La Voz de Galicia
El Ideal gallego
Na sección de actualidade de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: FERNÁNDEZ MORALES - Publicado o 12-09-2017 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
Do 2011 ao 2012 máis galego nas escolas do Bierzo
Facendo balanzo do ano 2011 como un ano con moi boas perspectivas para o ensino de galego nos centros educativos do Bierzo porque segue aumentando no presente curso académico 2011-12 a matrícula de alumnos de galego nas escolas e institutos do Bierzo, medrou a matrícula en case todos os centros onde se imparte esta materia optativa. Tamén hai que dicir que naqueles outros nos que se mantén estable o número de matriculados, como o IES Padre Sarmiento de Vilafranca o galego goza de boa saúde como demostra o feito de nas probas do CELGA, o Certificado de Lingua Galega oficiais que convocou a Xunta Galicia no Bierzo foron superadas con moi boa nota, mesmo no nivel 4, destacando os alumnos deste instituto da vila do Burbia.

Sabemos que poden e deben superarse na implantación deste programa, carencias e deficiencias detectadas e denunciadas ao longo destes dez anos, as relacionadas co proceso da xestión de matricula melloraron considerablemente neste ano, pero seguen sen ser satisfactorios procesos de información a pais e a alumnos ao depender en gran medida dos propios centros, ás veces das súas directivas e non optar polas recomendaciois que se veñen facendo desde as máis diversas instancias ( Academia Galega, Procurador do Común de Castilla y León, profesorado e colectivos culturais) que demandan unha información obxectiva promovida desde a administración educativa ( carteis, dípticos e charlas de promoción do programa).

Este ano coincidindo co 150 aniversario da publicación dos “Ensayos poéticos en dialecto berciano” de Antonio Fernández Morales ademais de presentarse un Caderno de Propostas didácticas titulado “ O Rexurdimento do Galego no Bierzo” centrado na difusión, estudo e actividades didácticas sobre este autor destinado a distintos niveis da ensinanza, homenaxeouse ao poeta con motivo da celebración da 6ª Escola Permanente “Fermín Penzol” que organiza a Universidade de Vigo e na que participaron diversos estudosos da vida e da obra de Morales e da fala galega do Bierzo. Precisamente na clausura deste evento celebrado no mes de outubro, realizouse o estreo dunha composición musical para banda e coro que baixo o título de Cantigas bercianas está baseada en tres poemas de Fernández Morales dedicados a Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada que foi gravada para ser editado un DVD que neste últimos días do ano 2011 saíu á venda.Un fermoso agasallo para estas datas e co que comezar o ano 2012 co desexo que siga gozando o galego no Bierzo de boa saúde.
Comentarios (0) - Categoría: FERNÁNDEZ MORALES - Publicado o 05-01-2012 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Celebrada a 6ª Escola Fermín Penzol sobre Fernández Morales

Esta fin de semana pasada celebrouse en Cacabelos e Ponferrada a 6ª Escola permanente Fermín Penzol que organizou a Universidade de Vigo coa colaboración da Xunta de Galicia e diversos concellos e entidades do Bierzo.

Tiveron especial relevancia porque os distintos ponentes foron desvelando interesantes novidades para o estudo tanto da vida como da obra de Morales. Ademais houbo ponencias dedicadas ao galego do Bierzo e a súa relación co galego estándar, sobre a lexislación e os dereitos lingüísticos dos bercianos, sobre a aplicación da obra de Morales en terreos como a ecoloxía e a biocultura ou a elaboración de propostas didácticas sobre os "Ensaios poéticos en dialecto berciano" para os máis de 1000 alumnos do galego no Bierzo.
Un capítulo moi emotivo foron tamén a colocación dunha placa na casa de Cacabelos onde vivíu longas tempadas e morreu Antonio Fernández Morales ou a estrea dunha obra para Banda e coros sobre textos dos poemas dedicados a Vilafranca , a Ponferrada e Cacabelos do noso poeta, así como tamén a xa tradicional ofrenda no cemiterio da Edrada ao pé da tumba do autor dos versos máis fermosos que se compuxeron á terra berciana e ás súas xentes en galego do Bierzo.
Invitamos a que botedes unha ollada á reportaxe fotográfica destes actos que aparece no blog Morales 2011.
Comentarios (1) - Categoría: FERNÁNDEZ MORALES - Publicado o 11-10-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
A 6ª ESCOLA PENZOL EN HOMENAXE A MORALES
Este ano a poucos días de comezar o curso escolar 2011-12 convócase a 6ª ESCOLA FERMÍN PENZOL no Bierzo que desenvolverá unha edición monográfica en homenaxe a Antonio Fernández Morales ao cumprirse os 150 anos da publicación do seu libro "Ensayos poéticos en dialecto berciano"

Para todos os interesados e curiosos que queiran saber os actos programados e os títulos das distintas ponencias que se van presentar, mesmo o escenario onde vai ter lugar o gran estreo da obra coral composta especialmente para este evento sobre certos poemas de Fernández Morales,poderá consultar o programa completo nas seguintes direciois:

morales2011

uvigo.es
Comentarios (0) - Categoría: FERNÁNDEZ MORALES - Publicado o 26-09-2011 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal