O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 15 DE ABRIL, ÁS 19:00h. ENTREGARANSE OS PREMIOS DO II CERTAME FOTOGRÁFICO |
|
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros vén de realizar o II Certame Fotográfico Enfocando Barreiros que este ano levou por tema Os ríos no obxectivo. Dende o Colectivo valoramos moi positiviamente a realización desta actividade. A cantidade de obras recibidas, un total de 204 fotografías, é mostra do elevado interese que espertou o concurso, tendo participado persoas de distintos puntos da comarca e da provincia, así como do occidente asturiano.
O fallo do concurso, que será elaborado por un xurado composto por fotógrafos e fotógrafas de recoñecido prestixio, farase público o vindeiro 15 de abril, ás 19:00h. no Centro Sociocultural de Barreiros, nun acto no que terá lugar a proxección de todas as fotografías participantes. Lembramos que os premios dos que se fará entrega serán un primeiro premio, consistente en 250?, e un segundo de150?, para a modalidade adulta e un premio único para a modalidade infantil, consistente nunha cámara fotográfica.
Esta actividade atópase vencellada á defensa e posta en valor dos ríos do concello barreirense, máis en concreto do Río Masma, liña de traballo que escollimos dende Colectivo Cultural Ollomao para o presente ano. Neste sentido, e como actividade complementaria ao certame, neste primeiro trimestre realizáronse dous roteiros fotográficos arredor dos ríos Masma e do Santo Estevo; participando deles en torno a 60 persoas. Debido á alta participación nos mesmos, os roteiros polo concello de Barreiros serán unha actividade a manter no calendario cultural do colectivo para o resto do ano.
|
|
|
|
II ROTEIRO FOTOGRÁFICO: NATUREZA E ARTE, SANTO ESTEVO DO ERMO. |
|
Seguindo a liña de traballo deste ano, adicada ao Río Masma e por extensión a todos os ríos e elementos vinculados cos mesmos que existen no concello de Barreiros, o Colectivo Cultural Ollomao organiza para o próximo domingo, 11 de marzo, o II Roteiro Fotográfico. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, á vez que ofrecer un espazo de participación para as persoas amantes da natureza e aficionadas á fotografía.
O punto de partida para o roteiro está sinalado na Capela de Sta. Ana, na Ínsua, ás 12:00h. Realizarase un primeiro tramo ata a Capela do Sto. Estevo do Ermo onde terá lugar unha parada para o xantar, do cal debe ir provisto cada participante. A continuación proseguirá a ruta pola paraxe. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas, non sendo preciso apuntarse por adiantado.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao informamos tamén, que ata o 18 de marzo, segue aberto o prazo para participar no II Certame Fotográfico: ?Enfocando Barreiros? que nesta edición leva por tema ?Os ríos no obxectivo?.
|
|
|
|
|
|