O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

PINCHACARNEIRO TEATRO en BARREIROS

Terá lugar o Venres, 23 de Novembro ás 20:30h. no Canteiro (antigas escolas de Benquerencia).

O Colectivo Cultural Ollomao, a través do Proxecto Teatral Buxiganga da área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, trae a Barreiros a obra teatral ?O médico a paus?. A obra estará representada polo grupo Pinchacarneiro Teatro, composto na súa maioría por persoas con discapacidade intelectual ou mental. A agrupación forma parte da Fundación Anade, a cal ten por obxectivo a inserción laboral e social das persoas con enfermidade ou minusvalía psíquica, mediante a creación de grupos de teatro cos cales mostrar á cidadanía a realidade dun colectivo e das capacidades das persoas que a el pertencen.

Para Ollomao, esta actividade ten un dobre aproveitamento no sentido de que por un lado é unha alternativa de ocio e unha oportunidade para os vecinos de asistir a un acto cultural e achegar a literatura teatral ás aldeas, e por outra banda, é un espazo para rachar tabúes ou tópicos en torno ás persoas con discapacidade psíquica.

A entrada ao acto é de balde, é apto para todos os públicos e poderán asistir todas as persoas interesadas que o desexen.
A LABOR DO TEATRO NA FUNDACIÓN ANADE.
Comentarios (0) - Publicado o 17-11-2012 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA UNHA CONFERENCIA SOBRE ?POMBAS MENSAXEIRAS? CON DEMOSTRACIÓN DE SOLTA AO REMATE DO ACTO

Esta actividade terá lugar o Domingo 11 de Novembro, ás 11h no Canteiro (antigas escolas) en San Pedro de Benquerencia


O Colectivo Cultural Ollomao en colaboración co Club Colombófilo Mensajeras del Cantábrico e coa participación do voluntariado da Fundación Alcoa, organiza unha charla sobre coñecementos básicos de colombofilia. Esta técnica, consistente na cría e adestramento de pombas mensaxeiras facéndoas capaces de voltar ao seu pombal, foi utilizada na Antigüidade como método de comunicación. Nos días de hoxe esta práctica adquiriu a consideración de deporte e ten como finalidade o adestramento de pombas para a realización dun traxecto determinado no menor tempo posible.

A charla será levada a cabo por Benito Pérez Soto, veciño de Barreiros aficcionado á colombofilia e con varios premios no seu haber nesta práctica. Ao remate do acto terá lugar unha demostración de solta de pombas.

Dende o Colectivo Cultural Ollomao convidan a todas as persoas interesadas a participar nesta actividade que tén por obxectivo ofrecer un espazo para o coñecemento desta técnica e da súa tradición. Asimesmo, o colectivo agradece a colaboración do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia na cesión do espazo para a realización da actividade.
Comentarios (1) - Publicado o 06-11-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0