O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A APERTA DA ANTIGA GALLAECIA

LEMBRANZA DUN ENCONTRO CASUAL CON ANTÓN FRAGUAS
As persoas viaxamos neste mundo coma as augas dun río, o río da vida, e nesa viaxe atopámonos rodando como os cantos que arrastra a corrente. Aquel día, cuando soubo que era do Bierzo, nun fluír áxil na mente dun vello estudoso do propio, pensou de inmediato no Medulio e no río Sil e, como non, deixándose levar, faloume do río Miño: “Eu penso -dixo- que o Sil e o Miño eran para os romanos o mesmo río”. Estábamos na porta de entrada da Facultade de Filoloxía na Praza de Mazarelos de Compostela onde o abordara tras dunha charla á que asistirá, el agardaba por alguén e con naturalidade derivou a conversa cara ao campo da lingua. “A etimoloxía, a orixe da palabra Sil é celta e a do Miño, en latín, Minius, significan o mesmo. Ambas fan referencia ao mesmo, á cor terrosa da auga pola arxila, logo o Sil debería ser o Miño, que máis tarde a historia posterior confundiu. A ubicación da famosa batalla contra os galaicos, como contan as fontes latinas máis antigas, podemos situala á beira do Minius, é dicir, do Sil que é o que leva a auga e que conflúe co que hoxe chamamos río Miño…”

Corría o ano 82 ou 83, Antón Fraguas lembro levaba boina e cunha complicidade e confidencialidade absolutas, que me sorprenderon, contoume sen coñecerme de nada a súa teoría sobre a localización do Medulio no Bierzo nun plis-plas. Aquel home de carácter afable e humilde, que gustaba do saber popular e da historia, reivindicaba para o Bierzo con argumentos que nunca oíra unha galeguidade ben fonda e milenaria. Don Antón Fraguas era un vello galeguista, amante da nosa Terra, podo dicir que aquela tarde, naquelas palabras que non deixei que levara a corrente e das que hoxe simplemente fago memoria, sentín o agarimoso e sincero abrazo da antiga Gallaecia.

Antón Fraguas nos máis de 1300 artigos e traballos que publicou iniciara o seu andar galeguista falando do culto aos mortos. Estas letras que escribo hoxe son sen dúbida unha homenaxe ao seu bon facer e ao seu compromiso pola Terra que o viu nacer, algo máis que unha obriga e un dereito que comparte con tantos outros mortos e vivos que tamén amaron esta Terra. Antón Fraguas que foi un gran observador do discorrer do tempo, do calendario tradicional, rematou os seus días dándolle voltas ás Festas populares. El era un home do pobo, e, como tal, é honrado con razón e con alegría no Día das Letras deste 2019. Logo das chuvas e folerpas vein días nos que entre os nosos dedos, como a auga, escorrentan palabras e encontros con persoeiros vivos ou mortos, cos que temos coincidido muitas veces en festas, homes e mulleres que insistiron nas mesmas teimas e conflúen co mesmo cariño na eterna cantinela que resoa, coma cuando leva un río auga a cachois, ese murmurio secular lembrando que o Bierzo é unha parte inseparable do celme de Galicia.

Héctor M. Silveiro Fernández. Académico correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega.

Na prensa berciana:
BierzoDiario
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-05-2019 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
O alumnado do programa de galego do Bierzo e Sanabria visita Galicia

Un curso máis desprazáronse a Galicia alumnos/as do Programa de Promoción do galego no Bierzo, unha actividade que promove anualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia como un dos complementos que contribúen á dinamzación de actividades en galego entre o alumnado de galego do Bierzo. Acoden habitualmente tanto rapaces de Primaria como de Secundaria co seu profesorado.

Así foi recollida a nova nalgún medio:
O portal da lingua
creando tu provicia
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 12-05-2019 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRADAS AS XI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Entre Corullón e Vilafranca a XI edición das Xornadas Martín Sarmiento se levaron a cabo ao longo de día de hoxe.

