O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNADAS DE VERÁN DA UNIVERSIDADE RURAL DE BARREIROS |
|
O Colectivo Cultural Ollomao presenta as primeiras "Xornadas de verán da Universidade Rural de Barreiros". Terán lugar durante tres días consecutivos, 29, 30 e 31 de agosto, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. A participación nestas xornadas é libre e gratuíta, non sendo preciso terse anotado por adiantado; e a asistencia un dos días non implica a participación en todas elas.
O programa, elaborado en función das demandas das persoas asistentes ao primeiro curso da Universidade Rural de Barreiros, éo seguinte:
VENRES 29 DE AGOSTO.
20h.
?O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza?.
Impartida por Luís Villares. Maxistrado no Xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Lugo. Coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.
Contido:
Utiliza o Estado o poder dun xeito ilexítimo? Utilízanse as reformas da administración de xustiza para evitar o control xudicial sobre os outros poderes do Estado? É posible o acceso da cidadanía a unha xustiza universal, gratuíta, achegada á cidadanía e imparcial? É posible unha xustiza xusta? Como nos afectan á cidadanía as reformas xudiciais? Preténdese xustiza ao servizo da xente ou ao servizo dos outros poderes?
SÁBADO 30 DE AGOSTO.
De 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00h.
"Conservación de alimentos"
Impartido por Espazo agroecolóxico ? A Estruga?.
A pequena horta para autoconsumo sempre estivo e estará presente na inmensa maioría dos fogares galegos. A sobreprodución de alimentos, sobre todo os da época de verán, fixo que a tarefa de conservar os alimentos convertérase en algo cotiá ao longo da historia. Por iso mesmo, o obxectivo da conservación de alimentos é conseguir o control das diversas reaccións que, por efectos físicos (calor, luz), químicos (oxidación) ou biolóxicos (enzimas, microorganismos, fungos, bacterias), teñen lugar nos alimentos e garantir así a non alteración das súas propiedades nutricionais moito tempo despois.
NOTA: As persoas que asistan a esta xornada deben traer tarros de vidro dun só uso previo para a súa utilización no obradoiro.
DOMINGO 31 DE AGOSTO.
De 10:00 a 13:00.
?Relaxación: o que podes facer para mellorar a túa vida". Impartido pola psicóloga Juana Blanco.
A relaxación aporta beneficios varios para o noso corpo como o é a diminución do ritmo cardiaco e da presión arterial, axuda a mellorar algunhas dores reducindo a tensión muscular e contribúe a acadar un estado de descanso máis profundo. Nesta sesión practicaranse exercicios nos cales as persoas asistentes aprenderán a respirar e camiñar correctamente, así como a practicar a tensión-relaxación, entre outros, de cara a comprender mellor o noso corpo.
NOTA: As persoas que participen nesta xornada deben traer roupa e calzado deportivo, calcetíns, un coxín, unha manta e unha esterilla.
|
|
|
|
IV Certame fotográfico: |
|
.jpg) NOTA INFORMATIVA A 25 DE SETEMBRO DE 2014:
Por acordo da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao, o prazo para a participación na IV edición do certame fotográfico "Enfocando Barreiros" foi ampliado ata o 31 de outubro de 2014.
Máis información:
- colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
- Telf. 650542932.
_________
BASES IV EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "ENFOCANDO BARREIROS":
O Colectivo Cultural Ollomao convoca a cuarta edición do Certame fotográfico 'Enfocando Barreiros', nesta ocasión, co tema ?Obxectivo: aprender no rural?. Esta actividade encóntrase vencellada á liña de traballo que o Colectivo elixiu para o ano 2014, sobre a transmisión de coñecementos no medio rural.
A participación neste certame require a aceptación das seguintes BASES:
1. As fotografías presentadas ao concurso deberán levar por tema calquera situación diaria da vida dun ou dunha escolante do rural barreirense, aprendizaxes non regrados, transmisión de coñecementos entre persoas maiores e máis novas; edificios como escolas rurais, indianas, etc..., ou calquera outra imaxe relacionada co ensino ou a aprendizaxe no rural. Todas as fotografías presentadas deben ter sido tomadas dentro do Concello de Barreiros.
2. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen, tanto de Barreiros como de outros concellos, agás as/os compoñenentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao.
3. Establécese a categoría de TOMA ÚNICA. Distínguense dúas modalidades:
a) Modalidade infantil: ata os 14 anos.
b) Modalidade adulta: de 14 anos en diante.
4. Cada participante poderá participar cun máximo de 4 fotografías.
5. Establécense os seguintes PREMIOS:
PREMIO ÚNICO PARA A MODALIDADE INFANTIL: Material fotográfico + diploma acreditativo.
A participación na modalidade infantil, aínda sen ter sido gañador ou gañadora, dará lugar á participación nun curso breve de fotografía e retoque dixital.
1º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 200 euros + diploma acreditativo.
2º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 100 euros + diploma acreditativo.
Non poderá recaer máis dun premio nunha mesma persoa.
O xurado resérvase o dereito a declarar deserto algún dos premios, no caso de que as obras presentadas non cumpran as expectativas.
6. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.
7. O prazo para enviar as fotografías remata o 30 de setembro de 2014.
8. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, mais en ningún caso fotomontaxes.
9. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 ppp e un tamaño entre 2 e 5 MB.
10. As fotografías participantes serán enviadas ao seguinte enderezo de correo-e: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. A participación neste certame farase baixo pseudónimo. Deste xeito, cada fotografía irá nomeada co pseudónimo do participante e número de fotografía de acordo ao total de fotografías coas que se participe (Por exemplo, no caso de utilizar como pseudónimo 'Ollomao' e enviarse tres fotografías, estas nomearíanse: Ollomao1, Ollomao2, Ollomao3). No nome da fotografía non poderá figurar ningún dato persoal real do autor/a.
11. Xunto coas fotografías participantes enviarase un documento de texto no cal se indicará:
- Pseudónimo utilizado pola/o autor/a para a participación no concurso.
- Modalidade na que se participa: infantil ou adulta.
- Nome real da/o autor/a.
- Datos de contacto: enderezo postal, teléfono e/ou enderezo electrónico.
- Unha breve descrición de cada fotografía indicando tamén o lugar onde foi tomada.
12. O Colectivo Cultural Ollomao entregará a cada compoñente do xurado, unha copia en soporte dixital, de cada unha das fotografías participantes nomeadas de acordo a como se especifica no punto 10 destas bases, para que poidan ser identificadas as gañadoras. O xurado non coñecerá os datos persoais reais dos participantes ata o acto público do fallo
13. O Xurado estará composto por fotógrafas/os de recoñecido prestixio sen que formen parte do mesmo compoñentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao. O seu fallo será inapelable.
14. O fallo do xurado farase público no prazo máximo dun mes a contar dende o 30 de setembro, data fin do concurso, no acto de entrega de galardóns e proxección das obras participantes. Este acto convocarase publicamente e será comunicado a todas/os as/os participantes polo medio de contacto que designen de acordo ao punto 11 destas bases, que deberán estar presentes para a recollida do premio.
15. A propiedade intelectual das obras conservarana as/os autoras/es, permitindo ao Colectivo Cultural Ollomao a súa utilización gratuíta para as actividades que este leve a cabo en relación ao tema tratado. Calquera utilización dunha fotografía participante implicará facer constar o nome da persoa que a realizou.
16. As/os concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas e renuncian a toda reclamación por dereitos de imaxe.
17. A organización resérvase o dereito a resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
18. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.
Barreiros, a 30 de xullo de 2014
Todas aquelas persoas que o desexen poden solicitar unha copia destas bases mediante correo electrónico, escribindo a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Do mesmo xeito, calquera aclaración en relación a este certame poderá ser resolta no mesmo enderezo.
|
|
|
|
|
|