O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA UNHA CONFERENCIA SOBRE ?POMBAS MENSAXEIRAS? CON DEMOSTRACIÓN DE SOLTA AO REMATE DO ACTO

Esta actividade terá lugar o Domingo 11 de Novembro, ás 11h no Canteiro (antigas escolas) en San Pedro de Benquerencia


O Colectivo Cultural Ollomao en colaboración co Club Colombófilo Mensajeras del Cantábrico e coa participación do voluntariado da Fundación Alcoa, organiza unha charla sobre coñecementos básicos de colombofilia. Esta técnica, consistente na cría e adestramento de pombas mensaxeiras facéndoas capaces de voltar ao seu pombal, foi utilizada na Antigüidade como método de comunicación. Nos días de hoxe esta práctica adquiriu a consideración de deporte e ten como finalidade o adestramento de pombas para a realización dun traxecto determinado no menor tempo posible.

A charla será levada a cabo por Benito Pérez Soto, veciño de Barreiros aficcionado á colombofilia e con varios premios no seu haber nesta práctica. Ao remate do acto terá lugar unha demostración de solta de pombas.

Dende o Colectivo Cultural Ollomao convidan a todas as persoas interesadas a participar nesta actividade que tén por obxectivo ofrecer un espazo para o coñecemento desta técnica e da súa tradición. Asimesmo, o colectivo agradece a colaboración do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia na cesión do espazo para a realización da actividade.
Comentarios (1) - Publicado o 06-11-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
III Roteiro Fotográfico: Arte e Natureza

O Colectivo Cultural Ollomao pon en marcha o III Roteiro Fotográfico deste ano. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, así como todos os rincóns da xeografía do Concello, á vez que ofrecer un espazo de participación para as persoas amantes da natureza e/ou aficionadas á fotografía.

Nesta ocasión farase un percorrido circular polo sur do concello barreirense: o punto de partida está sinalado no Albergue de Gondán (Barreiros), ás 11:00h. da mañá, subida ao Morteiro, paso polo Valdocaínzo e Ibia, parada para xantar (cada participante debe ir provisto da súa comida) en San Xusto e volta a Gondán. Prevese unha duración máxima de 3 horas engandindo a pausa para o xantar. Esta actividade está aberta a todos/as os/as interesados/as tanto de Barreiros como de outros concellos, é libre e de balde para todas as persoas interesadas, e non é preciso apuntarse por adiantado.

Todas/os as/os interesadas/os en participar nestas e outras actividades do Colectivo poderán consultar máis información a través do Facebook, no perfil http://www.facebook.com/colectivoculturalollomao, ou ben poñerse en contacto co colectivo no enderezo electrónico: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.
Comentarios (0) - Publicado o 29-10-2012 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival "Ao Son do Masma"

16 de Xuño
Celeiro de Mariñaos
______________


O Colectivo Cultural Ollomao e Tumba e Dálle, grupo de recente creación composto por mozas e mozos da Mariña de Lugo que traen aos días de hoxe a música tradicional galega, temos o pracer de convidarvos ao I Festival AO SON DO MASMA: un proxecto que nace da inquedanza pola posta en valor da producción artística galega. As aportacións tradicionais da nosa cultura son os principais referentes deste proxecto, mais, tentar abrir paso ás novas achegas ao patrimonio musical e aos ritmos tradicionais feitos por novas agrupacións, é un dos principais obxectivos desta iniciativa.

Para levar a cabo este proxecto, a organización do mesmo ideamos un programa que conxuga distintas actividades dispostas ao longo de toda unha xornada: feira de artesanía, roteiros, obradoiros de baile e pandeireta (A.F. O Arco da Vella), xogos tradicionais, aberto de billarda (A.C.D. O Varal), e un peche de día con concertos de grupos do máis recoñecido prestixio dentro do panorama musical galego.

Os grupos que se darán cita nesta gran festa da Música Tradicional son:

TUMBA E DÁLLE
ORQUESTRA OS MODERNOS
TANTO NOS TÉN
QUEMPALLOU

O 16 de Xuño, non podes faltar!

EU TAMÉN VOU... "AO SON DO MASMA"!!!!
Comentarios (0) - Publicado o 22-05-2012 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
POÑEMOS EN MARCHA UN GRUPO DE TEATRO PARA NENAS/OS!!!
Despois de poñer en marcha unha obra de teatro con maiores, no Colectivo Cultural Ollomao decatámonos de que hai moito talento por explotar tamén n@s máis pequen@s, así que decidimos poñer en marcha UN GRUPO DE TEATRO PARA NEN@S!!!

A obra elixida para representar é "OS POEMAS DO RÍO" de Cristina Corral Soilán e Aurora Cascudo Román, autoras as cales teremos a oportunidade de coñecer o 19 de Maio, en Celeiro de Mariñaos, na Festa das Letras onde presentarán o seu libro. Podedes consultar máis información sobre a obra na seguinte ligazón: http://ospoemasdorio.com/

Todas/os nenas/os que desexen formar parte da obra de teatro poderán apuntarse en dito acto, o sábado 19 de maio.
Comentarios (1) - Publicado o 12-05-2012 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
A IRMANDADE DE SAN CAETANO E O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO ORGANIZAN A FESTA DAS LETRAS, UNHA XORNADA LÚDICA PARA NENOS E MAIORES.

