O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

ESCENA EN BARREIROS. Ciclo de teatro dende o 10 de novembro ata o 1 de decembro.


O vicepresidente da Deputación de Lugo, o Antonio Veiga, presentou esta tarde unha nova proposta de teatro da área de Cultura da institución provincial: ?Escena en Barreiros?, mostra que traerá teatro tanto afeccionado como profesional a catro parroquias da localidade mariñá durante o mes de novembro. O proxecto nace como unha iniciativa conxunta do Colectivo Cultural Ollomao e a Irmandade San Caetano.

Na mostra participan Nostrum Cai, que porá en escena a peza ?Radio Universo? o 10 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de San Cosme; o colectivo Ardora Teatro, que interpretará a obra Acernos o 17 de novembro, ás 19:00 horas, nas Antigas Escolas de Celeiros de Mariñaos; e o Grupo de Teatro de Ribadeo, que escenificará ?Os Putativos? o 1 de decembro, ás 19:00, no Centro Social de Cabarcos.

No marco destas xornadas dedicadas á interpretación, o sábado, 23 de novembro, Isabel Risco traerá a Barreiros dous espectáculos: As aventuras de Nabiza Girl, co que nos traerá a vida, aventuras, desventuras, e problemáticas dunha superheroína galega e rural; e Unha viaxe espaZial, que narra a historia dunha adolescente perdida no espazo exterior, e, probablemente, en todos os espazos. Estes terán lugar, ás 20:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.

Comentarios (1) - Publicado o 09-11-2013 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ao redor de 100 persoas asistiron ás primeiras clases da Universidade Rural de Barreiros durante as xornadas de portas abertas.

Este venres, 8 de novembro, tivo lugar a primeira clase da ?Semente de Producción artística e Publicidade? con doce novas persoas que se converteron en alumnas e alumnos da Universidade Rural de Barreiros. Con estas, son case 80 as xa matriculadas e que asistirán durante os dous próximos meses ás clases de todas as sementes. A iniciativa do Colectivo Cultural Ollomao, pioneira por excelencia, foi un éxito de acollida entre a poboación barreirense e tamén de toda a Mariña, dado que son persoas chegadas dende distintos puntos da comarca como Ourol, Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo ou Lourenzá as que se dan cita nas sesións lectivas. Dende o colectivo organizador destacamos a diversidade do alumnado, tanto en idade, cun rango de persoas asistentes que vai dende os 15 ata os 81 anos, como de profesión ou formación académica previa, con persoas que teñen acadados os estudos primarios como outras con formación universitaria.

A Universidade Rural está ideada como un espazo para aprender e no cal todas as persoas asistentes poden aclarar aquelas dúbidas coas que se estean a atopar no día a día. Non é un espazo no cal se habilite para o exercicio profesional mediante a emisión dun certificado, polo cal tampouco hai exames ni avaliacións finais. Non obstante, todas as sementes están orientadas a un fin práctico e á obtención dun produto final elaborado polo propio alumnado. Son algúns como a preparación dunha tertulia radiofónica a emitir na emisora comarcal RadioFoz e a grabación dun documental, polas alumnas e alumnos da Semente de Xornalismo; a elaboración dun mural polo alumnado de Producción artística e Publicidade; ou a realización dun foro participativo no cal se discutirá sobre problemáticas locais de actualidade e para as cales se tentará que sexan as propias veciñas e veciños asistentes á semente de Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas quen propoñan políticas de solución.

O corpo docente desta Universidade está composto por case 30 profesionais e persoas expertas en distintas disciplinas, tanto veciñas de Barreiros como das localidades do arredor. Asimesmo, tamén se conta coa participación puntual de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela en varias das clases a impartir. Dende Ollomao sinalamos tamén que esta iniciativa pode levarse a cabo grazas á participación desinteresada de todas as persoas que actúan como docentes xa que, en ningún do casos, as e os colaboradores percibirán ningún tipo de remuneración pola súa docencia. Este feito vai ligado á base ideolóxica da asociación e ao fin non lucrativo co cal foi creada no ano 2006. As e os alumnos da Universidade Rural asumen un pago único pola súa asistencia, que varía entre os 15? e os 50? en función do número de sementes nas que se participe, recaudación que vai destinada a facer fronte aos gastos de material para a impartición das clases e á cobertura de desprazamento do profesorado participante. Os gastos totais da actividade están a ser asumidos tamén coa venda de sudadeiras co logo da Universidade Rural e é tamén cofinanciada polo propio colectivo.

A boa acollida desta iniciativa, así como o interese espertado, trascendeu máis alá da veciñanza. Medios de comunicación de todo o país e incluso outros de ámbito estatal como RTVE e RNE, quixeron dar conta da Universidade Rural de Barreiros. Para as persoas que compoñemos o Colectivo Cultural Ollomao, todo o fenómeno xurdido en torno a este proxecto dá boa conta de que se trata dunha iniciativa que estaba a ser necesitada pola xente, novidosa e pola cal comezan a mostrar interese outros colectivos culturais para ser posta en marcha nas súas localidades.

Comentarios (0) - Publicado o 09-11-2013 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0