A primeira sesión comezaba en Corullón. Un Itinerario didáctico guiado por Victoriano Guerrero e Ana Carballo, dúas persoas naturais deste municipio que na fala propia do municipio lles ensinaron e explicaron diversos aspectos da historia local, da economía, costumes, toponimia e da súa riqueza monumental aos alumnos/as de Secundaria, máis dun centenar de rapaces e rapazas dos catro institutos adscritos ao Programa de Galego no Bierzo, ademais dunha representación do Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Ás 11 da mañá, por outra banda, no Teatro de Vilafranca do Bierzo daba comezo a actividade dirixida aos 13 centros bercianos nos que se imparte galego aos que ía dirixida unha actuación do cantautor galego Manoele,un agasallo da Secretaria Xeral de Política lingüística da Xunta de Galicia coa que case 300 ninos e ninas celebraron o Día Escolar do Galego no Bierzo.

Finalmente ás 13 horas tivo lugra unha rolda de prensa na que se presentou os II Premios Morales.

Iremos colgando, a seguir, as distintas novas coas que os medios e na rede se fixeron eco das Xornadas Sarmiento.
La Nueva Crónica
Infobierzo
O portal da lingua
Xunta.gal
Diario de León
Bierzonoticias
Bierzo diario
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 11-03-2019 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
ITINERARIO DIDÁCTICO POR CORULLÓN NAS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Corullón from Eridoo on Vimeo.



Os alumnos/as de Secundaria do Programa de Promoción do Galego no Bierzo realizarán na mañá do 11 de marzo un Itinerario Didáctico na fala local por Corullón guiados por dúas persoas naturais deste municipio, Victoriano Guerrero, docente xubilado e Ana Carballo da Sección de Literatura do Instituto de Estudos Bercianos, ambos son coñecedores da historia e dos costumes propios do pobo que se vai visitar. Contamos coa colaboración da oficina de turismo da localidade que nos permitirá acceder ao interior de espazos tan emblématicos de Corullón como a Igrexa de San Miguel e San Esteban.

Estarán presentes a totalidade dos alumnos/as dos centros:

IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

Deixamos eiquí un traballo mui interesante de Victoriano Guerrero, un artigo sobre a fala de corullón editado na memoria das II Xornada da Cultura e da Lingua galega no Bierzo.


Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 06-03-2019 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pakolas no Día Escolar do Galego no Bierzo 2019

Este curso 2018/19 Pakolas (Paco Cerdeira) vén a celebrar o Día Escolar do Galego no Bierzo cos ninos e nenas de Primaria que cursamos o Programa de Promoción de lingua galega. As XI Xornadas Martín Sarmiento contarán de novo coa inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística para facer posible coa súa subvención este magnífico espectáculo.



Será no Teatro Enrique Gil y Carrasco de Vilafranca do Bierzo o próximo luns 11 de marzo ás 11h da mañá.

Asistirán unha representación dos seguintes centros:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.


Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 05-03-2019 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DAS XI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

A Comisión Cultural Martín Sarmiento ao dar comezo á presente edición lembra que foron varias as etapas pasadas e formatos destas Xornadas dende que no ano 2005 as puxemos en marcha coa intención de manter viva a memoria da vida e da obra do erudito nacido en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695. Nunha segunda etapa para a que contamos coa imprescindible colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia demos un paso importante consolidando o denominado Día Escolar do Galego no Bierzo que garantizou a interacción desta figura senlleira das Letras Galegas e do seu legado, especialmente o lingüístico, co alumnado e profesorado do Programa de Promoción do Galego na nosa comarca, así como o conxunto das administraciois responsables do mesmo. Un dos últimos logros das Xornadas Martín Sarmiento no referente á dinamización da lingua na nosa comarca foi a elaboración do Decálogo dos novos espazos para o galego no Bierzo que se aprobou por unamidade no Consello Comarcal do Bierzo o 2 de marzo de 2018 co que promoción lingüística procura novas dimensiois.
Seguindo o fío condutor deste importante acordo institucional quixemos inaugurar, na presente edición das Xornadas, unha etapa na que as administraciois locais bercianas que falan galego teñan un protagonismo especial. É por iso polo que ademais de realizar actividades en Vilafranca, como a vila natal do erudito homenaxeado, imos ir sumando en cada edición a un concello coa idea de desenvolver na localidade escollida un labor específico de promoción da lingua.
Así pois, como reza o lema das Xornadas, este ano 2019 será Corullón a localidade que acolla inicialmente aos alumnos/as de Secundaria, que abordarán eilí os Intercambios do Día Escolar do Galego no Bierzo. Temos que agradecer ao goberno municipal a súa disponibilidade que van permitir con toda seguridade ir asentando en cada un dos concellos galegofalantes iniciativas necesarias de dinamización cultural de interese de cara ao futuro.