Co gallo do Día das Letras Galegas, a Asociación Veciñal Irmandade de San Caetano e o Colectivo Cultural Ollomao organizan A ?Festa das Letras? nas Antigas Escolas de Celeiro de Mariñaos o día 19 de Maio a partir das 17 horas. Esta Festa xa se ten convertido nun referente ao redor do Día das Letras Galegas na parroquia de Celeiro de Mariñaos, tras máis de 10 anos organizándose por parte da asociación veciñal.


Nesta xornada haberá diferentes actividades dirixidas a pequenos e maiores co seguinte programa:

17hs. XOGOS TRADICIONAIS A CARGO DE XOTRAMU.

18:30hs. PRESENTACIÓN DO LIBRO INFANTIL DE TEATRO ?OS POEMAS DO RÍO?, a cargo das autoras: Cristina Corral Soilán e Aurora Cascudo Román.

Ás 19:30hs: PRESENTACIÓN AUDIOVISUAL SOBRE OS CASTROS DE BARREIROS, a cargo do Profesor Don Emilio Piñeiroa Lozano e TRIVIAL DE BARREIROS: Xogo de preguntas e respostas para nenas e nenos sobre cultura xeral e local.

A continuación terá lugar a ACTUACIÓN DO GRUPO A SUBELA de Música Tradicional.
Comentarios (0) - Publicado o 12-05-2012 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS DO II ENFOCANDO BARREIROS
O Colectivo Cultural Ollomao fixo entrega dos premios do II Concurso Fotográfico Enfocando Barreiros, que nesta edición levou por tema Os ríos no obxectivo.

O primeiro premio da modalidade adulta, consistente en 250?, recaeu en Belén Pérez Teijo, cunha fotografía de reflexos no río Masma, en Celeiro de Mariñaos. O gañador do segundo premio foi Francisco López López, cunha fotografía do muíño de Pita en Vilamartín, e recibiu 150?. Finalmente, na modalidade infantil, a nena Elisa Vilaseca Esquerdeiro foi a gañadora dunha cámara fotográfica semireflex, cunha fotografía da flora dos arredores do Santo Estevo do Ermo.

Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, e os membros do xurado, composto por José María Álvez, José María Pérez Rielo, Pepa Losada, Xosé Reigosa e Xulio Villarino, foron os encargados da entrega de premios, nun acto do cal participaron ao redor de 70 persoas.
Comentarios (0) - Publicado o 16-04-2012 12:44
# Ligazón permanente a este artigo

I PREMIO MODALIDADE ADULTA

Gañadora: BELÉN PÉREZ TEIJO.
REFLEXOS NA RÍA DO MASMA.
Comentarios (0) - Publicado o 16-04-2012 12:42
# Ligazón permanente a este artigo

II PREMIO MODALIDADE ADULTA.

Gañador: Francisco López López.
MUIÑO DE PITA EN VILAMARTÍN.
Comentarios (0) - Publicado o 16-04-2012 12:40
# Ligazón permanente a este artigo

PREMIO PREMIO MODALIDADE INFANTIL.

Gañadora: Elisa Vilaseca Esquerdeiro.
FLORA ARREDOR DO SANTO ESTEVO DO ERMO.
Comentarios (0) - Publicado o 16-04-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
O 15 DE ABRIL, ÁS 19:00h. ENTREGARANSE OS PREMIOS DO II CERTAME FOTOGRÁFICO
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros vén de realizar o II Certame Fotográfico Enfocando Barreiros que este ano levou por tema Os ríos no obxectivo. Dende o Colectivo valoramos moi positiviamente a realización desta actividade. A cantidade de obras recibidas, un total de 204 fotografías, é mostra do elevado interese que espertou o concurso, tendo participado persoas de distintos puntos da comarca e da provincia, así como do occidente asturiano.

O fallo do concurso, que será elaborado por un xurado composto por fotógrafos e fotógrafas de recoñecido prestixio, farase público o vindeiro 15 de abril, ás 19:00h. no Centro Sociocultural de Barreiros, nun acto no que terá lugar a proxección de todas as fotografías participantes. Lembramos que os premios dos que se fará entrega serán un primeiro premio, consistente en 250?, e un segundo de150?, para a modalidade adulta e un premio único para a modalidade infantil, consistente nunha cámara fotográfica.

Esta actividade atópase vencellada á defensa e posta en valor dos ríos do concello barreirense, máis en concreto do Río Masma, liña de traballo que escollimos dende Colectivo Cultural Ollomao para o presente ano. Neste sentido, e como actividade complementaria ao certame, neste primeiro trimestre realizáronse dous roteiros fotográficos arredor dos ríos Masma e do Santo Estevo; participando deles en torno a 60 persoas. Debido á alta participación nos mesmos, os roteiros polo concello de Barreiros serán unha actividade a manter no calendario cultural do colectivo para o resto do ano.
Comentarios (0) - Publicado o 27-03-2012 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0