O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

IV Certame fotográfico:

NOTA INFORMATIVA A 25 DE SETEMBRO DE 2014:

Por acordo da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao, o prazo para a participación na IV edición do certame fotográfico "Enfocando Barreiros" foi ampliado ata o 31 de outubro de 2014.

Máis información:
- colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
- Telf. 650542932.

_________

BASES IV EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "ENFOCANDO BARREIROS":

O Colectivo Cultural Ollomao convoca a cuarta edición do Certame fotográfico 'Enfocando Barreiros', nesta ocasión, co tema ?Obxectivo: aprender no rural?. Esta actividade encóntrase vencellada á liña de traballo que o Colectivo elixiu para o ano 2014, sobre a transmisión de coñecementos no medio rural.

A participación neste certame require a aceptación das seguintes BASES:


1. As fotografías presentadas ao concurso deberán levar por tema calquera situación diaria da vida dun ou dunha escolante do rural barreirense, aprendizaxes non regrados, transmisión de coñecementos entre persoas maiores e máis novas; edificios como escolas rurais, indianas, etc..., ou calquera outra imaxe relacionada co ensino ou a aprendizaxe no rural. Todas as fotografías presentadas deben ter sido tomadas dentro do Concello de Barreiros.

2. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen, tanto de Barreiros como de outros concellos, agás as/os compoñenentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao.

3. Establécese a categoría de TOMA ÚNICA. Distínguense dúas modalidades:

a) Modalidade infantil: ata os 14 anos.
b) Modalidade adulta: de 14 anos en diante.

4. Cada participante poderá participar cun máximo de 4 fotografías.

5. Establécense os seguintes PREMIOS:

PREMIO ÚNICO PARA A MODALIDADE INFANTIL: Material fotográfico + diploma acreditativo.
A participación na modalidade infantil, aínda sen ter sido gañador ou gañadora, dará lugar á participación nun curso breve de fotografía e retoque dixital.

1º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 200 euros + diploma acreditativo.
2º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 100 euros + diploma acreditativo.

Non poderá recaer máis dun premio nunha mesma persoa.


O xurado resérvase o dereito a declarar deserto algún dos premios, no caso de que as obras presentadas non cumpran as expectativas.

6. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.

7. O prazo para enviar as fotografías remata o 30 de setembro de 2014.

8. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, mais en ningún caso fotomontaxes.

9. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 ppp e un tamaño entre 2 e 5 MB.

10. As fotografías participantes serán enviadas ao seguinte enderezo de correo-e: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. A participación neste certame farase baixo pseudónimo. Deste xeito, cada fotografía irá nomeada co pseudónimo do participante e número de fotografía de acordo ao total de fotografías coas que se participe (Por exemplo, no caso de utilizar como pseudónimo 'Ollomao' e enviarse tres fotografías, estas nomearíanse: Ollomao1, Ollomao2, Ollomao3). No nome da fotografía non poderá figurar ningún dato persoal real do autor/a.

11. Xunto coas fotografías participantes enviarase un documento de texto no cal se indicará:

- Pseudónimo utilizado pola/o autor/a para a participación no concurso.

- Modalidade na que se participa: infantil ou adulta.

- Nome real da/o autor/a.

- Datos de contacto: enderezo postal, teléfono e/ou enderezo electrónico.

- Unha breve descrición de cada fotografía indicando tamén o lugar onde foi tomada.


12. O Colectivo Cultural Ollomao entregará a cada compoñente do xurado, unha copia en soporte dixital, de cada unha das fotografías participantes nomeadas de acordo a como se especifica no punto 10 destas bases, para que poidan ser identificadas as gañadoras. O xurado non coñecerá os datos persoais reais dos participantes ata o acto público do fallo

13. O Xurado estará composto por fotógrafas/os de recoñecido prestixio sen que formen parte do mesmo compoñentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao. O seu fallo será inapelable.

14. O fallo do xurado farase público no prazo máximo dun mes a contar dende o 30 de setembro, data fin do concurso, no acto de entrega de galardóns e proxección das obras participantes. Este acto convocarase publicamente e será comunicado a todas/os as/os participantes polo medio de contacto que designen de acordo ao punto 11 destas bases, que deberán estar presentes para a recollida do premio.

15. A propiedade intelectual das obras conservarana as/os autoras/es, permitindo ao Colectivo Cultural Ollomao a súa utilización gratuíta para as actividades que este leve a cabo en relación ao tema tratado. Calquera utilización dunha fotografía participante implicará facer constar o nome da persoa que a realizou.

16. As/os concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas e renuncian a toda reclamación por dereitos de imaxe.

17. A organización resérvase o dereito a resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

18. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.

Barreiros, a 30 de xullo de 2014


Todas aquelas persoas que o desexen poden solicitar unha copia destas bases mediante correo electrónico, escribindo a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Do mesmo xeito, calquera aclaración en relación a este certame poderá ser resolta no mesmo enderezo.

Comentarios (0) - Publicado o 01-08-2014 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0