*Lembramos que este ano ao coincidir en día non lectivo o aniversario do nacemento de Sarmiento en Vilafranca, o Día Escolar do Galego no Bierzo trasládase ao día 11 de marzo.

Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo.
LUNS 11 de marzo 2019: Corullón/ Vilafranca do Bierzo.

PROGRAMA DE ACTOS
1ª SESIÓN: CORULLÓN
9,30 h. Chegada dos buses dende os centros participantes á Praza maior de Corullón.
ITINERARIO DIDÁCTICO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo, un itinerario didáctico por Corullón, pobo do que falou Sarmiento e que realiza cada centro de Secundaria que participa no Programa de galego e a EOI de Ponferrada. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

12h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León aos centros presentes.

2ª SESIÓN: VILAFRANCA DO BIERZO
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA. TEATRO VILAFRANQUINO
Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.
11,15- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merayo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral de los Vados,
CRA Carucedo,
CRA de Cubillos del Sil,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.

13h.: Rolda de prensa aos medios de comunicación no Salón de Plenos de Vilafranca do Bierzo
Presentación da IIª Edición dos Premios Morales.

Na prensa
No Consello da Cultura Galega
No Bierzotv
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 21-02-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
As viaxes de Sarmiento por Galicia
Son tantos os ecos das viaxes de Sarmiento por Galicia que imos ir recollendo alguis dos que circulan pola rede:

- Na península do Barbarza

- No Monte Pindo. e reseña do seu paso pola comarca Cadoiro-Ézaro.

- Ruta do Salnés. Parada no lugar de: Figueira do Meco (O Grove) e da Orixe do Meco.

- Ao Ferrol.

No Consello da Cultura Galega atopamos unha edición dunha destas viaxes.
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 18-01-2019 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Proximamente o programa do Día do galego no Bierzo

Estamos ultimando o programa das que serán XI Xornadas Martín Sarmiento e o Día do galego nos centros escolares do Bierzo.

Este ano pretendemos seguir dando pasos para consolidar o decálogo de Novos espazos para o galego no Bierzo que como xa sabedes foi unha proposta elaborada por distintas entidades bercianas e galegas, culturais e políticas, asumida como proposta institucional ao ser aprobado por unanimidade no Pleno do Consello Comarcal o pasado 2 de marzo de 2018.

Este ano pretendemos introducir unha serie de iniciativas ligadas aos concellos galegofalantes do Bierzo, de xeito haberá actos ademais de en Vilafranca, vila natal de Sarmiento, noutro dos concellos que será escollido como centro de interese das propias Xornadas. Como o programa está mui avanzado non tardaremos en anunciar o programa de actividades nas que están implicados colectivos culturais, centros de ensino e administraciois locais, comarcal e da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-01-2019 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Cebreiro e a cebra. Disertación sobre o animal cebra de Martín Sarmiento.
Un curioso artigo de Gciencia, páxina web galega moi interesante, permítenos afondar na Disertación sobre o animal cebra do noso erudito, nunha edición do ano 2013.
Comentarios (0) - Categoría: DOCUMENTOS - Publicado o 06-01-2019 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE TOPONIMIA BERCIANA


Editamos en formato dixital un material recuperado sobre toponimia berciana que realizamos na Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo con motivo da I Xornada Martín Sarmiento no ano 2005.
IR Á PROPOSTA DIDÁCTICA
Comentarios (1) - Categoría: MATERIAIS NO MEGO - Publicado o 01-12-2018 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal