O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

I Festival "Ao Son do Masma"

16 de Xuño
Celeiro de Mariñaos
______________


O Colectivo Cultural Ollomao e Tumba e Dálle, grupo de recente creación composto por mozas e mozos da Mariña de Lugo que traen aos días de hoxe a música tradicional galega, temos o pracer de convidarvos ao I Festival AO SON DO MASMA: un proxecto que nace da inquedanza pola posta en valor da producción artística galega. As aportacións tradicionais da nosa cultura son os principais referentes deste proxecto, mais, tentar abrir paso ás novas achegas ao patrimonio musical e aos ritmos tradicionais feitos por novas agrupacións, é un dos principais obxectivos desta iniciativa.

Para levar a cabo este proxecto, a organización do mesmo ideamos un programa que conxuga distintas actividades dispostas ao longo de toda unha xornada: feira de artesanía, roteiros, obradoiros de baile e pandeireta (A.F. O Arco da Vella), xogos tradicionais, aberto de billarda (A.C.D. O Varal), e un peche de día con concertos de grupos do máis recoñecido prestixio dentro do panorama musical galego.

Os grupos que se darán cita nesta gran festa da Música Tradicional son:

TUMBA E DÁLLE
ORQUESTRA OS MODERNOS
TANTO NOS TÉN
QUEMPALLOU

O 16 de Xuño, non podes faltar!

EU TAMÉN VOU... "AO SON DO MASMA"!!!!
Comentarios (0) - Publicado o 22-05-2012 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
POÑEMOS EN MARCHA UN GRUPO DE TEATRO PARA NENAS/OS!!!
Despois de poñer en marcha unha obra de teatro con maiores, no Colectivo Cultural Ollomao decatámonos de que hai moito talento por explotar tamén n@s máis pequen@s, así que decidimos poñer en marcha UN GRUPO DE TEATRO PARA NEN@S!!!

A obra elixida para representar é "OS POEMAS DO RÍO" de Cristina Corral Soilán e Aurora Cascudo Román, autoras as cales teremos a oportunidade de coñecer o 19 de Maio, en Celeiro de Mariñaos, na Festa das Letras onde presentarán o seu libro. Podedes consultar máis información sobre a obra na seguinte ligazón: http://ospoemasdorio.com/

Todas/os nenas/os que desexen formar parte da obra de teatro poderán apuntarse en dito acto, o sábado 19 de maio.
Comentarios (1) - Publicado o 12-05-2012 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
A IRMANDADE DE SAN CAETANO E O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO ORGANIZAN A FESTA DAS LETRAS, UNHA XORNADA LÚDICA PARA NENOS E MAIORES.

Co gallo do Día das Letras Galegas, a Asociación Veciñal Irmandade de San Caetano e o Colectivo Cultural Ollomao organizan A “Festa das Letras” nas Antigas Escolas de Celeiro de Mariñaos o día 19 de Maio a partir das 17 horas. Esta Festa xa se ten convertido nun referente ao redor do Día das Letras Galegas na parroquia de Celeiro de Mariñaos, tras máis de 10 anos organizándose por parte da asociación veciñal.


Nesta xornada haberá diferentes actividades dirixidas a pequenos e maiores co seguinte programa:

17hs. XOGOS TRADICIONAIS A CARGO DE XOTRAMU.

18:30hs. PRESENTACIÓN DO LIBRO INFANTIL DE TEATRO “OS POEMAS DO RÍO”, a cargo das autoras: Cristina Corral Soilán e Aurora Cascudo Román.

Ás 19:30hs: PRESENTACIÓN AUDIOVISUAL SOBRE OS CASTROS DE BARREIROS, a cargo do Profesor Don Emilio Piñeiroa Lozano e TRIVIAL DE BARREIROS: Xogo de preguntas e respostas para nenas e nenos sobre cultura xeral e local.

A continuación terá lugar a ACTUACIÓN DO GRUPO A SUBELA de Música Tradicional.
Comentarios (0) - Publicado o 12-05-2012 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal